Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

Pasa a folla

Arriba e abaixo

icono de ARRIBA

Pilotos e controladores denuncian que se lles prohiba falar en español, unha orde do Ministerio que persegue a homoxeneización dos procedementos de aviación en Europa nos principais aeroportos, consecuencia da transposición á normativa española do Regulamento Europeo. Para os pilotos, aínda que se lles esixe un nivel equivalente a un C2 (nivel de mestría), a imposición do inglés como idioma único é unha imprudencia que pode afectar á seguridade, pois en situacións de emerxencia tanto piloto como controlador, de seren hispanofalantes, non poderían comunicarse no idioma que mellor dominan.


icono de ABAIXO

Hai moitas situacións onde comunicarse ben é máis importante do normal. Operacións de dispositivos de emerxencias, diagnósticos sanitarios...  requiren que os especialistas (bombeiros, 061, policía, médicos e persoal sanitario, etc.) coñezan e comprendan perfectamente, ao máximo nivel, o idioma ou posibles idiomas da cidadanía. Sería disparatado que o persoal das brigadas de extinción non entenda á primeira que “o lume prendeu nas silvas achegadas ao palleiro” ou que unha médica non soubese o que é un “xeonllo esnaquizado”.  E porén...

Calendario

« Feb, 2017 »
lun mar mér xov ven sáb dom
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28
Cambiar data:
Mes:   Ano: 

Premio_Manuel_Bermejo

O profesor Manolo Bermejo, primeiro galardoado co “Luís Porteiro Garea”

A USC recoñeceu o profesor emérito de Química Inorgánica Manuel Bermejo Patiño co primeiro “Luís Porteiro Garea”, o premio á promoción e uso do galego na USC que rememora a lección en galego que encetou a docencia na nosa lingua hai 102 anos.

Martes, 19 de setembro de 2017

Mellorar as habilidades comunicativas para mellorar os resultados académicos

Estudar é moi importante, mesmo imprescindible, para obter un bo proveito da estadía na universidade. Mais resulta tamén moi conveniente saber comunicar o que se aprendeu nos traballos de clase, nas exposicións orais, nos exames e, non digamos, nos traballos de fin de grao, nos de fin de mestrado ou nas teses de doutoramento!

Martes, 19 de setembro de 2017

Aínda podes participar nos Premios á calidade lingüística dos TFG/PFC e TFM

En xullo rematou o prazo para presentar traballos académicos de curso aos Premios á calidade lingüística. Mais dispós aínda ata o 29 de setembro para presentar o teu TFG/PFC ou TFM e optar aos premios de 300 e 500 euros.

Martes, 19 de setembro de 2017

Música, curtas, literatura en galego e propostas normalizadoras: aínda podes participar

O I Certame de Música Galega na USC, Somos a Curta!, o premio literario Mazarelos ou os premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras son actividades que fomentan o uso do galego na creatividade das nosas alumnas e alumnos, e que aínda teñen o prazo de presentación aberto!

Martes, 19 de setembro de 2017

Volve DivulgaTerra

O vindeiro 9 de novembro a partir das 18 horas, o Campus Terra vai acoller a segunda edición deste evento de divulgación científica, que conmemora o Día da Ciencia en Galego.

Luns, 18 de setembro de 2017

Vés de fóra? Benvida/o a Galicia e ao galego!

A USC ofréceche os cursos de lingua galega para non galegofalantes a través do CLM, así como as materias optativas de Lingua, literatura e cultura galega en Filoloxía. Ademais, podes acreditar o necesario B1 para graduarte se superas o nivel correspondente da lingua galega.

Luns, 18 de setembro de 2017

O Premio ‘Luis Porteiro Garea’ recoñecerá a promoción e uso do galego na USC

Trátase dun premio aberto, ao que calquera que o desexe pode propoñer candidaturas. A súa creación contribúe a recoñecer, por parte da Universidade de Santiago de Compostela, os esforzos levados a cabo por membros da comunidade universitaria para usar, estender e dignificar a lingua propia da USC e de Galicia.

Xoves, 01 de xuño de 2017

Música, curtas e literatura en galego teñen premio na USC

O I Certame de Música Galega na USC, que premiará cancións en lingua galega de todos os xéneros musicais, vén a sumarse á lista de accións que fomentan o uso do galego na creatividade das nosas alumnas e alumnos, xunto con Somos a Curta! e Mazarelos. E teñen o prazo de presentación aberto!

Luns, 29 de maio de 2017

XIV Premios “Luísa Villalta” a iniciativas normalizadoras

Se che interesa a situación do galego na Universidade e se che acorda unha boa idea para mellorar a presenza o calidade do noso idioma ou se es quen de planificar mesmo que facer, este concurso vaiche interesar!

Luns, 29 de maio de 2017

Quen gañou Explícoche Matemáticas 2.0, TED-Saúde e Youtubeir@s?

Na USC hai concursos que buscan promover o uso do galego nos eidos das matemáticas, das ciencias da saúde e na Rede. E na edición deste curso xa teñen gañadoras e gañadores.

Luns, 29 de maio de 2017