Ruxe ruxe

 

 

Ruxerruxe

Crecen as queixas rexistradas na Mesa pola discriminación do galego (El Correo Gallego , mércores, 08 de febreiro de 2017)

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, presentou hoxe o informe anual de actividade da Liña do Galego, un servizo gratuíto que esta institución ofrece para protestar ante situacións de discriminación da lingua galega no día a día. Segundo os datos hoxe expostos, A Mesa rexistrou en 2016 un total de 431 comunicacións, case o dobre que no ano anterior, das cales 339 corresponden a expedientes de queixas, mentres que as restantes son 68 felicitacións a empresas e institucións polo uso do idioma de Galicia e 24 consultas acerca de dereitos lingüísticos.


A Mesa lanza unha ILP para garantir a igualdade do galego nas relacións comerciais (Sermos Galiza , sábado, 18 de febreiro de 2017)

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou este sábado o inicio dunha campaña para reclamar a igualdade do galego nas relacións comerciais e de consumo. A primeira medida foi a presentación, realizada no marco da súa Asemblea Xeral, dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que conta co apoio inicial de organizacións de consumidores e sindicais do país e de centos de persoas dos ámbitos empresarial, académico, xurídico ou cultural. Unha iniciativa coa que esixen o desenvolvemento dun marco legal que garanta os dereitos lingüísticos.


A Xunta prepara un plan para fomentar o galego entre a mocidade porque hai “carencias” (Galicia Confidencial , martes, 21 de febreiro de 2017)

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou este martes que o Goberno galego está a traballar para pór en marcha un plan de fomento do uso do galego entre a mocidade, consciente de que existen "carencias" no nivel de utilización entre os máis novos. Tras puntualizar que o "problema" non é "de coñecemento, senón de uso", puxo en valor os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten que actualmente se logrou "o máximo nivel de coñecemento" da lingua propia.


O 40% dos centros de Infantil das cidades non usa o galego para nada (Praza , xoves, 23 de febreiro de 2017)

O 76% dos centros de Educación Infantil das cidades imparten as clases maioritariamente ou exclusivamente en castelán, fronte ao 19% que intenta equiparar o uso de español e galego e o ínfimo 8,5% que usa maioritariamente a lingua galega. Ademais, case o 40% (38,7) exclúen o galego totalmente das súas aulas.


Centos de persoas saen á rúa en Irlanda do Norte pola oficialidade do gaélico (Sermos Galiza , venres, 24 de febreiro de 2017)

‘Polo recoñecemento da lingua irlandesa xa!’ foi a demanda das persoas participantes nas mobilizacións. Aínda que o escenario cambiou levemente nestes anos. as variacións non garanten a igualdade do gaélico e do inglés. Esa igualdade foi a que reclamaron estes días os centos de persoas que se mobilizaron en Irlanda do Norte para solicitar a oficialidade do gaélico nos seis condados. ‘Acht Na Gaeilge Anois’ (Por unha lei da lingua irlandesa xa!” foi a palabra de orde dunhas accións que contaron co apoio, entre outros do Sinn Féin.


Deputación da Coruña estende a máis concellos as axudas para a creación dos Servizos de Normalización Lingüística (Sermos Galicia , luns, 02 de xaneiro de 2017)

Os concellos de máis de 5.000 habitantes -ben como as agrupacións de municipios e mancomunidades que, entre eles, alcancen esa cifra mínima- poderán concorrer á liña de subvencións en concorrencia competitiva da Deputación da Coruña para a creación e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística


O LGx15 difunde xa na Rede os vídeos das charlas para o futuro da lingua (Praza , mércores, 11 de xaneiro de 2017)

O LGx15 vén de comezar a difusión dos vídeos das charlas para o futuro da lingua que se desenvolveron o pasado día 24 de novembro no marco do proxecto organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
O primeiro dos vídeos que foi publicado e xa se pode ver na canle de Youtube da CTNL, é o da charla Primavera millennial para o galego, da comunicadora e costureira de Internet María Yáñez. Nela, como lembran, a protagonista demostra que "na rede hai unha chea de cousas que molan un mundo


Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€ (Galicia Confidencial , mércores, 04 de xaneiro de 2017)

Para cobrar as subvencións, aos medios escritos en castelán chégalles con ceder á lingua propia un pequenísimo espazo: o 8%. Ademais, poden recibir axudas polas súas edicións dixitais. A resolución da subvención para medios integramente en galego -tradicionalmente con liñas editoriais máis críticas co PP- suma 201.000 euros. As subvencións para medios en xeral 1,6 millóns. Esta diferencia de importe prodúcese malia que en teoría as dúas liñas de subvención comparten un fin: apoiar a difusión de noticias en galego.


As xeniais 12 tiras de Davila sobre o galego no calendario da Uvigo (GCiencia , luns, 09 de xaneiro de 2017)

Doce meses e doce tiras de Luis Davila para promover o uso do galego. Así é a iniciativa da Área de Normalización Lingüistica da Universidade de Vigo, que vén de publicar o seu calendario de 2017 cos xeniais deseños do debuxante de Bueu. Esta ducia de tiras fai un calendario onde o humor do artista galego fai mestura cunha reflexión sobre a lingua galega.


A páxina da Moncloa fai un ‘Trump’ e ‘elimina’ a opción de galego (Sermos Galicia , luns, 23 de xaneiro de 2017)

Embora anunciar esta posibilidade, non se pode acceder nesta páxina a ningún dos idiomas cooficiais no estado. A ter en conta no día en que o novo presidente de EUA recibe críticas por eliminar o castelán da web da Casa Branca.


Plataforma per la Llengua e Òmnium alertan do retroceso do catalán na universidade (http://www.elnacional.cat/es/politica/plataforma-llengua-omnium-catalan-universidad_123375_102.html , luns, 28 de novembro de 2016)

O uso do catalán baixou perto dun 5% nos másters das universidades públicas catalás e sitúase no 56,8% das clases. Segundo o último informe sobre a situació da lingua catalá, promovido pola Plataforma per la Llengua e Òmnium Cultural e elaborado pola Xarxa Cruscat do Institut d'Estudis Catalans (IEC), esta tendencia cáusana, en parte, os criterios economicistas e de internacionalización que se están impoñendo na xestión da universidade, que "non conseguen compatibilizar a presenza destacada da lingua catalá e a vontade de relacionala cunha contorna global do coñecemento", informan Òmnium e a Plataforma.


Queixa ante a valedora pola perda de docencia en galego na Secundaria (El Correo Gallego , martes, 13 de decembro de 2016)

A Mesa e CIG-Ensino denuncian que o alumnado recibe ata trece horas máis en castelán polas modificacións da Lomce. Os cambios introducidos pola Lomce van moito máis alá das reválidas e afectan tamén, entre outras cuestións, ao tema lingüístico. Porque coa nova lexislación, o alumnado da ESO ten 31 horas en castelán fronte a 18 en galego se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se optou polas ensinanzas académicas. “Esta distribución horaria dá como resultado que na ESO o alumnado reciba 13 horas menos de docencia en galego que en español, na modalidade de ensinanzas aplicadas, 10 menos nas académicas”, denunciou onte Anxo Louzao, secretario nacional do sindicato CIG-Ensino.


O Portal das Palabras convídate a escoller a palabra do ano 2016 (Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia , xoves, 01 de decembro de 2016)

O Portal das Palabras organiza unha nova edición da iniciativa Palabra do ano, co obxectivo de que a sociedade tome conciencia de que o idioma nos representa como pobo e a través das súas palabras podemos definir colectiva e simbolicamente o ano que remata. Todas as persoas interesadas poden enviar as súas propostas durante as dúas primeiras semanas de decembro. Tras seleccionar os termos máis populares e de maior carga semántica, abrirase unha votación para seleccionar a palabra favorita, que se converterá na Palabra do ano 2016.


Asemblea xeral da Rede europea para a igualdade das linguas (Sermos Galiza , sábado, 03 de decembro de 2016)

No encontro,  que reunirá máis dun centenar de organizacións que loitan para promover, protexer e normalizar as linguas minorizadas, analizaranse e debateranse as accións que se fan nos respectivos países e así elaborarán estratexias para o desenvolvemento pleno das linguas non oficias na UE, espazo no que na actualidade 50 millóns de cidadáns europeos posúen unha lingua propia minorizada.
A través acción internacional da Mesa e da súa participación en ELEN, a entidade en defensa do galego presentou recentemente un informe sobre a situación do galego no Parlamento Europeo e no Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.


A normalización lingüística é a área de xestión da Xunta que máis orzamento perdeu con Feijóo (Praza , domingo, 04 de decembro de 2016)

A área máis prexudicada polos axustes orzamentarios dos últimos anos é a normalización lingüística, cunha caída acumulada próxima ao 70%. A liña ascendente iniciada con Fraga, cun investimento público un chisco superior aos 20 millóns de euros, continuou con socialistas e nacionalistas ata 2008, cando superou os 23 millóns de euros. No ano 2009 perdera xa uns 2 millóns de euros e a partir de 2010, nos primeiros orzamentos tras o regreso do PP á Xunta, iniciou un rápido devalo ata 2015, ano no que estaba dotada cuns 6,7 millóns de euros. Dende ese ano o orzamento de normalización lingüística permaneceu practicamente invariable na contorna dos 6,8 millóns.


Nace 'O Papagaio', xornal para nenos e nenas de primaria e secundaria (Praza , venres, 07 de outubro de 2016)

Vén de nacer un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego. Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. Está aberto á participación dos centros de ensino. O primeiro número xa está dispoñible na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual.


Como se chamaba o meu monte? (La Voz de Galicia , luns, 17 de outubro de 2016)

Unha lonxa dixital de compra-venda de madeira promove un concurso nas redes sociais para rescatar topónimos. A empresa E-Monte quere poñer agora o seu gran de area para a recuperación desa toponimia. Faino a través das redes sociais, nas cales puxo en marcha a campaña #TeñoMonte.


A edición en galego, un ano máis á baixa, acumula unha caída do 50% dende o 2010 (Praza , xoves, 20 de outubro de 2016)

O pasado ano publicáronse 1.394 libros en galego, un leve descenso fronte aos 1.439 de 2014. Porén estes últimos datos confirman a tendencia negativa que fai que dende o ano 2010 o número de títulos na nosa lingua descendese case á metade. Cae tamén a cifra total de libros editados en Galicia, independentemente da lingua (de 3.006 en 2011 a 2.266 na actualidade), unha mostra da crise xeral que sofre a industria editorial galega. O 61,5% dos volumes editados en Galicia están en galego, pr debaixo das cifras de 2011 (66%) pero por riba das de 2013 (50%).


Chega Latingal, app para traducirmos termos latinos ao galego (Código Cero , martes, 25 de outubro de 2016)

Estamos ante unha ferramenta útil para a tradución e para o ensino medio e superior, “pois ofrece múltiples filtros de busca e permite a consulta dos termos fóra de liña.


A Coordenadora galega de equipos de normalización lingüística di adeus (Sermos Galiza , martes, 25 de outubro de 2016)

A Coordenadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística, a CGENDL, non continuará adiante. A entidade nada en 2009 coa intención de coordinar actividades e experiencias dos equipos de normalización de toda Galiza ao tempo que lles daba voz conxunta di adeus mais anima a seguir traballando nos respectivos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e en colaboración coas Coordinadoras Comarcais.
 


O transporte público de Londres tamén fala galego (Sermos Galiza , mércores, 14 de setembro de 2016)

Unha campaña en varios idiomas da compañía 'Transport for London' inclúe varios dos seus traballadores falando nas súas linguas. Unha delas, o galego
 


A Deputación de Lugo regula os seus usos lingüísticos (Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia , venres, 16 de setembro de 2016)

A Deputación de Lugo publicou no Boletín Oficial da Provincia do pasado 14 de setembro de 2016 o anuncio da aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo. A ordenanza recolle as accións que a Deputación debe realizar para o impulso social do galego, así coma os criterios lingüísticos que rexerán nas súas comunicacións administrativas.


A Mesa empraza os grupos municipais de Vigo a manteren o galego nos plenos (Sermos Galiza , luns, 29 de agosto de 2016)

En virtude da modificación do regulamento do pleno de Vigo, o galego deixará de ser a lingua vehicular coa que se desenvolvan as sesións plenarias. A Mesa xa anunciou que se dirixirá aos grupos municipais para que manteñan o uso do idioma propio do país.


A Xunta enléase coa promesa de Feijóo de “blindar” o dereito dos castelanfalantes (Praza , sábado, 17 de setembro de 2016)

O pasado xoves o presidente Feijóo anunciou de xeito solemne desde o atril de San Caetano que o seu goberno viña de aprobar un decreto de atención á cidadanía que “blinda por decreto” o “dereito” dos castelanfalantes na resposta de queixas ou suxestións por parte da Xunta. Porén, nestes dous días a Xunta vén dando versións contraditorias sobre a medida sen que aínda se coñeza a textualidade dese supostamente aprobado novo decreto.


Premio da Cultura Galega para a Irmandade Xurídica Galega (Xunta , martes, 20 de setembro de 2016)

A Irmandade Xurídica Galega é a continuadora dunha tradición de xuristas impulsores do uso da lingua galega na actividade xudicial, como Sebastián Martínez Risco, Ramón Carballal Pernas, Valentín Paz Andrade e Lois Peña Novo. O traballo dos profesionais do dereito que conforman a entidade contribúe de xeito destacado a acadar un maior uso da lingua propia de Galicia no exercicio da Xustiza.


Borxa Tenreiro gaña o XII Premio artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo (Sermos Galiza , sábado, 07 de maio de 2016)

O xurado acordou por unanimidade concederlle o premio, dotado con 1.000 euros en metálico e a publicación en todos os medios colaboradores, a este artigo. Os argumentos do xurado para esta decisión son “pola súa capacidade de argumentación a prol do ben común, polo seu pragmatismo na defensa do idioma e a capacidade de transcender a argumentos románticos ou abstratos, cos que se procura desmontar a falsa dicotomía entre plurilingüismo e defensa do galego, e que desde o coñecemento de diversas realidades sociolingüísticas realiza unha proposta clara para a defensa da lingua, neste caso a inmersión lingüística.


Irmandade e festa nas rúas compostelás a prol do galego (Praza , martes, 17 de maio de 2016)

Alén de reivindicacións máis xerais a prol do "dereito humano" de poder empregar con normalidade a propia lingua, Queremos Galego lanza neste 17 de maio reivindicacions máis concretas. Non son novas, pero si están pendentes, toda vez que forman parte do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade do Parlamento en 2004. Cumpriría, din, comezar "polas seis máis urxentes": "Impulso ao papel normalizador da CRTVG", "ensino en galego", "administración en galego", "transporte público con respecto pola toponimia real", "convenio coa RTP para garantir a recepción mutua do sinal televisivo entre Galiza e Portugal" e "axudas e subvencións públicas condicionadas á utilización práctica e efectiva da lingua galega".

 


O correo electrónico da Xunta emprega xa o dominio .gal (Portal da lingua galega , luns, 16 de maio de 2016)

Un total de 22.000 contas de correo da Administración xeral e da Xustiza incorporan o dominio galego. Continúa o proceso de consolidación de .gal como dominio de referencia da Administración autonómica na Rede, que xa está presente en máis de 80 portais. O obxectivo é que en 2017 todos os portais e todas as direccións de correo corporativo, incluídas as do eido educativo e sanitario, utilicen só o puntogal. Esta medida, regulada por un Decreto aprobado en 2015, dálle resposta á implicación da Xunta na consecución do dominio galego en internet


O idioma galego seduce a mocidade (Faro de Vigo , luns, 16 de maio de 2016)

O Consello da Cultura avanza que a predisposición a falar galego mellora ao final da adolescencia - O 80% dos non monolingües en galego estaría disposto a usalo máis.


Investigadores vigueses poñen en marcha o maior dicionario multilingüe do galego (Diario da Universidade de Vigo , venres, 06 de maio de 2016)

GalNet é unha rede léxico semántica para lingua galega, un recurso léxico estándar para todas as aplicacións informáticas que traballan coa linguaxe. “Ten moitas utilidades, pero principalmente é un dicionario electrónico para que os programas que procesan linguaxe sexan capaces de deducir o significado das frases e actuar en consecuencia”. É, por exemplo, o recurso que emprega o Google Translate.


Unha campaña facilitará o rexistro de dominios .gal por un prezo reducido (Código Cero , xoves, 21 de abril de 2016)

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Asociación PuntoGal e a Federación de Librarías de Galicia unen forzas para lanzar a campaña Cultiva a Lectura, que facilitará a adquisición de dominios .gal a un prezo de só 15 euros, podendo aproveitarse esta promoción até o 31 de xullo.


O cine en galego, condenado á invisibilidade pola falla de apoio institucional e comercial (Galicia Confidencial , luns, 18 de abril de 2016)

O cinema en linguas minoritarias europeas non ten un problema de falla de produción, senón de invisibilidade á que o condena o sistema de distribución e exhibición imperante e á falla de atención política a este feito esencial. Esta é a principal conclusión do estudo 'Cine europeo en lenguas de naciones sin estado y pequeñas naciones', asinado polas profesoras e investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Margarita Ledo Andión, Antía María López Gómez e Marta Pérez Pereiro, e publicado na Revista Latina de Comunicación Social.


O Apego polo galego na infancia duplica os seus concellos e xa chega a un millón de habitantes (Praza , sábado, 09 de abril de 2016)

O programa Apego poderá chegar a máis familias", entre elas as das "principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia". Apego abrangue diferentes contextos da vida dos nenos e nenas: "Deseñáronse e distribuíronse materiais específicos, organizáronse actividades, achegáronse argumentos para familias e profesionais", todo isto dende "a valoración positiva da lingua" e dende a necesidade dun compromiso "colectivo e individual" coa transmisión do idioma.


A RAG leva o decreto plurilingüe ao Tribunal de Estrasburgo por vulnerar dereitos fundamentais (Praza , venres, 18 de marzo de 2016)

A Real Academia Galega proseguirá a batalla legal contra o chamado 'decreto do plurilingüismo'. Tras pasar polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -que anulou algúns preceptos da norma-, polo Supremo e mais polo Constitucional a institución académica coida que aínda hai marxe de manobra xudicial, neste caso no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Por iso o plenario da RAG vén de decidir que acudirá a Estrasburgo "no nome das familias afectadas" pola restrición do uso do galego non ensino.


O Correlingua percorrerá unha ducia de localidades entre o 2 e 16 de maio (Sermos Galiza , martes, 19 de abril de 2016)

Esta terza feira (19 de abril) foi presentada en Pontevedra a XVI edición do Correlingua que decorrerá baixo o lema 'O galego está en nós', inspirado nun dos poemas de Manuel María, poeta ao que lle son dedicadas as Letras 2016. A campaña desenvolverá unha ducia de carreiras en defensa do galego que percorrerán doce localidades do país entre os días 2 e 16 de maio das que fará parte o alumnado de diversos centros educativos do país.


O TSXG anula, tras un recurso de Galicia Bilingüe, parte da ordenanza do uso do idioma en Lugo (Praza , venres, 04 de marzo de 2016)

O TSXG vén de anular completamente tres artigos, así coma apartados doutros 10, da Ordenanza de Uso do Galego na Administración Municipal de Lugo, aprobada en 2012 por unanimidade. O Tribunal atende deste xeito o recurso presentado por Galicia Bilingüe.

A sentenza anula, por exemplo, boa parte do primeiro artigo do texto, que sinalaba que "o galego, como lingua propia de Galicia, é idioma oficial do (...) Concello de Lugo" e que "as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez e eficacia"


Preto de 50 portais da Xunta de Galicia empregan xa o domino “.gal” (Xunta de Galicia , martes, 01 de marzo de 2016)

Continúa o proceso de consolidación de “.gal” como dominio de referencia da Administración autonómica na Rede. En 2017 todos os portais institucionais e os correos corporativos empregarán o “.gal”


Só 2 dos 9 principais grupos de distribución que operan en Galiza aproban na atención en galego (Sermos Galiza , venres, 12 de febreiro de 2016)

Un cliente ou usuario que queira comunicarse en galego co servizo de atención ao cliente dos principais grupos de distribución que operan en Galiza bvai ver como ese dereito que ten a facelo na súa lingua “concúlcase por sistema”. É unha das conclusións do estudo que elaborou a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).


Fronte común para pedir á Xunta que derrogue o 'decretazo' e cumpra a Carta europea das linguas (Sermos Galiza , luns, 15 de febreiro de 2016)

Unha ducia de organizacións políticas – só se autoexcluiu o PP- escenifican no Parlamento de Galiza o apoio á moción conxunta que se presentará en concellos e diferentes institucións a prol do galego e impulsada pola Mesa.


A Xunta mantén no 8% de uso do galego o limiar para outorgar axudas á prensa (Praza , venres, 19 de febreiro de 2016)

O Goberno galego divulgou este venres as condicións polas que repartirá 1,3 millóns de euros entre diversos medios de comunicación. Esta convocatoria, a única que cada ano distribúe fondos públicos entre os medios de comunicación con criterios obxectivos, fixa no 8% o "mínimo" de lingua galega que cómpre que estea presente no "total" da "información" publicada por cada cabeceira. Asemade, e como no pasado ano, o emprego do galego pesa menos dunha cuarta parte nos criterios xerais para a concesión dos subsidios.


As 100 palabras en galego para designar a choiva (GCiencia , luns, 04 de xaneiro de 2016)

Non é certa a lenda dos esquimós e a palabra neve. Pero si é verdade que os galegos teñen máis de cen palabras para designar a choiva, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.


O Consello de Europa volve pedir á Xunta que impulse máis o galego no ensino (Praza , xoves, 21 de xaneiro de 2016)

O Consello de Europa volve reprender a Xunta pola súa política lingüística. Como xa fixera en anteriores informes, o Comité de Expertos da institución para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias censura as actuacións do Goberno galego, sobre todo no que ten que ver co ensino, no seu cuarto informe sobre o cumprimento da Carta no Estado español e insta as autoridades españolas e galegas a cumpriren os acordos que o Executivo central ratificou coa sinatura deste tratado internacional en 2001.
 


Consello de Europa encoraxa a Xunta a promover os medios en galego (Sermos Galiza , mércores, 27 de xaneiro de 2016)

En cumprimento do artigo 11 os territorios que subscriben a Carta están obrigados a asegurar a existencia de medios nas linguas propias --quer audiovisuais, quer impresos-- fomentando e facilitando a súa creación, a formación d@s xornalistas. Porén, segundo recolle o documento publicado polo Comité de Expertos "as axudas públicas dirixidas aos medios en galego foron drasticamente reducidas" o que provocou "o fechamento dos xornais que usaban o galego".
 


Digalego permite a consulta libre de 65.000 termos na nosa lingua (Digalego , luns, 11 de xaneiro de 2016)

Con máis de 65.000 entradas, o Digalego desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe Repertorio de formas incorrectas) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén se destacou na presentación o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que amosa equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.


A Valedora pídelle explicacións ao CSIC por excluír a lingua galega (Praza , mércores, 06 de xaneiro de 2016)

"O uso normal e oficial da lingua galega na actividade do CSIC é unha esixencia normativa e xurisprudencial", lembra a Valedora. "Ningún órgano ou organismo dependente da Administración central do Estado radicado en territorio da comunidade autónoma pode obviar ou demorar o seu cumprimento" e así ficou claro en sellas sentenzas do Tribunal Constitucional de 1986 e 1988, resalta.


“Europa debe atender todas as súas linguas e non só 24”. Iniciativa para que a UE asuma a diversidade lingüística (Sermos Galiza , venres, 20 de novembro de 2015)

A rede NPLD presentou en Bruxelas a súa proposta de folla de ruta para a diversidade lingüística, un proxecto froito de catro anos de traballos que xuntou representantes de Galiza, Gales, Catalunya, Bretaña ou Frisia.


A Xunta asenta na irrelevancia o orzamento para fomentar o galego (Praza , xoves, 05 de novembro de 2015)

O proxecto de contas públicas para o vindeiro ano, que estes días se debate no Parlamento, asenta os fondos dedicados ao fomento do galego no fondo do pozo dos recortes e déixaos fóra dos incrementos que si son aplicados a outras áreas do orzamento.


Setenta concellos de todo o país reúnense para acordar accións comúns a favor do galego (Sermos Galiza , sábado, 14 de novembro de 2015)

O 'Encontro de política lingüística municipal' decorrerá en Compostela este día 16. “O obxectivo principal é actualizar o entusiasmo e activar a implicación dos concellos no fomento do galego”, din na CTNL, organizadora do acto canda o Concello de Santiago.


Gas Natural e Xunta, entidades que máis queixas reciben por discriminar o galego (Praza , martes, 15 de decembro de 2015)

"O me habla castellano o no continuamos la conversación". Esta é unha de tantas discriminacións contra os galegofalantes denunciadas a través d'A Mesa pola Normalización Lingüística na Liña do Galego, un servizo gratuíto, telefónico e online que atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas.


Impulsan un manifesto a favor do uso do galego no concello de Cee (Que pasa na Costa? , venres, 13 de novembro de 2015)

Representantes das traballadoras e traballadores de Ferroatlántica, Carrefour, o Sergas ou o concello, ensinantes, escritoras e escritores, artistas, empresarias, profesorado de dereito, xornalistas e moitas máis persoas encabezan o manifesto Queremos galego na administración local de Cee.


O novo portal da lingua galega inclúe ferramentas de tradución inmediata de sitios web (Sermos Galiza , martes, 01 de setembro de 2015)

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, presentaron o novo Portal da Lingua Galega, accesíbel desde www.lingua.gal, ferramenta que substitúe o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Canda este portal presentouse tamén unha das ferramentas que ofrece, o tradutor Gaio, até agora de uso interno na administración e a partir de hoxe en aberto para toda a cidadanía.


Jungle World apela á súa condición privada para xustificar a exclusión do galego (Sermos Galiza , xoves, 15 de outubro de 2015)

O espazo infantil Jungle World que impedíu a unha das súas traballadoras o uso da lingua galega no centro, emitiu un comunicado através da súa conta oficial na rede social Facebook ao fío da denuncia pública do acontecido por parte da traballadora, Belén Tajes.


O galego, a 45ª lingua con máis presenza na Wikipedia, con 125 mil artigos (Praza , martes, 15 de setembro de 2015)

A Galipedia sumou nos seus 12 anos de actividade 125 mil artigos, o que a sitúa como a edición número 45 da Wikipedia con máis entradas. O galego atópase, pois, nunha posición máis que notable, en relación co número de usuarios e usuarias da lingua, xusto por detrás de idiomas con estruturas estatais propias e con máis falantes, coma o lituano (3.1 millóns), o croata (5.6 millóns) ou o uzbeco (47 millóns). A Galipedia conta, ademais, con máis artigos que as edicións norueguesa (123 mil entradas) ou grega (110 mil entradas). O inglés é a lingua con máis artigos (case cinco millóns), encabezando unha lista na que seguen o sueco, o alemán, o holandés e o francés, e na que o español se sitúa en décima posición (1.2 millóns de artigos), o portugués na duodécima (888 mil).


Prolingua denuncia a "exclusión" do galego de Xuventude Galicia Net (Praza , domingo, 20 de setembro de 2015)

Prolingua denuncia que a lingua galega ficou "excluída" do evento: "a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais", sinala a plataforma. "De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán; e de navegarmos polo portal do Xuventude Galicia Net, nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento", critican. Prolingua subliña que esta "exclusión" non se dera nas edicións anteriores


Ciudadanos pide que o galego deixe de ser oficial no Concello de Ferrol (Praza , sábado, 24 de outubro de 2015)

Na súa proposta, Ciudadanos pide que se supriman até seis artigos da actual Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol entre eles aquel que indica que "o galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de Ferrol" ou no que tamén se indica que "as actuacións administrativas realizadas en galego en territorio municipal terán plena validez e eficacia"


O fiscal superior de Galicia anima aos avogados da comunidade a presentaren as súas demandas en galego (Galicia Hoxe , luns, 09 de febreiro de 2015)

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, animou este domingo ao colectivo de avogados da comunidade a presentar as súas demandas en galego. E é que recordou que a lingua galega, ao igual que o castelán, é oficial en Galicia.

Nesta mesma liña, Varela solicitou, nunha entrevista en Raio Nacional de España (RNE) recollida por Europa Press, "instrumentos" para poder exercer a profesión de xurista en galego. Entre estes instrumentos encontraríanse, por exemplo, "ferramentas informáticas".

 


O Ubuntu Phone de Bq vén con galego de serie (Código Cero , xoves, 12 de febreiro de 2015)


O primeiro teléfono de Ubuntu púxose á venda este mes de febreiro da man dun fabricante español, a compañía Bq. Chámase Bq Aquaris E4.5 Ubuntu Edition, irrompe no mercado cun prezo de 169.90, vai estar dispoñíbel a través de diversas operadoras telefónicas e, ademais, co galego de serie. Isto será unha comodidade moi salientábel dados os problemas e os atrancos sufridos para poder usar dispositivos iOS ou con Android en galego.

 


Un investigador do CiTIUS da USC desenvolve ferramentas para analizar información de textos en galego, portugués e español. (Xornal USC , martes, 03 de febreiro de 2015)

O investigador do CiTIUS da USC Marcos García dedicou a súa tese doutoral a desenvolver ferramentas tecnolóxicas destinadas a mellorar a capacidade de procesamento do galego, o español e o portugués. Os sistemas de extracción aberta permiten analizar a web para obter e organizar automaticamente grandes cantidades de información, algo moi útil á hora de discernir ideas ou mensaxes entre a maraña de datos da rede. O sistema presentado polo investigador da USC non só é o primeiro en estar dispoñible para galego, portugués e español, senón que ofrece ademais resultados altamente competitivos cos mellores sistemas en lingua inglesa. Trátase, así, da primeira solución deste tipo dispoñible, un conxunto de ferramentas lingüísticas desenvolvidas baixo unha licenza de software libre, que poden ser descargadas en http://gramatica.usc.es/~marcos/phd.html#cap2.


Nace campogalego.com, o primeiro xornal dixital do agro galego (Galicia Confidencial , mércores, 11 de febreiro de 2015)

O novo medio está orientada ao sector profesional agro-gandeiro e tamén ofrecerá información de carácter técnico que sexa de utilidade para os produtores.


Carballo crea un videoclip para celebrar aniversarios en galego (El Correo Gallego , xoves, 12 de febreiro de 2015)

Parabéns para ti’ está xa dispoñible en YouTube para todo o mundo. A finalidade desta iniciativa, da que son protagonistas nenas e nenos do Concello de Carballo, é promover a celebración de aniversarios en galego, fornecendo este recurso musical que pode compartirse nas redes sociais ou empregarse nas festas de aniversario. O SNL do Concello de Carballo encargarase de distribuílo nas escolas infantís, centros de ensino e ludotecas do municipio.


A Academia súmase ao clamor social polo galego (Sermos Galiza , venres, 30 de xaneiro de 2015)

Unha semana antes de que se desenvolva a manifestación de Queremos Galego, a Academia fai pública unha declaración institucional na que se suma ao clamor social polo galego. Esixe o cumprimento do Plan de Normalización e reafírmase no recurso ao decreto do plurilingüismo.


As familias da 'imposición' do galego eran catro (Praza Pública , xoves, 29 de xaneiro de 2015)

As solicitudes correctamente confirmadas, é dicir, as que contan con todos os datos e nas que "previsiblemente" a persoa solicitante "imprimiu a solicitude e quedou pendente de presentala nun Rexistro físico", eran unicamente 35 en todo o Estado, das que 4 correspondían a Galicia. As escasas familias solicitantes optan a unha subvención contemplada pola Lei Wert de ata 7.000 euros para sufragar ensino privado que lles garanta a educación só en castelán.


Queremos Galego espera unha mobilización masiva o 8 de febreiro (Galicia Hoxe , mércores, 28 de xaneiro de 2015)

Queremos Galego quere que a manifestación do 8 de febreiro sexa "a proba máis palpable de que o galego ten futuro" pola vontade de "moitos pais e nais" que o transmiten a pesar de que "non existen dvds" con series infantís nin xoguetes nesta lingua, no marco dun panorama social no que non se poden "facer trámites" administrativos ou xudiciais neste idioma.


Falar dúas linguas protexe as neuronas (Gciencia , xoves, 15 de xaneiro de 2015)

Un estudo da Universidade de Kent conclúe que as persoas bilingües ou que aprenden unha segunda lingua teñen máis materia branca no cerebro. A investigación certifica que o bilingüismo ten o mesmo efecto positivo no cerebro que a aprendizaxe dunha segunda lingua nun ámbito inmersivo a unha idade adulta, en condicións similares ás dun falante nativo cando aprende o seu idioma materno.


A iniciativa para pedir a galeguización dos produtos de Apple continúa a sumar apoios (Código Cero , xoves, 08 de xaneiro de 2015)

Un grupo de entusiastas dos produtos de Apple levan uns meses xuntando forzas para reivindicar que Apple ofreza a posibilidade de empregar iOS e OS X en galego, para o que crearon unha conta de Twitter e unha páxina web, Queremos Apple Galego. queremos animar a todos os usuarios de iPads e iPhones a elixir o idioma galego para os seus trebellos, é o noso particular xeito de dicirlle a Apple que o galego se utiliza e que deben contar connosco”.
 


O Consello de Europa envía o seu Comité de expertos para avaliar a situación do galego (Sermos Galiza , xoves, 02 de outubro de 2014)

O Comité de expertos do Consello de Europa reunirase esta segunda feira con diversas entidades e colectivos co fin de obter informacións e opinións sobre o grao de cumprimento da Carta Europea das linguas no caso do galego, despois de que o anterior informe fora claramente negativo para o goberno da Xunta.
O Comité de expertos examinará dos anos 2010 a 2013 e contrastarán a información aportada polo Estado para a elaboración dun informe que terá que pasará posteriormente ao Consello de Ministros do Consello de Europa. Os anteriores informes evidenciaron o incumprimento da Carta Europea no caso galego, de maneira especial no ámbito do ensino onde defendía que tiña que “ofertarse unha educación predominantemente en galego” así como na xustiza e na administración pública.


Android en galego: o activismo a prol da lingua impresiona a Google (Praza Pública , xoves, 16 de outubro de 2014)

Desde Mallando no Android recolleron milleiros de sinaturas de petición que acabaron enviando a Android, reuníronse con Google nunha xuntanza na que a compañia confirmou o seu interese na iniciativa que chegaba desde Galicia, lograron habilitar o Gmail no idioma propio, dando así "resposta a unha demanda histórica da sociedade galega". E agora, un ano despois de iniciar o proceso, conseguiron que haxa Android en Galego.


GaliciaLe, plataforma de préstamo do libro electrónico en galego (CDSG , mércores, 22 de outubro de 2014)

A Xunta de Galicia presenta GaliciaLe, unha plataforma de préstamo de libros electrónicos que ofrece dous catálogos, un de obras en galego e outro de obras en castelán, de temática diversa (ficción, informática, historia…). Para acceder ao servizo de préstamo a través de GaliciaLe só é preciso ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A lectura (en streaming ou mediante descarga) pode facerse nos diferentes dispositivos compatibles: teléfono móbil, tableta, ordenador persoal ou lector de libro electrónico. Cada usuario/a pode ter en préstamo un máximo de dous libros por catálogo, que estarán á súa disposición durante 21 días.


Máis de cen empresas comprométense co uso do galego e piden que a Xunta contemple incentivos económicos (Galicia Hoxe , mércores, 22 de outubro de 2014)

Máis de cen empresas asinaron unha declaración con motivo do Día da Galeguidade Empresarial na que se comprometen co uso do galego, que ligan coa "competitividade" e un valor "diferencial" ante a sociedade mundial, ao tempo que piden que as universidades galegas e a Xunta avalen con ferramentas e incentivos este obxectivo. Reclámase que as universidades galegas colaboren con programas formativas que "capaciten e sensibilicen" aos futuros xestores empresariais na galleguización do tecido económico.


O galego entre os 10 idiomas do mundo aos que a nova Ubuntu 14.10 está 100% traducida (mancomún , mércores, 29 de outubro de 2014)

A a nova versión da súa distribución GNU/Linux, Ubuntu 14.10 está dispoñible integramente en galego, grazas unha vez máis á comunidade de tradución ao galego de Ubuntu, na que participan actualmente 14 voluntarios, que manteñen a adaptación de Ubuntu á nosa lingua local nun altísimo nivel. Así sitúan ao galego entre os únicos 10 idiomas do mundo que acadan o 100%, por riba de linguas coma o chinés e xunto ao alemán, ao español ou ao portugués
 


Os incumprimentos "máis alarmantes" do Plan Xeral de Normalización (Praza Pública , sábado, 20 de setembro de 2014)

O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL) cumpre dez anos desde a súa aprobación por unanimidade no Parlamento galego. Fará unha década o vindeiro domingo cuns resultados tan pésimos como pouco esperanzadores. As máis de catrocentas medidas para favoreder e normalizar o idioma propio do país pretendía ser un pulo fundamental para espallar e prestixiar o uso do galego. Pouco se avanzou.
 


Arrinca a Fase de Lanzamento do dominio .gal (Código Cero , martes, 16 de setembro de 2014)

O presidente de PuntoGal animou a todas as persoas e entidades que teñen algún dereito sobre o seu enderezo de Internet a aproveitar a oportunidade de rexistralo baixo o dominio .gal de xeito preferente: administración autonómica, administración periférica do Estado, concellos, sindicatos, centros de ensino, colexios e asociacións profesionais, unha parte importante das nosas empresas e comercios,  asociacións culturais, etc.
 


Trinta novas marcas galegas incopóranse á Irmandade Galega de Agroalimentarios (Galicia Mundiario , martes, 19 de agosto de 2014)

A iniciativa vai apoiada cun anuncio publicitario para fomentar o consumo responsable e solidario coas marcas que etiquetan en lingua galega que será espallado a través das redes sociais.


30 000 universitarios usan unha aplicación con guías de conversa en nove idiomas (EuropaPress , luns, 11 de agosto de 2014)

A aplicación gratuita 'Guies de Conversa Universitària' incorpora catalán, castelán, inglés, francés, italiano, alemán, portugués, ruso e chinés e achega facilidades, especialmente aos estudantes de intercambio e aos cataláns que van formarse fóra, para achegarlles o idioma académico a estes rapaces e rapazas que, se conectan desde países como Francia, EE.UU., Italia, Gran Bretaña, México ou Canadá.


Dispoñíbel en galego a versión 4.3 de LibreOffice (Código Cero , venres, 01 de agosto de 2014)

A Document Foundation anunciou a publicación de LibreOffice 4.3 dispoñíbel ao cen por cen na nosa lingua, cousa que vén sendo habitual grazas ao encomiábel traballo voluntario da comunidade de Proxecto Trasno.


A Academia Galega non acepta “pulpo” como palabra “normativa” (Sermos Galiza , sábado, 29 de marzo de 2014)

Remata a polémica e “pulpo” continúa sen ser palabra galega. A Real Academia Galega ratificouse a través dun comunicado na escolla de polbo como “forma normativa recomendable”.


Difúndeo tal e 'Como cho digo' (Praza Pública , mércores, 26 de marzo de 2014)

Fernando Vázquez, Ezequiel Mosquera, Uxía Senlle, Salustiano Mato, Jorge Mira, Federico Pérez, Verónica Boquete, Manuel Rivas, Moncho Fernández, Sés ou María Mera. Son só algúns dos persoeiros que se uniron á campaña que reivindica que os medios de comunicación reflictan en galego as declaracións que fan nesa lingua e que se respecte o idioma que adoitan usar nas súas intervencións públicas.


Constituída a primeira Asociación de Comisarios de Lingua (La Vanguardia , venres, 21 de marzo de 2014)

Os participantes no Simposio Internacional sobre Dereitos Lingüísticos celebrado en Barcelona constituíron a primeira Asociación Internacional de Comisarios de Lingua (IALC), que ten como obxectivo a defensa dos dereitos lingüísticos en todo o mundo.


Galegram vaise facendo un oco firme entre os usuarios galegos de mensaxería instantánea (Código Cero , venres, 21 de marzo de 2014)

Galegram, esta interesante alternativa ao WhatsApp na nosa lingua, aos tres días de estar dispoñíbel en Google Play, xa foi quen de obter case 4.000 descargas, o que non está nada mal para unha ferramenta nova que ten que facerse un oco entre un servizo maioritario (abrumadoramente maioritario) como WhatsApp. Ao seu favor, por outra banda, ten detalles a seguir de preto como “un nivel de privacidade maior có de Telegram, en cuxo código se basea”.


Apoio unánime á implantación do portugués no sistema educativo galego (La Voz de Galicia , mércores, 12 de marzo de 2014)

Aprobada por unanimidade no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular, avalada por 17.000 sinaturas, que aposta por reforzar os vínculos culturais e lingüísticos entre Galicia e Portugal.


Desaparece o único gratuíto que había en galego (Galicia Confidencial , xoves, 02 de xaneiro de 2014)

O semanario De Luns a Venres seguirá só na rede. O Grupo El Progreso anuncia "unha remodelación de contidos de da concepción da web" para os próximos meses.
 


Castela e León retoma en medio do curso as clases de galego que eliminara (Praza Pública , luns, 10 de febreiro de 2014)

A Junta de Castela e León retoma as clases de galego que suprimira en varios centros escolares do Bierzo. A presión social fixo posible a volta ás aulas de Bacharelato da materia de lingua galega, que se ensina nesta comarca desde hai anos e cuxa impartición é garantida nas áreas galegofalantes grazas ao Protocolo Xeral que a Administración castelá-leonesa e a Xunta de Galicia asinaron en 2006.


O Goberno dará as súas bolsas Erasmus aos alumnos excelentes (El País , xoves, 30 de xaneiro de 2014)

Para conseguir la beca Erasmus del ministerio habrá que tener un gran expediente (no se señala qué nota) y demostrar que se dispone de un nivel B2 (intermedio-alto) de conocimiento de la lengua en la que se van a recibir las clases. Pocos alumnos tienen ese nivel, que no se exige ni para graduarse en la Universidad


A Asemblea nacional de Francia inicia o (longo) camiño para recoñecer o plurilingüismo (Sermos Galiza , martes, 28 de xaneiro de 2014)

A cámara aprobou unha proposición para incluír na constitución gala a posibilidade de ratificar a Carta europea de linguas rexionais e minoriotarias (Celrm), o que permitiría abrir a porta á oficialidade de idiomas coma o bretón, o euskara ou o corso, entre outros.


A Xunta aposta por certificados bilingües para que o Estado non os rexeite por estar en galego (Praza Pública , sábado, 18 de xaneiro de 2014)

A Conselleŕia trasladou formalmente" a "solicitude de información e que se admitisen a certificación académica e demais documentación en galego, xa que se trata dunha lingua cooficial do Estado español" e mesmo puxo á disposición da institución estatal "os servizos de tradución da Secretaría Xeral de Política Lingüística". "Un trámite administrativo non debe converterse en motivo de desputa e debe prevalecer o respecto aos nosos falantes e a razoable cooperación institucional, así como a correcta resolución das convocatorias", evidencia, antes de avogar que de agora en diante os documentos non se redacten só en galego.


O MIT premia o traballo da start-up galega Cilenis polo corrector intelixente Avalingua (Praza Pública , domingo, 24 de novembro de 2013)

Avalingua fíxose este xoves na final cunha mención de honor, que permite que a empresa entre a formar parte do selecto programa de mentores internacionais do MIT (Catalyst program) cun acceso privilexiado a apoios e oportunidades de investimento.


 


Google xa prepara a versión en galego do Android (Praza Pública , xoves, 21 de novembro de 2013)

Google xa prepara a versión do Android en galego. Iso foi o que a multinacional lle manifestou a Mallando no Android, colectivo (e blog) do que partiu a iniciativa que busca que se inclúa neste sistema operativo -que domina o mercado dos dispositivos móbiles (smartphones e tabletas) cun 90% do total en Galicia- a lingua propia.
 


Só unha de cada mil lápidas e dúas de cada cen esquelas están escritas en galego (Faro de Vigo , domingo, 27 de outubro de 2013)

Un manifesto apoia o uso do galego tamén nos cemiterios. Trece entidades políticas e sindicais asinan unha declaración para restaurar a memoria lingüística


Nova versión do corrector ortográfico Hunspell (Trasno , venres, 25 de outubro de 2013)

O Proxecto Trasno anuncia o lanzamento da versión 13.10 “Padre Sobreira” do corrector Hunspell, a única ferramenta de corrección ortográfica de código aberto que existe para o galego. O corrector Hunspell pode empregarse con LibreOffice, OpenOffice, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird e Google Chrome. Así mesmo, funciona con software privativo, como Mac OSX, InDesign, memoQ, Opera e SDL Trados
 


O Supremo admite o recurso da RAG contra o decreto do galego (La Voz de Galicia , domingo, 20 de outubro de 2013)

O Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso de casación presentado pola Real Academia Galega o pasado marzo, no que a RAG solicita a anulación total do decreto do plurilingüismo da Xunta., xa que, malia que na resolución previa do TSXG xa daba parcialmente a razón á corporación, a Academia entón presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín consideraba insuficiente esta revisión da norma.


Mallando no android lanza a campaña polo #AndroidEnGalego (Sermos Galiza , luns, 07 de outubro de 2013)

O espazo web que ofrece información sobre Android en galego, promove unha campaña para demandar a Google a incorporación da lingua propia neste sistema operativo que empregan xa no 90% dos smartphones do país.


Ninguén cre que o castelán estea en perigo (Praza Pública , xoves, 10 de outubro de 2013)

O ensino de Balears vive dende este luns unha folga indefinida, coa vaga de recortes educativos como pano de fondo e o decreto trilingüe que o Govern das illas pretende poñer en marcha. As protestas son o resultado da "suma de todos: sindicatos, asembleas, coordinadoras, plataformas...", unidos nunha soa voz en defensa da lingua propia.


Castela e León recorta en educación suprimindo clases de galego no Bierzo (Praza Pública , luns, 23 de setembro de 2013)

A Junta de Castela e León decidiu suprimir o programa de inmersión lingüística de galego no IES Bergidum Flavium de Cacabelos, un dos catro centros de secundaria nos que se imparte lingua galega na comarca e o único desta localidade, ao suprimir esta materia optativa do Bacharelato. E faino de súpeto, pouco antes de comezar o curso e logo de que os alumnos estivesen xa matriculados.


Máis de 150 estudantes estranxeiros universitarios xa se inscribiron no programa "Busco parella...lingüística" (Santiago de Compostela , mércores, 18 de setembro de 2013)

O obxectivo deste programa é que os mozos e mozas de Compostela que teñan interese en perfeccionar as súas competencias lingüísticas poidan facelo dun xeito práctico a través da conversa con outras persoas con similares intereses. Así, os estudantes estranxeiros da USC poderán anotarse para practicar español ou galego con residentes en Santiago que desexen, así mesmo, practicar a lingua de orixe dos alumnos estranxeiros. Estes estudantes foráneos xa ofrecen aos composteláns a posibilidade de practicar linguas como o chinés, o italiano, o alemán, o francés ou o inglés.


Oink! O porco bravo xa chegou aos quiosques (Sermos Galiza , luns, 09 de setembro de 2013)

“Oink!”, a revista do Xabarín, xa está nos quiosques. O personaxe de noso co que xa se criaron varias xeracións, o porco bravo que achegou a música rock e a televisión en galego á cativada é o protagonista da nova revista, a única infantil en galego.
 


Tráfico arquivará as denuncias pola sinalización en galego (La Voz de Galicia , mércores, 22 de maio de 2013)

As denuncias contra as concesionarias das autoestradas da comunidade por rotular parte dos seus sinais en galego non avanzarán finalmente na súa tramitación administrativa, segundo anunciou onte o coordinador da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia, Pedro Pastor. O máximo responsable da DXT na comunidade asegurou a La Voz que o medio centenar de denuncias tramitadas pola Garda Civil de Tráfico serán arquivadas por deficiente argumentación dos axentes e xa que logo non significarán a imposición da multa de 3.000 euros por cada expediente aberto
 


Milleiros de persoas saen ás rúas de Compostela en defensa da lingua galega (Galicia Hoxe , venres, 17 de maio de 2013)

Non queremos ser estranxeiras na propia patria", lema de cabeceira nunha homenaxe ós 150 anos da publicación de 'Cantares Gallegos'.Rexeitamento da política lingüística da Xunta.


A Xunta deixa os medios en galego sen publicidade institucional neste 17 de maio (Praza Pública , venres, 17 de maio de 2013)

A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da "festa das nosas letras" en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego.


Carrefour exclúe o galego da publicidade, a comunicación e os tickets da compra (Sermos Galiza , luns, 13 de maio de 2013)

A multinacional francesa si emprega o euskera, o catalán e o castelán. Nesta última lingua explica que "Centros Comerciales Carrefour cumple con las normativas legales vigentes en las diferentes comunidades autónomas". A Mesa chama @s consumidor@s a se queixaren.


A Irmandade Xurídica reclama a galeguización da oficina xudicial (Cultura Galega , martes, 07 de maio de 2013)

A galeguización da oficina xudicial preséntase como a principal demanda da Irmandade Xurídica Galega de cara á asemblea que celebra esta entidade o vindeiro sábado. Segundo explican desde esta asociación, a atención na nosa lingua nesta administración está comprometida porque o sistema informático só está dispoñible en castelán. A Irmandade celebra este sábado a súa asemblea anual, na que incorporará 35 novos membros.


A USC e a Consellaría de Cultura e Educación colaborarán para fomentar o uso do galego (Xornal , luns, 29 de abril de 2013)

O reitor Juan Casares e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xesús Vázquez, asinaron un convenio de colaboración para o fomento do uso do galego entre os membros da comunidade educativa desta universidade. Deste xeito, USC e Xunta de Galicia renovan a súa cooperación a prol da dinamización da lingua propia de Galicia no ámbito da educación superior, nomeadamente nos contextos académico e administrativo.


Do corazón de Galicia ás linguas do mundo (Duvi , xoves, 18 de abril de 2013)

Traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos de Cantares Gallegos, "Airiños, airiños, aires" e "Adios ríos, adiós fontes". Este é o obxectivo do proxecto Rosalía é Mundial, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro na que están a colaborar arredor de 40 tradutores de todo o mundo que verteron xa estes poemas a 14 idiomas, cifra que, de aquí ao 1 de xullo, cando remate a recollida de traducións, “é posible que se eleve a medio cento”.
 


Cinco parroquias con más de 5.000 topónimos (Faro de Vigo , mércores, 17 de abril de 2013)

A riquísima toponimia galega ten un excelente exemplo da súa variedade única no mundo no rural de Pontevedra, onde o proxecto "Chamámonos así" registra máis de 5.000 entradas en só cinco parroquias. Tamén se rexistran 1.311 núcleos de poboación e 386 fontes. Trátase das primeiras entradas da base de datos do proxecto "Chamámonos así" que desenvolve a Concellaría de Normalización Lingüística e cuxo obxectivo é recoller toda a toponimia do rural pontevedrés.


Trafico dará en galego os exames teóricos para obter o carné de conducir (Galicia Hoxe , martes, 16 de abril de 2013)

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) facilitará en galego as probas teóricas para obter o carné de conducir, en virtude dun convenio subscrito polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e o coordinador da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galicia, Pedro Pastor.

O convenio establece, en concreto, a promoción do galego nas actividades desta última na comunidade autónoma. Entre elas, figura, como novidade, as probas teóricas, cuxa tradución realizará "de forma progresiva" a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Estudantes de Erasmus explican en Filoloxía o enriquecemento persoal que lles supón ter coñecemento do galego (Xornal , martes, 09 de abril de 2013)

Fronte á idea do galego como un obstáculo para a integración doutras nacionalidades, un grupo do alumnado estranxeiro acollido ao programa Erasmus da Facultade de Filoloxía participou este martes na actividade ‘A Facultade de Filoloxía acolle’, impulsada pola Comisión de Normalización Lingüística do centro.
 
No salón de actos do centro, Ilaria Stefani e Eleanora Giunchi (Italia), Tanguy Marchand (Bretaña), Eva Kalhousová (República Checa), Cristina Costa (galega instalada en Noruega desde a súa infancia), Margarete da Silva (Brasil) e Trevor Allen (Estados Unidos) foron testemuña de compromiso co galego e con todas as linguas en situación de ameaza, salientando o enriquecemento persoal que supón descubrir unha nova lingua.


O Parlamento defende que o idioma galego continúe como materia troncal no ensino (Galicia Hoxe , mércores, 27 de marzo de 2013)

Os catro grupos representados na Cámara --PPdeG, PSdeG, AGE e BNG-- aprobaron instar ao Goberno de Galicia a promover, dentro do marco do diálogo, "unha postura política común" para que o galego, en tanto que lingua oficial e propia da comunidade, "conserve a súa consideración de materia troncal no ensino", fronte ás dúbidas suscitadas pola designación que dá ás linguas cooficiais o proxecto de Lei de Mellora de Calidade Educativa.


Google aposta por voar tamén en galego (Galicia Confidencial , xoves, 21 de marzo de 2013)

Google estrea en Europa o seu servizo de buscas de voos. Despois de dous anos de funcionamento en Estados Unidos, o xigante estadounidense introduce agora Google Flight Search en España, Reino Unido, Francia, Italia e os Países Baixos. O servizo de buscas ofrécese en oito idiomas, incluídas as catro linguas oficiais no Estado español, ademais de inglés, italiano, francés e holandés. Tamén existe unha páxina de 'Axuda' en galego. Para utilizar o servizo en galego hai que configurar a conta persoal de usuario de Google seleccionando o galego como idioma principal.

Deste xeito, Google recoñece a importancia do galego, éuscaro e catalán, e atende á realidade da pluralidade lingüística do Estado.


Os Equipos de Normalización piden que se garanta unha "competencia plena" en galego ao acabar ESO (Galicia Hoxe , martes, 19 de marzo de 2013)

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) demandou que se garanta que os alumnos adquiran "unha competencia plena" en lingua galega ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). "Faise necesario aplicar os principios xerais da Lei de Normalización Lingüística e que, sen renunciar ao obxectivo do plurilingüismo, de garanta que o alumnado adquira unha competencia plena en lingua galega ao finalizar a Educación Secundaria Obrigatoria", indica a citada Coordinadora nun comunicado. A CGENDL fixo público este luns un escrito en relación coa situación da lingua galega tras a sentenza do TSXG contra dúas disposicións do decreto que regula o ensino do galego na educación non universitaria.


A ILP Paz Andrade preséntase no Parlamento con 17.000 sinaturas (Cultura Galega , venres, 08 de marzo de 2013)

Seis meses despois da súa presentación, os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade presentarán esta tarde no Parlamento de Galicia as 17.000 sinaturas que permitirán comezar a súa tramitación parlamentar. O proxecto propón que se incorpore de xeito progresivo o portugués no ensino galego, ademais de medidas que garantan a recepción de radios e televisións portuguesas no noso país, ou a participación de institucións e empresas galegas en foros económicos, culturais e deportivos da lusofonía. A proposta deberá continuar agora o seu trámite parlamentario ata a votación.


O Sergas obriga un paciente a adiar unhas probas por solicitar a documentación en galego (Praza Pública , martes, 05 de marzo de 2013)

No hospital solicitáronlle que asinase unha serie de documentos, mais cando o paciente os pediu en galego, dixéronlle que non dispuñan deles. O propio paciente informounos de que a Secretaría Xeral de Politica Lingüistica dispuña dun servizo de asesoramento lingüístico e un acordo co Sergas polo que se comprometía a traducir este tipo de documentación nun máximo de 30 minutos. Porén, tras realizar unhas consultas, a empregada do Hospital indicoulle que se non asinaba os documentos en español tería que marchar e agardar na súa casa a que enviasen a documentación á administración da Xunta e esta lla devolvese traducida, co conseguinte retraso nas súas probas e operacións.
 


8 de cada 10 niños se matriculan en euskera (El Correo , martes, 19 de febreiro de 2013)

Os últimos datos de prematriculación en Euskadi confirman un ano máis a aposta maioritaria das familias polo modelo de ensino en euskera (D), e o paulatino retroceso do método bilingüe (B) e en castelán (A). Un total de 18.312 nenos inscribíronse nas aulas de dous anos dos centros públicos e privados vascos para o próximo curso. Case oito de cada dez estudarán integramente en lingua vasca co castelán como materia.
 


Se quere os papeis, aprenda inglés (El País , martes, 19 de febreiro de 2013)

A menos que sexan indios-americanos, todos vostedes veñen doutro país”, declarou recentemente o presidente Barack Obama nun discurso en que pediu poñer en marcha unha histórica reforma que podería abrir as portas a obter a nacionalidade a máis de 11 millóns de persoas sen documentos nos Estados Unidos. Hai unanimidade nun punto crucial: os indocumentados que aspiren a converterse en nacionais deberán aprobar con éxito un exame de inglés.


Os nenos bilingües desenvolven mellor a memoria de traballo que os monolingües (Galicia Hoxe , xoves, 07 de febreiro de 2013)

Os nenos bilingües teñen máis facilidade para desenvolver a "memoria de traballo", relacionada coa execución de procesos mentais como o almacenamento temporal da información e o procesamento e actualización desta, que os nenos que falan unicamente unha lingua, segundo un estudio realizado de forma conxunta pola Universidade de Granada, a Universidade de York e a Universidade de Toronto.


Porto capta negocio con publicidade en galego (Galicia Confidencial , xoves, 07 de febreiro de 2013)

O aeroporto do Porto agrandase e non ten complexos ningún en facelo en facerse un pouco galego. Mentres nas terminais galegas é difícil atopar reclamos en portugués, e mesmo na nosa lingua, Sá Carneiro non tivo problemas en iniciar unha campaña en galego. "Oporto, o aeroporto de tódolos galegos", rezan varios paneis publicitarios.


Táboas, unha web en galego para o deporte galego (Praza Pública , mércores, 06 de febreiro de 2013)

Táboas, onde o deporte galego atopa o equilibrio". Así se define este novo portal galego de información deportiva que vén de estrearse na Rede. Táboas informa sobre o deporte galego e en lingua galega, ocupando un nicho que estaba baleiro, coa ilusión de converterse en referente das novas sobre fútbol, fútbol sala, baloncesto, balonmán.... Ou o que lle boten.

   


A lingua vale para a Xunta a metade dunha décima dos Orzamentos (Sermos Galiza , mércores, 16 de xaneiro de 2013)

Feijóo reserva para as actividades ligadas á normalización 5,7 millóns, un terzo do que a Administración Fraga investía hai 20 anos (17,2 millóns). CTNL e CIG-Ensino quéixanse da ''inxustificábel perda de peso e visibilidade'' de Política Lingüística.


A Xunta dedica á lingua tan só un terzo do que lle dedicou Fraga hai vinte anos (Praza Pública , xoves, 10 de xaneiro de 2013)

Os Orzamentos da Xunta para 2013 demostran que o Goberno só está disposto a dar pasos atrás no fomento da lingua, e faino, ademais de xeito brutal", advirten, logo de debullar unhas contas das que Praza xa adiantou as súas consecuencias. O fomento do galego, desde a chegada de Feijóo ao poder, perdeu case o 70% dos seus fondos.


Cabeceiras de diarios publican a súa portada en galego ante a petición de Política Lingüística (EFE , mércores, 02 de xaneiro de 2013)

Cabeceiras de xornais galegos chegaron hoxe, 2 de xaneiro, aos quioscos coa portada integramente en lingua galega, en atención a unha suxestión do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fontes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostraron a súa satisfacción polo resultado desta convocatoria, ata o momento inaudita, a excepción de datas sinaladas, como o Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio.

 


Queremos Galego convoca unha manifestación o 27 de xaneiro contra o decreto do plurilingüismo (Galicia Hoxe , martes, 04 de decembro de 2012)

A plataforma Queremos Galego celebrará "unha gran manifestación" o próximo 27 de xaneiro en Santiago de Compostela co obxectivo de que a cidadanía poida mostrar "o seu rexeitamento" ao decreto do plurilingüismo no ensino, tras as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que coinciden en anular parte dos artigos.
 


Malia aumentaren, poñer nome galego ás crianzas segue a ser minoritario (Sermos Galiza , martes, 04 de decembro de 2012)

Os tres nomes máis habituais entre os nenos nados en 2011 na Galiza foron Hugo, Mateo e Pablo. Entre as nenas, Sara, Lucía e Noa. Para atopar nas crianzas que viñeron ao mundo o ano pasado no noso país nomes propiamente en galego hai que saltar até o posto 13 dos máis empregados, tanto para eles, como para elas. Para as nenas foi Antía. Para os nenos, Iago.

E tras Antía, o nome en galego máis posto ás crianzas foi Iria (posto 14), Uxía (16), Sabela (17) e Xiana (33). Entre os varóns, e após o mencionado de Iago, figuran Brais (14), Anxo (18), Antón (21) e Xoel (25).


A reforma de Wert colocaría o galego como lingua residual no ensino (Praza Pública , martes, 04 de decembro de 2012)

O borrador da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) situará o galego nunha situación aínda máis residual. Segundo este texto, as materias en Primaria dividiranse en troncais, específicas e de especialidade. As primeiras ocuparían un mínimo do 50% do horario lectivo, mentres que as segundas conformarían, como máximo, o 50% do horario. No caso das de especialidade, non se asigna un tempo mínimo. O galego converteríase en materia "de especialidade", polo que un centro podería optar por impartilo tan só unha hora á semana.


Chamamento ao voluntariado en liña para completar o Twitter en galego (Código Cero , martes, 30 de outubro de 2012)

O proceso de tradución de Twitter ao galego está en marcha e vai a bo ritmo, grazas aos voluntarios e voluntarias que de xeito desinteresado impulsaron todo tipo de accións na propia rede (e noutras redes) para acadalo, pero para rematalo cómpre contar con máis mans neste labor colectivo.


O Consello de Europa insta a devolverlle ao galego a prioridade nas aulas (El País , luns, 29 de outubro de 2012)

Os cambios normativos realizados por Núñez Feijóo en 2010 para eliminar a prioridade do galego na educación co fin de frear a perda de falantes levaron a España a incumprir o compromiso asinado no Consello de Europa. Un informe de expertos do Consello Europeo conclúe que as medidas adoptadas desde 2009 van en contra da Carta Europea das Linguas Minoritarias, asinada polo goberno español en 2001 no seu máximo nivel de protección.


Luz verde do PP a que na Galiza impartan aulas docentes que non coñecen a lingua propia (Sermos Galiza , domingo, 28 de outubro de 2012)

A Xunta de Galiza, en virtude do concurso de translados, permitirá que no noso país imparta aulas profesorado que non coñece a nosa lingua. Só terán o deber de manexar este idioma @s
docentes especialistas de Infantil; ciencias sociais, xeografía e historia e ciencias da natureza en Primaria; xeografía e historia e bioloxía e xeoloxía en Secundaria; e na Formación profesional.


O galego, "varrido" do 95% do ensino infantil nas cidades (Praza Pública , mércores, 10 de outubro de 2012)

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de realizar o seu terceiro estudo a respecto da presenza da lingua galega nas aulas de ensino infantil das sete cidades galegas. De 282 centros educativos -públicos, privados e concertados-, e malia ás preferencias das familias do alumnado, o galego está ausente por completo no 95,04% dos centros.


A Xunta promove o galego para os negocios cos paises lusófonos (Praza Pública , xoves, 04 de outubro de 2012)

A campaña O galego, chave para os teus negocios promove a utilización do galego como lingua dos negocios tanto dentro coma fóra de Galicia. Fai fincapé especialmente co carácter "internacional" do galego e nas vantaxes que achega para os negocios das empresas da comunidade nos países da lusofonía.


"Existe base legal abonda para seguir aplicando o modelo lingüístico catalán" (Público , mércores, 27 de xuño de 2012)

A Conselleira de Educación catalá lamentou que o Tribunal Supremo manteña a súa visión restrictiva e queira marcar un uso do castelán e o catalán ao 50 %, cando o Tribunal Constitucional, na súa sentenza sobre o Estatut, outorga á Generalitat a capacidade de marcar a porcentaxe en función da realidade sociolingüística.


GalegoLab impulsa un novo proxecto para facilitarnos as cousas á hora de xogar en galego (Código Cero , venres, 15 de xuño de 2012)

LEGA (Lecer Galego) é un proxecto e GalegoLab dirixido a achegarlle á sociedade galega recursos lúdicos dixitais baixo licenzas libres que posibiliten a súa distribución e uso sen barreiras. Música para facer fitness en galego (Galegogym); Astronomía básica, un recurso de astronomía dirixido aos afeccionados; xogos para ordenador totalmente traducidos ao galego, coma Frozen Bubble e Childsplay, son os contidos iniciais que nos ofrecen.


Educación dixo en 2009 que o galego era maioritario nas aulas malia detectar o contrario (Praza Pública , venres, 08 de xuño de 2012)

O novo presidente prometera ata a saciedade derrogar o decreto 124/2007 de promoción do galego no ensino. A finais de abril, o novo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, concedía as súas primeiras entrevistas: "coñezo moitos exemplos de situacións nas que se imparte en castelán só unha materia". Fronte ao discurso público a consellería, tal e como ten informado Praza, xa era consciente de que a posición da lingua propia era "moi desfavorable" nas aulas do país.


A Mesa alerta de que o ensino en galego é residual na educación infantil das sete cidades (Sermos Galiza , martes, 05 de xuño de 2012)

A plataforma advirte que a eliminación do galego da escolarización básica nas zonas máis poboadas pon en risco "a cohesión social e o futuro da nosa cultura”


Os equipos de normalización pídenlles aos pais que escollan o galego no ensino infantil (Praza Pública , domingo, 03 de xuño de 2012)

Xunto á documentación para formalizar a matrícula  en Educación Infantil, a Consellería de Educación envía unha enquisa sobre a lingua materna do neno ou da nena. O resultado da devandita enquisa establece  a lingua que se vai empregar na aula durante os tres cursos da etapa de Educación Infantil. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recoméndalles aos pais que escollan a opción de galego.


A Academia Galega levará o seu dicionario a dispositivos móbiles (La Voz de Galicia , xoves, 24 de maio de 2012)

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinaron onte un novo convenio, co cal recibirán apoio tecnolóxico para adaptar as bases de datos lexicográficos da Academia e poder ofrecer contidos como o dicionario a través de diversos soportes, como dispositivos móbiles e portais de Internet


Alumn@s non poden examinarse das optativas do Bacharelato galego na Selectividade (Sermos Galiza , luns, 28 de maio de 2012)

Os e as moz@s da Galiza que se presentaren ás Probas de Acceso á Universidade --PAU-- non poderán examinarse de ningunha das materias optativas do currículo galego de Bacharelato. Así, nin Historia da Galiza, nin Literatura Galega do s.XX, nin Literaturas Hispánicas nin Xeoloxía son obxecto de exame, supondo unha "discriminación" a respecto do alumnado que as cursou. A prescrición afecta tamén ás linguas estranxeiras cursadas como optativas, nomeadamente o portugués.


Non hai razóns para que a gheada non se use na TVG (Dioivo , mércores, 23 de maio de 2012)

"Os medios de comunicación sempre transmiten a lingua estándar porque é a lingua, digamos, lexitimada ante a sociedade. Non obstante, iso non quere dicir que sexa mellor. Simplemente está lexitimada porque é a lingua baseada na fala do poder, das cortes, da clase media. Aparece nos medios de comunicación, no exército... En definitiva, ligada á vida pública. É a lingua que hai que falar para acceder ao poder. Acéptase socialmente, lexitímase socialmente como a lingua de todos, pero non o é."


A Mesa lidera unha campaña para que Twitter trate o galego como fai co vasco e co catalán (Galicia Hoxe , sábado, 19 de maio de 2012)

De pouco lle sirve ao galego ocupar o posto 36 polo seu uso en Twitter entre os máis de seis mil idiomas que existen no planeta. A rede social confirmou que o seu servizo será traducido só ao vasco e ao catalán, ademais de ao castelán, por suposto, co que a galega será a única das catro linguas oficiais no Estado español sen identidade propia en Twitter.  Mesa anima á iniciativa popular para que se multipliquen as solicitudes individuais para que se traduza Twitter ao galego, a través da páxina do centro de traducións da empresa estadounidense.


O amor pola lingua asolaga Compostela (Praza Pública , xoves, 17 de maio de 2012)

Volveu suceder. Con atrancos ata última hora, con cambio de tempo e ata con inéditos problemas de tráfico. Milleiros de persoas retornaron ás rúas de Compostela para celebrar e defender a lingua galega. Convocadas pola Plataforma Queremos Galego e dispostas a exercer de parapeto "contra os ataques" ao idioma chegaron de diversos puntos do país para asolagar as rúas do centro da capital


A TVG pídelle a unha presentadora que non utilice a gheada (El País , sábado, 24 de marzo de 2012)

"Desde a dirección de informativos pedíronme que deixase de usar a gheada porque moita xente non se identificaba con esa variante e comentáronme que podía ser molesto”, explica a periodista.


Co auto do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya queda claro que o decreto do bipartito non tiña ningún problema legal (Praza Pública , xoves, 12 de abril de 2012)

Segundo a profesora Alba Nogueira, entrevista en Praza, "co auto do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, que acaba de saír, o que queda claro é que o decreto do bipartito, que só aspiraba ao 50 por cento de uso do galego nas aulas, non tiña ningún problema legal."


A Mesa denuncia a discriminación a unha aspirante a traballar no Concello de Redondela por examinarse en galego (Galicia Hoxe , xoves, 12 de abril de 2012)

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este mércores o caso dunha muller que aspiraba a un posto no departamento de Turismo do Concello de Redondela (Pontevedra), á que un membro do tribunal de selección lle advertiu de que "non sería avaliada se facía o exame en galego".


A Xunta garante a continuidade da promoción da lingua galega nun colexio público de Ponferrada (Galicia Hoxe , mércores, 18 de abril de 2012)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garante a continuidade da promoción da lingua galega no colexio público de Ponferrada (Castilla e León) Jesús Maestro, un dos 18 centros adscritos a este proxecto, co que rexeita que poida desaparecer o programa de promoción do galego nos territorios galegofalantes da Comunidade castelano-leonesa.


A folga no ensino medio en defensa do galego consegue unha grande acollida (Dioivo , xoves, 19 de abril de 2012)

As organizacións convocantes (a Mesa pola Normalización Lingüística, a Mocidade pola Normalización Lingüística, a Liga Estudantil Galega, os Comités e o Sindicato de Estudantes) destacaron a grande acollida á folga polo galego coa que se atoparon tanto nas aulas, coma no Twitter, onde baixo o hastag #19Aestudantespologalego, estiveron a recibir mensaxes de apoio toda a mañá.


A Academia colgará na Rede o novo dicionario, con 50.000 entradas (La Voz de Galicia , martes, 07 de febreiro de 2012)

O novo dicionario estará na Rede dentro duns días». Isto anunciou onte Xosé Luís Méndez Ferrín. «Son máis de 50.000 entradas, o dobre que no anterior», detallou Manuel González, académico que encabeza o Seminario de Lexicografía da RAG que foi o encargado de elaborar este traballo.
González indicou que «o texto definitivo está entregado para colgar na Rede», aínda que se está traballando na parte máis técnica para facilitar o acceso. Foron nove especialistas os que desde hai oito anos estiveron traballando neste novo dicionario. É un volume normativo, en canto ortografía ou pronuncia e tamén no semántico e en canto a significado.


A Xunta recortou un 62% o orzamento de Política Lingüística dende 2009 (Praza Pública , mércores, 01 de febreiro de 2012)

A caída en xeral dos orzamentos da Xunta, dun 20%, nestes dous anos non é a que se aplica nun dos departamentos que en máis ocasións ten estado no centro da controversia ao longo da lexislatura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que foi obxecto dunha verdadeira derruba económica, perdendo o 62,4% do seu orzamento desde 2009.


Certame de curtametraxes para que os nenos se acheguen ao galego a través da animación (Galicia Hoxe , venres, 10 de febreiro de 2012)

Un certame de curtametraxes de animación, que se celebrará no marco do programa 'Nós tamén creamos!', buscará aproximar a lingua galega de forma positiva aos alumnos de primaria e infantil a través das novas tecnoloxías.


Creceu a publicidade en castelán na televisión galega porque baixaron as esixencias da CRTVG (Praza Pública , mércores, 22 de febreiro de 2012)

Até o de agora, a cota de publicidade en castelán na televisión pública de Galicia era importante, superando o trinta e o corenta por cento moitos anos. No ano 2009 e 2010 chegara a rozar mesmo o 50%, rexistrándose unha igualdade case total entre as dúas linguas. Porén, nos datos de 2011 o castelán representa xa o 58,7%, ficando o galego no 41,3%, unha diminución de dez puntos nun ano.


A Mesa convoca o premio empresarial Abertos ao Galego (A Mesa , luns, 27 de febreiro de 2012)

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer hoxe as bases do Premio Abertos ao Galego, un galardón con que se vai recoñecer cada ano unha empresa que destaque polo uso normal do idioma do país.
O proxecto Abertos ao Galego, que dá nome ao premio, está conformado por un certificado que outorga A Mesa pola Normalización Lingüística, en diferentes niveis, a empresas, comercios, asociacións e entidades de todo tipo que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do idioma propio de Galiza.


Prolingua e A Mesa piden a demisión do Valedor (Galicia Confidencial , domingo, 11 de decembro de 2011)

Benigno Sánchez, o valedor do Pobo, a instancias dun líder vigués de UPyD, quere retirar un libro de texto por dicir que "o galego é a lingua propia de Galicia".


Xa podemos descargar o Firefox 9.0 en galego (Código Cero , luns, 19 de decembro de 2011)

Podemos descargar dos servidores da Fundación Mozilla as distintas versións oficiais desta aplicación en galego para Windows, Mac OS X e Linux.


A UVigo elaborou un estudo que recupera a toponimia da zona (DUVI , xoves, 26 de xaneiro de 2012)

Chan da Lagoa, A Pedreira, A Xunqueira, A Cumieira.... está é so unha pequena escolma da riqueza toponímica do campus do Vigo. A falta de recuperación e protección do nomes tradicionais en toda Galicia fixo que moitos deles estiveren a piques de perderse no esquecemento colectivo substituídos por termos artificiais ou inventados. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria decidiu emendar erros do pasado facendo un estudo de recolleita e restauración do patrimonio toponímico do campus vigués


A Mesa pola Normalización denuncia un caso de discriminación lingüística nun hospital de Vigo (Atlántico Diario , venres, 20 de xaneiro de 2012)

A Mesa informa de que a través da 'Liña do Galego', un paciente denunciou que nol hospital non lle facilitaban en galego un documento de consentimento para o tratamento de datos persoais como paso previo a unha operación a que se tiña que someter nese centro cara ao que o Sergas o derivara.


Tándems de conversa para dar a coñecer o galego entre o estudantado estranxeiro (DUVI , luns, 16 de xaneiro de 2012)

Para complementar os cursos de galego da ANL, o propio estudantado da Universidade de Vigo, a través da asociación Trabalingua, decidiu poñer en marcha Falamos?, unha campaña para organizar tándems de conversa entre alumnado galego e estranxeiro de modo que ambos poidan ampliar os seus coñecementos de outro idioma e que deveñan embaixadores da lingua galega cando volvan aos seus países.
 


O avogado de Fernando Blanco denuncia dificultades para que declarase en galego (Galicia Hoxe , mércores, 30 de novembro de 2011)

Á saída do xulgado, un dos avogados da defensa, Xosé Antón Pérez-Lema queixouse do "difícil que é neste país utilizar os dereitos lingüísticos". "O galego, no Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, non por culpa da xuíza, foi tratado hoxe como unha lingua estranxeira", dixo o letrado.


Anxo Lorenzo ve a Irmandade da Sanidade Galega como un impulso á normalización da lingua (Galicia Hoxe , domingo, 30 de outubro de 2011)

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou a creación da Irmandade da Sanidade Galega, promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingística, como un "impulso á normalización do galego" no "ámbito sanitario".


A Mesa esíxelle á Axencia Tributaria que use o galego co público (La Voz de Galicia , sábado, 26 de novembro de 2011)

A Mesa afirma que recibuo queixas a través da Liña do Galega de incumprimentos da lexislación lingüística.


Dispoñible en Android Market un dicionario galego para usar no móbil (Código cero , venres, 25 de novembro de 2011)

A nova ferramenta permite a busca no dicionario de calquera termo en galego que recolla o Dicionario da Real Academia Galega (na súa versión do 1997).


A Rede de Dinamización Lingüística deseña o seu programa (Galicia Hoxe , mércores, 16 de novembro de 2011)

O secretario xeral Política Lingüística, Anxo Lorenzo, di que só desde a coordinación e a colaboración entre as administracións poderemos planificar o fomento social do idioma


A Xunta nega a axuda para radios ás 17 emisoras que emiten en galego (El País , sábado, 19 de novembro de 2011)

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta denegoulle a subvención que concede para as radios en galego ao único medio radiado que emite integramente nese idioma. As 17 emisoras municipais repartidas por distintos puntos de Galicia integradas en Radiofusión toparon coa negativa da Administración autonómica á súa solicitude para optar ás axudas.
 


Anxo Lorenzo considera "vital" a actitude dos profesionais de Xustiza para favorecer o galego (Galicia Hoxe , martes, 29 de novembro de 2011)

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou "vital" a actitude dos profesionais do ámbito da Xustiza para favorecer a extensión social da lingua galega, nun campo "no que queda moito por facer" durante a súa intervención na xornada 'Xustiza e Lingua', na que aproveitou a ocasión para presentar o primeiro Dicionario Xurídico Galego.


Pouco éxito de participación da neonata Rede de Dinamización Lingüística, con menos dun terzo dos concellos (Galicia Hoxe , luns, 31 de outubro de 2011)

Menos dun terzo dos 315 concellos galegos, exactamente 88, están integrados por ahora na Rede de Dinamización Lingüística Local, que naceu onte coa vocación de ser o norte da promoción da nosa lingua nos concellos. Política Lingüística promete dotacións e programas no 2012.


Unhas 70 empresas únense a unha rede de comercios e servizos en lingua galega (Galicia Hoxe , xoves, 27 de outubro de 2011)

A iniciativa é da Mesa pola Normalización, que pretende ademais estimular que a cidadanía aposte por un consumo responsable no noso idioma, de xeito que este se converta nun factor máis á hora de escoller un determinado produto.


Máis de 3.000 apoios ao escrito contra a marxinación do galego nos medios (Galicia Hoxe , mércores, 19 de outubro de 2011)

O pasado 10 de outubro tivo lugar en lugar en Compostela a presentación dun escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación.


Retraso das axudas ao fomento da lingua galega no ensino (El Correo Gallego , martes, 04 de outubro de 2011)

As axudas ao fomento da lingua galega no ensino non universitario para o curso 2011-2012 aínda non foron convocadas e acumulan un retraso superior a un mes respecto da convocatoria do ano pasado. Este retraso afecta gravemente á planificación dos proxectos que desenvolven os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.


España desmárcase da patente europea por discriminación lingüística do castelán (Xornal de Galicia , luns, 27 de xuño de 2011)

España e Italia non participarán no proxecto de creación dunha  patente única europea que reducirá un 80% os custos para os innovadores e será válida en 25 estados membros por consideraren que se discrimina as súas linguas respecto a francés, inglés e alemán. Ambos os estados denunciaron o acordo ante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo.


O amazhig será oficial en Marrocos (A Nosa Terra , luns, 20 de xuño de 2011)

Marrocos fará oficial a lingua amazigh, do pobo bérber, que se fala maioritariamente no territorio do Rif.  A oficialización farase de xeito gradual e a través dunha lei orgánica pola que se deseñará a súa integración no ensino e outros sectores prioritarios da administración.


O Concello da Coruña utiliza xa o topónimo da cidade castelanizado (Xornal de Galicia , luns, 20 de xuño de 2011)

Cando vén de cumprirse a primeira semana da toma de posesión das novas corporacións locais, o Concello da Coruña, dirixido polo popular Carlos Negreira, comeza a pór en práctica unha das súas promesas máis polémicas, a de utilizar o topónimo da cidade castelanizado, indo así en contra dos ditados da Lei de Normalización Lingüística.


Pais de León denuncian coaccións contra o galego (El País , venres, 24 de xuño de 2011)

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo trasladan as denuncias de pais de alumnos do Instituto de Villafranca, que afirman que están sendo coaccionados para que non pidan a materia de lingua galega. "Certos funcionarios dinlles ás familias que a asignatura é moi difícil, que o seu estudo produce confusión á hora de aprender castelán e incluso que o programa de galego está a piques de desaparecer”.


Pecha Galicia Hoxe (Galicia Hoxe , martes, 28 de xuño de 2011)

A crise económica e o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego. Herdeiro de O Correo Galego, publicouse por primeira vez o 17 de maio de 2003


O día que Exeter falou galego (A Nosa Terra , xoves, 19 de maio de 2011)

A Universidade de Exeter (Reino Unido) conmemorou o Día das Letras Galegas cun acto titulado ‘Mapping Galicia: Galician Culture in the 21st century’ que incluíu charlas a cargo de académicos ligados aos estudos galegos, proxeccións audiovisuais, música galega e unha degustación de produtos tradicionais galegos.


Henning Mankell recolle o XV Premio Juan de San Clemente falando nun impecable galego (Galicia Hoxe , mércores, 11 de maio de 2011)

O novelista e dramatur­go sueco viaxou a Santiago para recoller o seu XV Premio San Cle­mente, que como xa vén sendo tradicional, tivo lu­gar no transcurso dun encontro con estudan­tes galegos de segundo de Bacharelato, os mesmos que o ano pasado elixiron premiar o seu libro, O chino.


Galicia entra na Rede de Diversidade Lingüística (Galicia Hoxe , domingo, 15 de maio de 2011)

A Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística aprobou a adhesión da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao seu grupo técnico de traballo. A función prioritaria deste grupo é que os seus integrantes analicen diferentes aspectos da política europea en materia de linguas, especialmente aquela que ten que ver coas chamadas linguas europeas constitucionais, rexionais e de pequenos estados.


3.000 sinaturas apoian as escolas infantís en galego a partir de 2012 (Galicia Hoxe , sábado, 14 de maio de 2011)

O próximo 17 de maio, en Compostela, Galiza co Galego (GcG) celebrará unha asemblea extraordinaria de socios que servirá para impulsar definitivamente a rede popular de escolas infantís, centros monolingües en galego que entrarían en funcionamento o próximo ano. Estes días, a asociación acadou os 3.000 apoios que se fixara, unha cifra que consideraban mínima para consolidar este proxecto.


50 protestas de Queremos Galego (El País , mércores, 18 de maio de 2011)

"A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata". Os versos do poeta monfortino Lois Pereiro, centro das celebracións do Día das Letras Galegas, serviron como metáfora sobre a situación do galego para pechar as máis de 50 protestas convocadas pola plataforma Queremos Galego en municipios de toda Galicia, ante a mirada de centos de persoas -milleiros, segundo a organización- que acudiron a reclamar seu dereito a "vivir en galego".


O decreto do galego ten tres causas no Superior tras se admitir a da RAG (Xornal , mércores, 27 de abril de 2011)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admite a trámite o recurso da Real Academia Galega contra a polémica norma, logo de aceptar tamén as d’A Mesa e a do sindicato STEG


O Parlamento rexeita unha iniciativa para galeguizar a onomástica (La Voz de Galicia , xoves, 10 de marzo de 2011)

O Parlamento galego rexeitou hoxe cos votos do PPdeG unha proposición de lei do BNG, apoiada polo PSdeG, para axilizar o cambio ao galego da onomástica galega daquelas persoas que «libremente» queiran facelo.


A contrarreforma afiánzase (Galicia Hoxe , venres, 04 de marzo de 2011)

A Xunta dálles cobertura legal ás consultas sobre o idioma no ensino a pesar de recoñecer que non deu compilado aínda os datos da enquisa feita hai case dous anos.


O PP prescinde do galego nas campañas de Vigo e Ferrol (A Nosa Terra , mércores, 16 de marzo de 2011)


O PP vehicula a través da campaña quere.com a súa campaña na Rede. Vigoquere.com e Ferrolquere.com redirixen a páxinas web monolingües en castelán.


Cemento, argamasa (Galicia hoxe , sábado, 26 de marzo de 2011)

Lorenzo defende, entre os apupos da oposición, que a situación do galego é obxectivamente boa e loa o equilibrio do Decreto do Plurilingüismo.


A Mesa denuncia a exclusión do galego nos ciclos formativos (xornal , luns, 28 de marzo de 2011)


A maioría dos conservatorios e ciclos formativos do país non pasan do 0% de manuais e libros de texto neste idioma. O pouco que se avanzou nestas etapas foi grazas ao esforzo voluntarista dalgún profesorado, que dedicou moitas horas do seu tempo a traducir un material que non se ofrece na lingua do país, a pesar de que, en teoría, entre o 33% e o 50% das aulas deberían vehicularse neste idioma.


Galicia Bilingüe teima en que o ensino en galego discrimina (Xornal de Galicia , luns, 21 de febreiro de 2011)

“Está a vulnerarse sistematicamente o dereito dos nenos a recibir o ensino en lingua materna” conclúen estes colectivos, partidarios de ampliar o uso do castelán en todos os niveis do ensino.


Máis galego nas aulas favoreceu mellores notas en español (Galicia confidencial , luns, 14 de febreiro de 2011)

A maior presenza do galego nas clases 2006 e 2009 axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non prexudicou os resultados en ciencias, segundo a análise dos equipos de normalización do Informe Pisa.


Bicada en Santiago por amor ao galego (Xornal de Galicia , luns, 14 de febreiro de 2011)

Iria Taibo, de A Mesa, destacou a importancia de “asociar” a defensa do galego a feitos positivos e non sempre “a cousas duras e reivindicativas”, polo que instou á participación “con parella ou sen parella” para “facer todos, ao mesmo tempo, unha bicada pola lingua”.
 


Créase a plataforma en defensa do leonés e do galego en Castela e León (Galicia Hoxe , luns, 28 de febreiro de 2011)

Once asociacións culturais das provincias de León, Zamora e Salamanca dedicadas á defensa leonés e do galego constituíron a Plataforma en Defensa do Leonés e do Galego en Castela e León. No manifesto que difundiron, lembran que o Estatuto de Autonomía desta comunidade establece a protección de ambas as linguas.


Movistar ignora o galego (Galicia Hoxe , xoves, 03 de febreiro de 2011)

A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento e ao presidente de Movistar para que "adopten as medidas precisas para que esta compañía que recibe millóns de euros de diñeiro público galego comece a respectar os dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos".


Á metade, os actos xurídicos en galego (Xornal , xoves, 13 de xaneiro de 2011)

Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade entre 2009 e 2010 tras pasar de 57.011 a 30.334, respectivamente, segundo denuncia a asociación A Mesa pola Normalización Lingüística, que achaca a caída rexistrada á "discriminación" e trato "deficiente e irregular" que sofren os galegofalantes dende a administración de Xustiza.


GB esixe nos tribunais clases só en castelán (El Correo Gallego , sábado, 08 de xaneiro de 2011)

Do discurso aos xulgados. E desta volta contra a Xunta de Galicia. Quince familias asesoradas por Galicia Bilingüe levarán a Xunta aos tribunais para reclamar un ensino íntegro en castelán para os seus fillos, todos eles alumnos do primeiro ciclo de primaria (6 e 7 anos).


Sen xuízos rápidos en galego en 2010 (Galicia Hoxe , venres, 14 de xaneiro de 2011)

Se no ano 2009 foran setenta os xuízos rápidos en galego, desde o 4 de maio de 2010 a cantidade reduciuse a cero. A razón desta dramática redución é, en palabras do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, o novo programa informático proporcionado polo Goberno galego, denominado Minerva, impide desde o uso da lingua galega en calquera procedemento da administración de xustiza.


Moza de bacharelato denuncia o galego da Xunta nuns exames (Galicia Hoxe , martes, 18 de xaneiro de 2011)

Unha alumna de primeiro de bacharelato denunciou que a última convocatoria de exames para premio extraordinario da ESO estaba realizada nun galego moi deficiente e que dificultaba a comprensión dalgúns enunciados, o que forzaba a utilizar a versión castelá. Segundo declara a estudante, nas probas introducíase y no canto da conxunción galega e, una no canto de unha ou la no de a.


A comisión de Galiza co Galego presenta a súa rede de escolas infantís (El Correo Gallego , sábado, 22 de xaneiro de 2011)

A comisión promotora de Galiza co Galego presentou o pasado 22 de xaneiro no centro de maiores de Pontedeume o seu proxecto de rede de escolas infantís. Asociacións pedagóxicas, sindicatos e profesionais da educación traballan neste plan para afianzar o galego nas escolas infantís das catro provincias.


Falece del Riego, impulsor de Galaxia e a “gran beizón” da RAG (Xornal de Galicia , martes, 30 de novembro de 2010)

Francisco Fernández del Riego, histórico galeguista, un dos impulsores do Grupo Galaxia e o gran anovador da Real Academia Galega, faleceu o 26 de novembro á tarde no seu domicilio de Vigo aos 97 anos de idade. As mostras de pesar e as gabanzas á súa histórica figura convertéronse nun torrente que percorreu todo o país.


Novo recoñecemento para o galego no Bierzo (A Nosa Terra , sábado, 20 de novembro de 2010)

O Parlamento de Castela aproba unha emenda para que a Lei da comarca do Bierzo reflicta os dereitos dos galegofalantes. Deste xeito a Comunidade de Castela e León facilitará a participación do Bierzo nas actuacións que realice para a promoción da lingua galega no seu ámbito territorial.


O portugués téndelle a man ao galego (A Nosa Terra , xoves, 11 de novembro de 2010)

O Instituto Camões, encargado de difundir no mundo a lingua e cultura portuguesas, ofrecerá nos seus máis de 230 centros en todo o mundo programación especificamente galega. Tamén tentará impulsar o estudo do portugués nos institutos galegos.
 


España e Italia bloquean a patente europea por discriminación lingüística (El País , xoves, 11 de novembro de 2010)

España e Italia bloquearon un enésimo intento de crear unha patente única europea por considerar que o proxecto discrimina a lingua española en beneficio de inglés, francés e  alemán.


Dous millóns na versión castelá de libros en galego (Xornal de Galicia , xoves, 04 de novembro de 2010)

Mentres que a tesoirada xeral leva por diante 161,4 millóns do departamento que dirixe Jesús Vázquez, un dos seus apartados, “axudas libros de texto e material escolar” medra pasando dos 8,5 millóns de 2010 a un montante total de 10,8. Así, dos 2,3 millóns de euros de incremento desta partida de axudas, 2 millóns leva aparellada a engádega de “plurilingüismo”.


Twitteando pola lingua (Galicia Hoxe , xoves, 07 de outubro de 2010)

A palabra "galego" situouse onte entre as máis usadas polos usuarios desta rede social en España nunha iniciativa de Radiofusión e GalegoLab á que se sumaron preto de 300 internautas.


Queremos galego entrega 30.000 sinaturas no Parlamento (Galicia Hoxe , martes, 19 de outubro de 2010)

Máis de 30.000 firmas servirán de aval para unha proposición de lei para defender os dereitos lingüísticos dos galegofalantes que tramitará o Grupo do BNG, e na que se recollen os preceptos da iniciativa lexislativa popular (ILP) impulsada pola plataforma Queremos Galego e que foi rexeitada no seu día pola Mesa do Parlamento con base nun informe xurídico dos servizos da Cámara.


Carlos Varela propón que o galego sexa legado inmaterial (A Nosa Terra , mércores, 20 de outubro de 2010)

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, propuxo no Parlamento que a futura Lei de patrimonio de Galicia inclúa unha declaración sobre o galego como parte esencial de Galicia e animou aos deputados da Comisión Institucional a seren ambiciosos para redactar un texto de última xeración no que se poidan incorporar os conceptos relativos ás distintas tipoloxías de bens culturais e dotalos de medidas de protección específicas para impedir o seu deterioro, perda ou comercio ilegal.


Onde os cativos aínda aprenden en galego (Xornal , domingo, 24 de outubro de 2010)

Pouco máis dun 10% dos centros de Infantil das cidades empregan o galego com olingua vehicular, malia que o 40% dos pais apostou polo idioma propio. Quedan poucos, pero habelos hainos.


Retirada a campaña sobre o decreto do galego nas aulas (El País , venres, 29 de outubro de 2010)

A Xunta decidiu retirar unha campaña que, dotada con case un millón de euros, pretendía promocionar o decreto del plurilingüismo no ensino. O presidente Alberto Núñez Feijóo alegou onte que, malia que inicialmente si estaba prevista, agora resulta "innecesaria".


Queremos Galego recollerá sinaturas a prol da lingua malia o freo do Parlamento á ILP (Vieiros , mércores, 10 de marzo de 2010)

Para a plataforma, o bloqueo á Iniciativa Lexislativa Popular é "unha mostra máis do medio que o PP ten a que a sociedade exprese o seu apoio á lingua".


A evolución da diversidade lingüística na internet desde 1996 até 2008 (Vieiros , venres, 12 de marzo de 2010)

A Unesco publica un estudo, elaborado durante 12 anos, sobre a presenza das linguas na rede e a metodoloxía para a medir. A intención, sensibilizar a sociedade civil.
 


Nin Rajoy nin Zapatero saben inglés, como o 63% dos españois (Xornal , sábado, 13 de marzo de 2010)

A metade dos españois, se tivese a oportunidade, aprendería inglés, pero un 26,5% di que non quere aprender ningún idioma.
 


A Xunta recúa co inglés pero non na decisión dos pais (A Nosa Terra , sábado, 13 de marzo de 2010)

O 'Decreto do plurilingüismo' muda en 'Decreto do equilibrio'. O galego excluído das ciencias máis abstractas en Primaria e Secundaria. Unha consulta vinculante ás familias decidirá a lingua de escolarización en Primaria e bloques de materias no resto de cursos.


O decreto de plurilingüísmo tropeza co Consello Escolar de Galicia (Galicia Hoxe , venres, 09 de abril de 2010)

O organismo votou unha emenda que pedía a retirada do proxecto


Apple comeza a interesarse polas linguas minoritarias (Vieiros , venres, 09 de abril de 2010)

A nova versión do sistema operativo para móbiles estará, por primeira vez, en catalán, o que lle podería abrir as portas a unha versión en galego


Euronews propón emitir en catalán para todo o mundo (Vieiros , martes, 20 de abril de 2010)

Tras a saída de RTVE de Euronews, a cadea internacional busca aliados nas televisións autonómicas.


O PSOE dá luz verde ao debate sobre o uso do galego no Senado (Galicia Hoxe , xoves, 22 de abril de 2010)

A voceira socialista no Senado, Carmela Silva, anunciou que o seu grupo votará a favor de tramitar a iniciativa para xeneralizar o uso das linguas autonómicas na Cámara


Engraxando a maquinaria (Galicia Hoxe , domingo, 25 de abril de 2010)

Mesa prepárase cara á manifestación do 17 de Maio reclamando o "inmediato cesamento ou dimisión" dos conselleiros de Cultura e Educación


Promovendo a lingua como "factor de cohesión" da empresa cos traballadores e consumidores (Vieiros , luns, 03 de maio de 2010)

As empresas participantes subscribiron as teses do Foro Enrique Peinador, que sostén que a lingua é un factor de cohesión da empresa cos traballadores e consumidores, "ao tempo que reforza a imaxe corporativa e comercial dos produtos nos mercados mesmo internacionais".


Os alumnos rematan a ESO sen dominar o galego (A Nosa Terra , mércores, 05 de maio de 2010)

A competencia lingüística do alumnado ao finalizar a educación secundaria obrigatoria en Galicia é maior en castelán que en galego, aínda que o coñecemento de ambas as linguas é máis homoxéneo en estudantes galego falantes que en castelán falantes, segundo conclúe un estudo elaborado pola Universidade de Santiago (USC) e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE).


O goberno de Irlanda nega o permiso para a Gaelscoil 170, escola de inmersión lingüística en gaélico (Vieiros , xoves, 06 de maio de 2010)

A rede de Gaelscoileanna (escolas de inmersión lingüística en gaélico) conta na actualidade con 169 centros de primaria e 38 de secundaria nos 32 condados de Irlanda. Mais o Departamento de Educación do país non concedeu o permiso para a súa apertura en Ráth Tó. Porén, varias organizacións civís a prol da normalización do gaélico irlandés decidiron axudar os pais da vila a facer realidade o proxecto pola súa conta.
 


A Xunta presenta a súa primeira campaña publicitaria en castelán (Galicia Hoxe , xoves, 13 de maio de 2010)

En vésperas do Día das Letras, dúas medidas desenvolvidas polo goberno de Alberto Núñez Feijóo apontoan a súa política lingüística de apoio ao castelán: por unha banda, fíxose pública a primeira campaña institucional en castelán da Xunta -"Ahora Galicia conecta contigo"- e pola outra, a Consellería de Educación eliminou a cota mínima de libros en galego que tiñan as bibliotecas escolares.


O Obradoiro énchese na cuarta protesta a favor do galego nun ano (La Voz de Galicia , martes, 18 de maio de 2010)

A cuarta manifestación nun ano en defensa da lingua volveu encher o Obradoiro. Decenas de miles de galegos -22.000, segundo a Policía Local, e uns cen mil, segundo os propios organizadores- saíron ás rúas de Santiago baixo o lema «Ou galego, u noso existir». Convocados pola plataforma Queremos Galego, o 17 de maio converteuse nun día de protesta para esixir tamén a retirada do decreto do plurilingüismo no ensino.


Feijóo ofrece ante a Academia un gran pacto pola lingua (El Pais , martes, 18 de maio de 2010)

En presenza dos membros máis relevantes da Real Academia Galega (RAG), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deixou onte "selado" en Seoane do Courel un compromiso para alcanzar "un gran pacto pola lingua" fundamentado en catro principios.


O desprezo cara a outras linguas prexudica á economía británica (La Voz de Galicia , mércores, 19 de maio de 2010)

O desprezo dos británicos cara a outros idiomas distintos do inglés é «miope» e lesivo para a economía do Reino Unido, segundo a presidenta do grupo parlamentario de linguas modernas da Cámara alta, Jean Coussins.


Un vigués gaña un concurso da televisión xaponesa cantando la canción de Son Goku en galego (Xornal.com , luns, 11 de xaneiro de 2010)

Amir García participou no concurso máis famoso da televisión nipona cunha particular versión da sintonía da serie “As bolas máxicas”


A RAG péchalle a porta ao 'decretazo' (Vieiros , luns, 18 de xaneiro de 2010)

A Academia solicita a retirada do decreto e chama a volver ao consenso


O "curioso sentido do bilingüismo" da EGAP (Galicia Hoxe , luns, 18 de xaneiro de 2010)

O deputado nacionalista Bieito Lobeira denunciou a aparición dunhas felicitacións de nadal en latín e español.


PuntoGal preséntase como unha oportunidade para unir a comunidade emigrante (Vieiros , xoves, 28 de xaneiro de 2010)

A asociación en defensa dun dominio propio para a lingua e a cultura galega, segue a batallar para que o ICANN lle autorice a botar adiante o proxecto.


Logo de votar contra o decreto, o alcalde de Vilariño de Conso opta polo 'no comment' (Vieiros , mércores, 03 de febreiro de 2010)

Un alcalde do Partido Popular apoia unha moción do BNG para a retirada das bases do decreto.


O Goberno, aínda máis só (Galicia-Hoxe , mércores, 03 de febreiro de 2010)

O Consello da Cultura Galega avoga pola volta ao principio de "como mínimo, o 50% das materias en galego" establecido no Plan xeral de normalización lingüística


500 normas impoñen o castelán nas comunidades bilingües (Galicia Hoxe , mércores, 24 de febreiro de 2010)

A Plataforma per la Llengua elabora tres informes para demostrar a discriminación que sofren as linguas cooficiais no Estado. Son ata 500 as leis que "impoñen o castelán".


69 presentacións simultáneas (Galicia Hoxe , domingo, 07 de febreiro de 2010)

A plataforma Prolingua presentou de xeito simultáneo en 69 localidades de todo o mundo, o seu libro 55 mentiras sobre a lingua galega. A plataforma estima que unhas 5.000 persoas acudiron aos distintos eventos organizados por todo o globo.


"Políticas agresivas” (Galicia Hoxe , luns, 08 de febreiro de 2010)

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, convidou a Feijoo a volver ao consenso lingüístico do Plan Xeral de Normalización e declarou que “canto máis corrixa o decreto que ultima, mellor lle irá á lingua”


Docentes do Estado piden o uso vehicular das linguas cooficiais (A Nosa Terra , sábado, 13 de febreiro de 2010)

Sindicatos do profesorado de Galicia, Euskadi, Cataluña, País Valenciano e Illas Baleares presentaron unha declaración conxunta defendendo o uso das súas respectivas linguas no sistema educativo


Dou e darei as clases en galego (Vieiros , venres, 19 de febreiro de 2010)

"Hoxe aínda están en activo as profesoras e os profesores que, no seu día, desafiaron a ditadura franquista dando aulas en galego, ao igual que outras e outros docentes que chegaron a ser sancionados, nos anos 80, por transmitir os seus coñecementos na nosa lingua". Como integrante da plataforma Queremos Galego, a CIG-Ensino inicia unha campaña de recollida de pronunciamentos do profesorado a prol das aulas na nosa lingua


A cultura do país, "Orgullos@s do galego" (Galicia Hoxe , luns, 22 de febreiro de 2010)

Os actores Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Isabel Risco e Carlos Ares protagonizan a nova campaña en defensa do galego nos centros educativos, impulsada pola Coordinadora de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CENDL). Está composta por dous vídeos que terán unha "ampla difusión escolar e social" e nos que participan tamén o produtor audiovisual Antón Reixa, a gaiteira Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.


A campaña da Coordinadora de ENL triúnfa grazas ás redes sociais (Vieiros , martes, 02 de marzo de 2010)

A campaña “Orgull@s do noso, orgulls@s do galego” da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística está a ser un éxito. Unha semana despois de que se publicara na rede, o vídeo protagonzado polos actores Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas canda o produtor Antón Reixa, a xornalista Belén Regueira e a gaiteira Susana Seivane xa tivo máis de 20.500 reproducións en youtube e outras cinco mil, directas e indirectas, na canle Vimeo.


Educación destina 3,8 millóns á inmersión en inglés (A Nosa Terra , martes, 09 de marzo de 2010)

A consellaría de Educación promove a inmersión lingüística noutros países co obxectivo de fomentar o coñecemento de idiomas estranxeiros. Esta semana pecha o prazo para solicitar as máis de 3.000 axudas que convoca a Consellaría de Educación a este respecto.


"Chinesecom", o curso online de chinés-galego máis valorado (Galicia Hoxe , mércores, 10 de marzo de 2010)

A iniciativa Chinesecom -un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a través do portal www.chinesecom.eu sitúase entre os catro cursos online de chinés máis valorados polo principal buscador da rede no eido internacional e é un dos máis visitados.


Astérix e Obélix falan galego (Vieiros , domingo, 25 de outubro de 2009)

A edición especial das aventuras dos dous guerreiros galos acaba de saír ao mercado a nivel mundial traducida para un total de 14 linguas, entre elas o galego.


Non corre perigo (Galicia Hoxe , xoves, 05 de novembro de 2009)

O castelán convértese na segunda lingua materna do mundo, evidenciando que non corre risco da súa desaparición.


Busca o compromiso do Parlamento coa lingua (A Nosa Terra , martes, 27 de outubro de 2009)

O Pleno do Parlamento debaterá na sesión que se celebra hoxe unha moción para que tanto o PPdeG como o PSdeG aclaren se continúan apoiando o Plan Xeral de Normalización Lingüística, para que ratifiquen que a forma oficial dos topónimos galegos é a galega, e para que os cargos públicos da Xunta de Galiza fagan uso público da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública.


Varios concellos do sur publican un manifesto a prol do galego (A Nosa Terra , luns, 09 de novembro de 2009)

Co gallo do 50º cabodano do pasamento de Ramón Cabanillas varios concellos do sur de Galicia renovan cunha declaración o compromiso das corporacións municipais a prol do uso do galego.


O profesorado organízase para coller o temón a prol da lingua (Vieiros , luns, 09 de novembro de 2009)

Valentina Formoso, elixida a pasada fin de semana como máxima responsable da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.


Lingua de Liberdade (Galicia Hoxe , domingo, 15 de novembro de 2009)

O colectivo ”Galego, Patrimonio da Humanidade” celebrou un acto cívico en defensa do idioma en Santiago de Compostela.


O Supremo avala que os nenos galegos non poidan escolarizarse exclusivamente en castelán (La Voz de Galicia , mércores, 18 de novembro de 2009)

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu que non é legal escolarizar os nenos e nenas só en español.


Moito camiño por andar (Galicia Hoxe , xoves, 19 de novembro de 2009)

A Xustiza segue a ser un dos eidos menos galeguizados.


Manuel López: 'Non é un auto pola custodia das nenas, é un escarnio contra o galego' (A Nosa Terra , venres, 20 de novembro de 2009)

Entrevista co irmá da muller que pode perder a custodia das súas fillas por querelas escolarizar en Galicia.


“Galiza co Galego” constituirase en asociación (A Nosa Terra , xoves, 26 de novembro de 2009)

“Galiza co Galego” constituirase en asociación coa finalidade de crear unha rede privada de ensino en galego.


Desmantélase a lengua (Galicia-Hoxe , sábado, 28 de novembro de 2009)

O Comité do Estado español da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas, anunciou que se dirixirá ao goberno da Xunta de Galicia para solicitarlle que “poña fin ás iniciativas que tomou en contra do idioma galego”.


Se a Xunta derroga o decreto do ensino, as aulas paralízanse (Vieiros , luns, 30 de novembro de 2009)

A plataforma cidadá Queremos Galego proxecta unha folga xeral no ensino no caso de que a Consellaría de Educación decida derrogar o decreto do galego.


“A min fáleme en español", contestan desde Fenosa a unha reclamación telefónica (Vieiros , martes, 01 de decembro de 2009)

O Movemento polos Dereitos Civís fai pública unha gravación na que un empregado de Unión Fenosa insta a un cliente a non empregar o galego.


Os azos da transmisión xeracional (Galicia-Hoxe , mércores, 09 de decembro de 2009)

O sociólogo Fermín Bouza destaca que a transmisión xeracional do galego aumenta nas clases medias e altas.


Defensa das linguas cooficiais no Senado (Galicia Hoxe , martes, 05 de xaneiro de 2010)

Unha iniciativa de 34 senadores nacionalistas solicita a utilización doutras linguas cooficiais na cámara


Os ordenadores tamén poderán ler en galego (Universidade. Suplemento de El Correo Gallego , martes, 13 de outubro de 2009)

 

Varios investigadores do Grupo COLE (Compiladores e Linguaxes), da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, levan xa varios anos inmersos na investigación da recuperación de información, utilizando tanto castelán coma galego.

 


O Consello da Cultura propón unha comisión parlamentaria para desenvolver o Plan de Normalización (Vieiros , sábado, 21 de novembro de 2009)

 O Consello da Cultura Galega realizou unha declaración na que solicita desenvolvemento consensuado do Plan de Normalización Lingüística


O galego remocica na internet (Vieiros , luns, 05 de outubro de 2009)

A nosa lingua é a número 22 entre as máis empregadas na rede de microblogs Twitter, por diante de moitos outros idiomas máis falados.


A preocupación polo galego non se debe manifestar só nas prazas públicas (Vieiros , xoves, 26 de novembro de 2009)

O Foro Peinador anima os empresarios a etiquetar os seus produtos en galego e aos consumidores, a demandalos.


Enfoque apartidario (Galicia Hoxe , mércores, 04 de novembro de 2009)

Seis colectivos unen esforzos no portal web “Galeguizar Galicia” pola normalización do galego.


A rúa protesta en galego (Xornal , luns, 19 de outubro de 2009)

Unha plural, alegre e reivindicativa marea sae ás rúas de Compostela para defender a Lei de Normalización e criticar a política lingüística da Xunta.


O espírito de Mancomún sobrevive fóra da Xunta (Xornal , luns, 19 de outubro de 2009)

A comunidade galega do software libre organízase á marxe da Administración para seguir traducindo programas ao galego.


Nin Pepsi nin Coca: a lingua refréscase con Galicola (Vieiros , mércores, 21 de outubro de 2009)

Unha asociación lanza unha bebida de cola para xuntar recursos económicos para a normalización do galego.


O catalán medra en dereitos (Galicia Hoxe , xoves, 22 de outubro de 2009)

A Lei de cine de Cataluña obrigará as grandes distribuidoras a estrearen o 50 por cento das películas estranxeiras en catalán, xa sexan dobradas ou subtituladas.