Pasa a folla

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

“É importante manter vivas as culturas máis pequenas e as linguas minoritarias. Encántame que me traduciran ao galego”. Non o di ningún Xan, senón o Premio Nobel de Literatura 2017 Kazuo Ishiguro. O escritor xapo-británico deixouno claro fai dez anos, durante a súa estadía en Compostela co gallo do Premio de Novela Europea Casino de Santiago, que lle foi outorgado por Non me deixes nunca, traducido ao galego por Eva Almazán. Tamén está traducido ao noso idioma Nocturnos por María Alonso Seisdedos.


icono de ABAIXO

Os datos do estudo Panorama da edición española de libros, que anualmente publica o Ministerio de Educación, hai tempo que deixaron de conter boas novas para o galego. 2016 non é unha excepción nesta tendencia: a edición de libros en galego baixou un 13,1% con respecto a 2015. Unha tendencia que contrasta co bo momento que vive a edición de libros en español, catalán ou vasco, que aumentaron a produción editorial. De feito, a edición de libros en vasco xa supera o galego no conxunto da produción española (2,1% e 1,5%).

Calendario

« Xul, 2017 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

concursantes

And the winners are...

As persoas premiadas xa o saben, pero se queredes vós saber a quen tedes que parabenizar por gañaren os últimos concursos de promoción do galego que quedaban sen resolver -Luísa Villalta, Somos a curta e Mazarelos-, non tedes máis que seguir lendo.

Mércores, 13 de decembro de 2017

As comisións de normalización propoñerán para 2018...

O Servizo de Normalización Lingüística da USC convida as comisións de normalización dos centros a lle presentaren propostas de actuación a prol do galego para 2018.

Mércores, 13 de decembro de 2017

Tres grandes descubertas para a música galega (e unha gañadora)

Guille LP, Leda Atómica e Noemia foron as tres formacións que descubriu o I Certame de Música Galega da USC para o público. E Noemia, coa sinxela canción que resaltaba a súa engaiolante voz, foi a gañadora.

Mércores, 08 de novembro de 2017

Cinco anos de bUSCatermos: algúns datos e un balance

Hai agora cinco anos que desde o Servizo de Normalización Lingüística puidemos abrir bUSCatermos ás consultas de calquera persoa interesada. Despois deste tempo, este banco de termos conta con case 165.000 rexistros e arredor de 500.000 denominacións, que reciben unha media dunhas 100.000 consultas ao ano.

Mércores, 08 de novembro de 2017

Novembro, mes de "xornadas"

Matemáticas, Filoloxía e Ciencias da Educación dispóñense a reflexionar sobre diversos aspectos que relacionan as súas materias coa lingua, en especial coa súa comunicación e ensinanza, en cadansúa xornada.

Mércores, 08 de novembro de 2017

Resoltos os XIII Premios á calidade lingüística

Finais de setembro e finais de outubro encheron de nervios as persoas que se presentaron aos XIII Premios á calidade lingüistica dos traballos académicos, TFG-PFC e TFM. E non é de estrañar, porque decidir os traballos gañadores foi moi dificultoso para o xurado!

Mércores, 08 de novembro de 2017

O profesor Manolo Bermejo, primeiro galardoado co “Luís Porteiro Garea”

A USC recoñeceu o profesor emérito de Química Inorgánica Manuel Bermejo Patiño co primeiro “Luís Porteiro Garea”, o premio á promoción e uso do galego na USC que rememora a lección en galego que encetou a docencia na nosa lingua hai 102 anos.

Martes, 19 de setembro de 2017

Mellorar as habilidades comunicativas para mellorar os resultados académicos

Estudar é moi importante, mesmo imprescindible, para obter un bo proveito da estadía na universidade. Mais resulta tamén moi conveniente saber comunicar o que se aprendeu nos traballos de clase, nas exposicións orais, nos exames e, non digamos, nos traballos de fin de grao, nos de fin de mestrado ou nas teses de doutoramento!

Martes, 19 de setembro de 2017

Aínda podes participar nos Premios á calidade lingüística dos TFG/PFC e TFM

En xullo rematou o prazo para presentar traballos académicos de curso aos Premios á calidade lingüística. Mais dispós aínda ata o 29 de setembro para presentar o teu TFG/PFC ou TFM e optar aos premios de 300 e 500 euros.

Martes, 19 de setembro de 2017

Música, curtas, literatura en galego e propostas normalizadoras: aínda podes participar

O I Certame de Música Galega na USC, Somos a Curta!, o premio literario Mazarelos ou os premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras son actividades que fomentan o uso do galego na creatividade das nosas alumnas e alumnos, e que aínda teñen o prazo de presentación aberto!

Martes, 19 de setembro de 2017