Pasa a folla

Guía dos elementos químicos

Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

Na Real Academia Galega hai conciencia da importancia de estreitar os lazos co portugués, a nosa lingua irmá, e o potencial da lusofonía, da que forma parte o galego. Por iso asinou un acordo de amizade e colaboración coa Academia Brasileira das Letras. E tamén é consciente da necesidade de moitas linguas minorizadas europeas –e dos seus falantes- de promover o coñecemento e o respecto da diversidade lingüística de Europa, e de posicionarse diante da Unión Europea co obxectivo de garantir os seus dereitos e o seu futuro. Por iso impulsará unha rede europea de academias de linguas minorizadas.


icono de ABAIXO

Ademais das xa case habituais advertencias do Consello de Europa a España sobre as deficiencias no cumprimento da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias por parte do Estado español, nomeadamente no ensino e máis a partir da aprobación do Decreto do Plurilingüismo, outro organismo internacional vén sumar a súa preocupación pola desconexión entre o estado reclamado dos idiomas cooficiais e o alcance do seu uso real e da implementación da lexislación:  a ONU, que avalía por vez primeira en Galicia a discriminación do galego. Mentres, outros botan a lingua a pacer cun suposto apartheid ao castelán...

Calendario

« Nov, 2018 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

En que linguas ensina a USC?

A USC transmite en castelán tres de cada catro horas de clase e en galego, algo máis dunha hora de cada cinco. E outras linguas, incluído o inglés, apenas teñen unha presenza significativa nas 482.464,07 horas docentes deste curso 2018-2019 na USC, só no 2,74% delas.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

Departamentos, profesorado e linguas

Os usos lingüísticos docentes, que inclúen todas as titulacións de grao e mestrado (482.464,07 horas de clases)  tamén varían en función dos 52 departamentos de que se trate e das categorías de profesorado.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

Evolución dos usos lingüísticos na docencia

Logo dun período en que a docencia da USC parecía progresar paseniñamente cara a un modelo bilingüe castelán-galego, alcanzando os mellores datos para a nosa lingua no curso 2010-2011, a tendencia retrocedeu e estancouse.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

#TEDSaúde: Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego

Tes visto vídeos TED? Sabías que se poden subtitular a unha chea de linguas? Apetéceche contribuír á existencia de recursos divulgativos sobre ciencias da saúde en galego? Podes participar na cuarta edición do concurso #TEDSaúde que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia da USC.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

O meu elemento

Será o pesado chumbo ou o gasoso helio? O noso humilde e necesario osíxeno ou o tóxico polonio que envelenou a Marie Curie? O elegante e prezado ouro ou as cobizadas terras raras que iluminan as pantallas dos nosos dispositivos móbiles? Cal será o elemento que escollas para presentar nun vídeo ao concurso “O meu elemento”?

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

Explícoche Matemáticas 2.0 e van oito!

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso, que xa vai pola súa oitava edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

As linguas e a USC. Xornada de reflexión sobre a política lingüística da USC para a docencia

O pasado 26 de novembro celebrouse a xornada “As linguas e a USC”, que serviu para reflexionar sobre a política lingüística da nosa universidade cara á docencia, grazas ás intervencións de diversos representantes de toda a USC así como dos vicerreitores de Política Lingüística das universidades de Valencia e o País Vasco, que achegaron as súas experiencias.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

Comeza a funcionar a nova CNL do Claustro

O pasado día 8 de xaneiro constituíuse a Comisión de Normalización Lingüística do novo Claustro universitario, que xa comezou os seus traballos. A elaboración dun novo plan de normalización lingüística para os vindeiros anos será a súa principal tarefa.

Mércores, 30 de xaneiro de 2019

As linguas e a USC: reflexionamos?

Estarías disposto/a a matricularte na USC nun grao que se impartise en inglés? Graduaraste con competencias lingüísticas abondas e diversas para o teu futuro profesional? Tiveches algún problema por impartires a túa docencia nalgún idioma en particular? A presenza dalgún compañeiro ou compañeira de fóra, altera o uso habitual das linguas? Destas e doutras cuestións que interrelacionan linguas, docencia e universidade, hase falar en “As linguas e a USC” o vindeiro 26 de novembro.

Venres, 16 de novembro de 2018

II Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a segunda edición do Premio ‘Luís Porteiro Garea’, que en lembranza do primeiro profesor desta Universidade que utilizou o galego nunha actividade académica, quere recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade.

Venres, 26 de outubro de 2018