Un idioma preciso

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

Pasa a folla

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

Se o teu apelido é Seijo, Rey, Villarino ou Montero, por exemplo, a partir de agora vas ter máis doada a súa restauración como Seixo, Rei, Vilariño ou Monteiro grazas a Os apelidos en galego, obra na que a Real Academia Galega achega aos rexistros civís un elenco de formas estandarizadas que permitan aos cidadáns e cidadás exercer o seu dereito ao uso da forma correcta do seu apelido. Así, xa que non será preciso entregar no rexistro civil unha certificación da Academia no caso dos apelidos incluídos nesta listaxe.


icono de ABAIXO

O pasado 21 de febreiro celebrouse en todo o mundo o Día da Lingua Materna. Ata hai unhas poucas décadas, o idioma en que a inmensa maioría de nenos e nenas galegos aprendían a falar era o galego. Porén nas últimas décadas as cousas mudaron e se en 2003 o 32,42% dos nenos e nenas entre 5 e 14 anos aprenderan a falar só en galego, segundo a Enquisa estrutural a fogares do IGE, en 2013 xa só son o 18,35%. O dato resulta máis preocupante se fenda entre da porcentaxe de pequenos que aprenden a falar as dúas linguas que fora do 34,3% en 2008 e de 31,46% en 2013 se agranda.

Calendario

« Abr, 2017 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

"Parecíame o máis natural facer o traballo de fin de máster en galego"

O pasado curso un estudante gañou un premio á calidade lingüística co seu TFM e tamén o premio literario Mazarelos, cunha mención expresa do xurado á notable fluidez lingüística da obra. Non sería nada extraordinario se non fose porque se trata dun alumno inglés, Philip Duncan Webb (Cheltenham, 1992).

Martes, 28 de febreiro de 2017

Os XIII Premios á calidade lingüística, convocados!

A USC convoca unha nova edición dos “Premios á calidade lingüística”, co obxectivo de fomentar o uso do galego nas actividades académicas do alumnado, ligado ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos.

Martes, 28 de febreiro de 2017

Os idiomas nos TFG e nos TFM

O pasado curso 2015-2016 presentáronse 3155 traballos de fin de grao e 1089 traballos de fin de mestrado. Que linguas elixiron as alumnas e alumnos da USC para redactalos e defendelos?

Luns, 27 de febreiro de 2017

Explícoche Matemáticas 2.0

Para participares en Explícoche Matemáticas 2.0 tes que realizar unha curta sobre un aspecto formal ou cotián das matemáticas nun máximo de... dous minutos! Atréveste?

Luns, 27 de febreiro de 2017

Entregados os XII Premios á calidade lingüística

O 1 de marzo a USC entrega os XII Premios á Calidade Lingüística correspondentes ao curso 2016-2017 no decurso dun acto institucional.

Luns, 27 de febreiro de 2017

En que linguas ensina a USC?

No global da docencia (graos, restos de titulacións de 1º e 2º ciclo e mais mestrados) a USC transmite en castelán tres de cada catro horas de clase e en galego, pouco máis de unha hora de cada cinco. E outras linguas, incluído o inglés, apenas teñen unha presenza significativa nas 457.726 horas docentes deste curso 2016-2017 na USC, con só o 3,65%.

Martes, 31 de xaneiro de 2017

Departamentos, profesorado e linguas

Os usos lingüísticos docentes, que inclúen todo tipo de titulacións (grao, 1º e 2º ciclos e másters, co que os datos se refiren a máis de 457 mil horas de clase) tamén varían en función do departamento de que se trate e das categorías de profesorado.

Martes, 31 de xaneiro de 2017

Estabilidade lingüística na docencia

A USC conta con datos sobre o uso dos idiomas na docencia desde o curso 2003-2004, o que nos permite obter unha panorámica ao longo destes catorce cursos académicos bastante razoable. A información baséase nas planificacións docentes dos departamentos e están referidas a horas de clase. A estabilidade nos usos lingüísticos é, en xeral, a tónica dominante.

Luns, 30 de xaneiro de 2017

Aprender galego na USC (se vés de fóra)

 Se vés de fóra de Galicia e che apetece aprender galego, a USC pon ao teu dispor varias posibilidades: cursos, tamdem, café de linguas e paraelles.

 

Luns, 30 de xaneiro de 2017

Obradoiros para apoiar a youtubeir@s

A USC organiza tres obradoiros de videocreación, dous en Santiago e un en Lugo, para axudar a aquelas persoas que queiran participar no concurso de Youtubeir@s.

Domingo, 29 de xaneiro de 2017