Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

Nestas vacacións as nenas e nenos máis traballadores poderán repasar cos míticos cadernos Rubio na súa versión en galego, mentres escoitan un milleiro de cancións infantís na nosa lingua en Radio Picariña. A rapazada vai poder entreterse con ‘A viñeta de Schrödinguer’, revista de banda deseñada en galego. E quen desfrute das películas de Movistar+ poderá proximamente –segundo anuncia a propia compañía- velas con subtítulos en galego. Pequenas-grandes alegrías que deberían multiplicarse para que a lingua de Galicia poida ser desfrutada e non de xeito anecdótico por todos os públicos.


icono de ABAIXO

O 15 de xuño cumpríronse 35 anos da aprobación da Lei de Normalización Lingüística por unanimidade do Parlamento galego. «A nosa lingua recupera a plenitude dos seus dereitos», dixo daquela Ramón Piñeiro. Porén, nestes anos foise reducindo o número de persoas que usan o galego de xeito habitual, especialmente, entre a xente máis nova, malia o amplo coñecemento de que goza. Trinta e cinco anos máis tarde cumprir a Lei en plenitude é máis urxente e necesario ca nunca.

Calendario

« Out, 2017 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Mellora a túa comunicación e mellorarás os teus resultados académicos

Tan importante como saber é saber comunicar que se sabe. Redactar con corrección os traballos académicos. Realizar un exame oral ou expoñer os resultados dun TFG. Elaborar unha presentación dixital que reflicta os nosos coñecementos e non resulte nin trapalleira nin pesada. Velaquí o curso que necesitas!

Mércores, 27 de xuño de 2018

Aínda podes participar en varios concursos!

Agora que remataches ou estás a piques de rematar o curso, tes máis tempo para para pensar en participar nalgún destes concursos que aínda teñen o prazo de presentación de propostas aberto. Dende o traballo académico ata as túas afeccións ou preocupacións poden fornecerche substanciosos premios de ata 1200 euros!

Mércores, 27 de xuño de 2018

Marchando dúas de vídeos! TED-Saúde e Youtubeir@s

Dous dous concursos organizados ou participados pola USC en relación co fomento do galego en vídeos teñen flamentes gañadoras e gañadores. Trátase do TED-Saúde e de Youtubeir@s.

Mércores, 27 de xuño de 2018

O PDI de Lugo mellora o seu discurso oral

Co obradoiro para o PDI “Mellora o teu discurso oral” a CNL de Ciencias (Lugo) pretende que o profesorado que xa imparte clases en galego poida perfeccionarse no seu discurso oral e que os docentes que aínda non o fan poidan sentirse apoiados e motivados para incorporaren o galego á súa docencia.

Mércores, 27 de xuño de 2018

Galego básico intensivo no mes de xullo

O Centro de Linguas Modernas ofréceche o galego entre os seus cursos intensivos de verán. Será posible así que calquera persoa non galegofalante maior de 16 de anos que teña un bo coñecemento de español como lingua estranxeira (ELE) realice este curso de 40 horas presenciais mais 10 de traballo do alumno no Campus de Santiago de Compostela no mes de xullo.

Mércores, 27 de xuño de 2018

Inflúen os/as docentes nos usos lingüísticos do alumnado? Os idiomas nos TFG e nos TFM

A influencia dos usos lingüísticos docentes nos do alumnado reflíctese con certa claridade nos traballos de fin de grao: o castelán úsase no 74% dos TFG e no 77% da docencia; o galego no 22% dos TFG e no 20% da docencia. A correlación tamén é moi grande cando debullamos os datos por titulacións.

Luns, 30 de abril de 2018

Os Premios á calidade lingüística (e outras cuestións sobre o galego na USC) vistas por estudantes gañadores/as

Falamos con tres dos estudantes que mereceron os Premios á calidade lingüística sobre o propio certame e outras cuestións sobre o galego na USC. As súas respostas ás oito preguntas formuladas merecen unha lectura atenta e unha reflexión profunda.

Luns, 30 de abril de 2018

A sétima edición de Somos a curta! oriéntase agora ao cinema do real

Logo de seis convocatorias premiando o humor na nosa lingua, a Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación decidiu darlle un xiro á orientación do certame e enfocalo cara ao cinema do real, aínda que a intención de promover o noso idioma no audiovisual, un eido clave para a sociedade, segue sendo a cerna do concurso.

Luns, 30 de abril de 2018

A Facultade de Filoloxía convoca o IV Concurso literario “Mazarelos”

Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a nosa literatura son os obxectivos que guían a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por cuarta vez o Concurso literario “Mazarelos”.

Luns, 30 de abril de 2018

As iniciativas normalizadoras teñen premio dende hai quince anos

Se tes unha boa idea para impulsar o galego ou se se che acorda unha campaña ou programa ben planificado, podes concursar no XV Luísa Villalta e gañar ata 1.200 euros!

Luns, 30 de abril de 2018