Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

A Área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña destinará 150.000 euros á distribución, comercialización e exhibición de contidos audiovisuais en lingua galega. A iniciativa, única en Galicia, recoñece o audiovisual como ámbito estratéxico para o idioma e pretende contribuír a derrubar os muros existentes entre os contidos audiovisuais en galego e o seu público natural, para que galegas e galegos poidan acceder a eles cada vez máis en igualdade de condicións que aos contidos en castelán. Entre os criterios de valoración salienta que as producións estean dirixidas á infancia e mocidade.


icono de ABAIXO

A oferta televisiva infantil e xuvenil en galego limítase ás emisións da TVG2 e só o 4,6% da programación infantil televisiva nos días laborables e o 2,7% nas fins de semana se emite en galego, segundo o informe "Situación da lingua galega na programación televisiva infantil" da Mesa pola Normalización Lingüística. Non semella o máis idóneo cando a Real Academia Galega alerta de que “as xeracións máis novas están protagonizando un proceso acelerado de monolingüización en castelán, a un ritmo que non prevían os resultados de estudos demolingüísticos previos”. Tampouco semella que a canle pública estea cumprindo “a súa misión primeira, mellorar e normalizar o uso da nosa lingua oficial, o galego”.

Calendario

« Abr, 2018 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Os idiomas nas teses de 2017

«O espazo do occidente peninsular e a súa organización territorial (ca. 700- ca. 1250)» foi unha das 25 teses de doutoramento que se defenderon utilizando o galego o pasado 2016 na nosa Universidade. Delas, 19 redactáronse unicamente en galego, dúas incorporárono como lingua principal e o resto, como lingua secundaria.

Martes, 27 de marzo de 2018

Axudámosche a realizares a túa tese en galego

Seguro que che vén ben ter a quen lle consultar as dúbidas lingüísticas ou terminolóxicas sobre a túa tese. Seguro que che vai ben ter con quen contrastar a túa defensa oral da tese e as presentacións dixitais. E seguro que che veñen ben os 400 euros de subvención por faceres a tese en galego.

Luns, 26 de marzo de 2018

Bota a andar a colección “Vídeos didácticos USC”

Quen non foi buscar algún vídeo en Internet para lembrar como facer unha raíz cadrada (por exemplo)? Ou para resolver unha porfía sobre cal é o punto máis alto de Galicia? A partir de agora poderás resolver moitas dúbidas e porfías grazas a especialistas da USC mediante vídeos no noso idioma.

Luns, 26 de marzo de 2018

Divulgar matemáticas con vídeos en galego

Que as matemáticas adoitan resultar complicadas de entender non é ningunha novidade. Pero aquí volve por sétima vez Explícoche matemáticas 2.0 para contribuír a dixerilas mellor e facelo na nosa lingua! E xa hai máis de 50 vídeos de divulgación das matemáticas en galego grazas a este concurso!

Domingo, 25 de marzo de 2018

Coñecendo os grandes hospitais psiquiátricos de Galicia

A CNL de Psicoloxía programa unha serie de visitas aos grandes hospitais psiquiátricos de Galicia, a primeira das cales foi ao Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Xoves, 22 de marzo de 2018

Divulgar matemáticas con vídeos en galego

Que as matemáticas adoitan resultar complicadas de entender non é ningunha novidade. Pero aquí volve por sétima vez Explícoche matemáticas 2.0 para contribuír a dixerilas mellor e facelo na nosa lingua! E xa hai máis de 50 vídeos de divulgación das matemáticas en galego grazas a este concurso!

Mércores, 21 de marzo de 2018

O cinema e a televisión galegos, no XIII Curso de Primavera da USC

O Curso de Primavera da USC abordará a relación entre cine, televisión e cultura do 3 ao 6 de abril en Humanidades; o último día dedicarase ao estado do cinema e a televisión galegos.

Martes, 20 de marzo de 2018

Trinta e un veráns aprendéndolles galego a persoas estranxeiras!

O Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega convocan a trixésimo primeira edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, que terán lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 24 de xullo de 2018, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña.

Luns, 19 de marzo de 2018

En que linguas ensina a USC?

Nas descricións das titulacións da USC o normal é que, a respecto das linguas de docencia figuren castelán e galego, e máis raramente outras linguas. Mais, que proporcións? A USC transmite en castelán tres de cada catro horas de clase e en galego, pouco máis dunha hora de cada cinco. E outras linguas, incluído o inglés, apenas teñen unha presenza significativa nas 479.604,57 horas docentes deste curso 2017-2018 na USC, con só o 1,95% delas.

Mércores, 28 de febreiro de 2018

Departamentos, profesorado e linguas

Os usos lingüísticos docentes, que inclúen todo tipo de titulacións de grao, 1º e 2º ciclos e mestrados (co que os datos se refiren a máis de 479 mil horas de clase), tamén varían en función do departamento de que se trate e das categorías de profesorado.

Mércores, 28 de febreiro de 2018