A USC transmite en castelán tres de cada catro horas de clase e en galego, algo máis dunha hora de cada cinco. E outras linguas, incluído o inglés, apenas teñen unha presenza significativa nas 482.464,07 horas docentes deste curso 2018-2019 na USC, só no 2,74% delas.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Os usos lingüísticos docentes, que inclúen todas as titulacións de grao e mestrado (482.464,07 horas de clases) tamén varían en función dos 52 departamentos de que se trate e das categorías de profesorado.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Logo dun período en que a docencia da USC parecía progresar paseniñamente cara a un modelo bilingüe castelán-galego, alcanzando os mellores datos para a nosa lingua no curso 2010-2011, a tendencia retrocedeu e estancouse.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Tes visto vídeos TED? Sabías que se poden subtitular a unha chea de linguas? Apetéceche contribuír á existencia de recursos divulgativos sobre ciencias da saúde en galego? Podes participar na cuarta edición do concurso #TEDSaúde que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia da USC.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Será o pesado chumbo ou o gasoso helio? O noso humilde e necesario osíxeno ou o tóxico polonio que envelenou a Marie Curie? O elegante e prezado ouro ou as cobizadas terras raras que iluminan as pantallas dos nosos dispositivos móbiles? Cal será o elemento que escollas para presentar nun vídeo ao concurso “O meu elemento”?
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso, que xa vai pola súa oitava edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
O pasado 26 de novembro celebrouse a xornada “As linguas e a USC”, que serviu para reflexionar sobre a política lingüística da nosa universidade cara á docencia, grazas ás intervencións de diversos representantes de toda a USC así como dos vicerreitores de Política Lingüística das universidades de Valencia e o País Vasco, que achegaron as súas experiencias.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
O pasado día 8 de xaneiro constituíuse a Comisión de Normalización Lingüística do novo Claustro universitario, que xa comezou os seus traballos. A elaboración dun novo plan de normalización lingüística para os vindeiros anos será a súa principal tarefa.
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Estarías disposto/a a matricularte na USC nun grao que se impartise en inglés? Graduaraste con competencias lingüísticas abondas e diversas para o teu futuro profesional? Tiveches algún problema por impartires a túa docencia nalgún idioma en particular? A presenza dalgún compañeiro ou compañeira de fóra, altera o uso habitual das linguas? Destas e doutras cuestións que interrelacionan linguas, docencia e universidade, hase falar en “As linguas e a USC” o vindeiro 26 de novembro.
Venres, 16 de novembro de 2018
A Universidade de Santiago de Compostela convoca a segunda edición do Premio ‘Luís Porteiro Garea’, que en lembranza do primeiro profesor desta Universidade que utilizou o galego nunha actividade académica, quere recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade.
Venres, 26 de outubro de 2018