Un idioma preciso

Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

O 4 de agosto de 2016 o Consello do Goberno Galego aprobou o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, que desenvolve por primeira vez desde a Administración autonómica as directrices establecidas para este sector no Plan xeral de normalización da lingua galega. Este Plan de dinamización establece 81 medidas para executar en cinco anos na hostalería, o comercio, a alimentación, as TiC, a construción, a banca..., ordenadas nun cronograma. Responde a tres obxectivos principais: concienciar de que o galego favorece os resultados económicos, estender o uso do galego no sector económico e impulsar unha imaxe de marca diferencial ligada ao noso idioma.


icono de ABAIXO

Dous anos despois, non se atopa máis referencia a este Plan de dinamización do galego no tecido económico que as da propia presentación. Resulta, logo, totalmente congruente con que o PP vetara no Parlamento galego a tramitación dunha iniciativa lexislativa popular, Sentido Común, apoiada por 28.000 persoas, que pretendía elevar a rango de lei a protección dos dereitos lingüisticos no ámbito socioeconómico. "Débese apoiar a través dun enfoque de estímulo e liberdade". Lembrarían de súpeto o seu propio e esquecido Plan?

Calendario

« Feb, 2018 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Mostra @ youtubeir@ que levas dentro!

Máis premios, máis categorías e máis facilidades para concursar... Youtubeir@s chega á súa segunda edición e poncho aínda máis doado! Se sabes explicar como cambiar a roda dun coche, o principio de incerteza de Heisenberg ou como coser un botón; se tes unha opinión para todo ou unha ben fundada sobre algún asunto... grava un vídeo -imprescindible facelo en galego!- e participa na segunda edición de Youtubeir@s!

Luns, 18 de decembro de 2017

Linguas de perfil

Linguas de perfil é un espazo de mini-entrevistas que visibilizan o compromiso do profesorado do Campus Terra co uso do galego na docencia, na divulgación e/ou na investigación. O galego forma parte do perfil de Augusto de Castro Lorenzo, Teresa Rodríguez López, Paula Vázquez Rodríguez e Javier Lopez González.

Luns, 18 de decembro de 2017

As comisións de normalización propoñerán para 2018...

O Servizo de Normalización Lingüística da USC convida as comisións de normalización dos centros a lle presentaren propostas de actuación a prol do galego para 2018.

Mércores, 13 de decembro de 2017

Se vés de fóra, podes aprender galego no segundo semestre

O 7 de febreiro comeza o segundo semestre de todos os cursos de linguas do Centro de Linguas Modernas da USC: alemán, catalán, checo, danés, francés, italiano, portugués, xaponés e galego para non galegofalantes.

Luns, 04 de decembro de 2017

Divulgación, investigación, galego, Lugo: DivulgaTerra

Facer visible o traballo dos novos investigadores e investigadoras do Campus Terra, e promover o galego como ferramenta para a comunicar e difundir os resultados de investigación son os obxectivos de DivulgaTerra, que xa vai pola súa segunda edición.

Domingo, 03 de decembro de 2017

And the winners are...

As persoas premiadas xa o saben, pero se queredes vós saber a quen tedes que parabenizar por gañaren os últimos concursos de promoción do galego que quedaban sen resolver -Luísa Villalta, Somos a curta e Mazarelos-, non tedes máis que seguir lendo.

Xoves, 30 de novembro de 2017

Tres grandes descubertas para a música galega (e unha gañadora)

Guille LP, Leda Atómica e Noemia foron as tres formacións que descubriu o I Certame de Música Galega da USC para o público. E Noemia, coa sinxela canción que resaltaba a súa engaiolante voz, foi a gañadora.

Mércores, 08 de novembro de 2017

Cinco anos de bUSCatermos: algúns datos e un balance

Hai agora cinco anos que desde o Servizo de Normalización Lingüística puidemos abrir bUSCatermos ás consultas de calquera persoa interesada. Despois deste tempo, este banco de termos conta con case 165.000 rexistros e arredor de 500.000 denominacións, que reciben unha media dunhas 100.000 consultas ao ano.

Mércores, 08 de novembro de 2017

Novembro, mes de "xornadas"

Matemáticas, Filoloxía e Ciencias da Educación dispóñense a reflexionar sobre diversos aspectos que relacionan as súas materias coa lingua, en especial coa súa comunicación e ensinanza, en cadansúa xornada.

Mércores, 08 de novembro de 2017

Resoltos os XIII Premios á calidade lingüística

Finais de setembro e finais de outubro encheron de nervios as persoas que se presentaron aos XIII Premios á calidade lingüistica dos traballos académicos, TFG-PFC e TFM. E non é de estrañar, porque decidir os traballos gañadores foi moi dificultoso para o xurado!

Mércores, 08 de novembro de 2017