Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Pasa a folla: Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social

"Termos esenciais” é unha colección de glosarios trilingües (galego-español-inglés) especializados nos distintos ámbitos de coñecemento implicados na docencia e na investigación universitaria. A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela promoveu hai anos o programa  “Témoslle lei”, para aumentar e mellorar o uso do galego neste centro docente. Encadrado neste plan figura o apoio terminolóxico especializado, entre outras accións, coa edición de glosarios do dereito. O derradeiro volume co que se pecha esta sub-colección é o Termos esenciais do dereito do traballo e da seguridade social. Con anterioridade xa foran publicados os volumes referidos ao dereito constitucional, penal, internacional, civil, administrativo e mercantil, así como de Criminoloxía.

Alicia Villalba, profesora da Facultade de Dereito, e Xusto Rodríguez, técnico do Servizo de Normalización Lingüística, son os autores de Termos esenciais de dereito do traballo e da seguridade social, que recolle 1110 conceptos desta disciplina. Esta compilación non se limita á vertente contractual, senón que tamén repara nas relacións colectivas e no dereito da seguridade social, cuestións básicas para comprender o sistema de protección social establecido ao longo do século pasado, segundo sinalan os seus autores.

A nivel estrutural, este glosario, do mesmo xeito que acontece con outros glosarios da colección, está dividido en dous grandes bloques: os termos esenciais, que aparecen ordenados alfabeticamente pola súa denominación en galego, e os índices alfabéticos en español e inglés. O bloque dos termos esenciais tamén distingue dúas partes diferentes agrupadas nas entradas completas, onde se compila e se organiza toda a información recollida para cada un dos conceptos tratados,  e nas entradas remisivas, onde se recollen unicamente sinónimos ou variantes das entradas completa.

Para traballar satisfactoriamente co volume débese ter en conta que as dúas partes remiten entre si mediante a numeración, facilitando o acceso a toda a información recollida con independencia da lingua que se empregue na busca. Deste xeito, non só podemos saber as correspondencias en castelán e inglés a partir do termo galego nos casos de acollemento familiar, base reguladora, central sindical, deber de dilixencia, expediente contraditorio, gastos de manutención, ineptitude sobrevida, pacto de exclusividade, servizos de boa veciñanza..., senón tamén buscar polos respectivos termos en castelán e inglés.

A consulta deste novo traballo pode facerse a través da súa edición física, que será distribuída entre o profesorado e o alumnado, ou da súa edición dixital, como aconteceu cos volumes anteriores. Cómpre lembrar que se editan baixo licenza Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 de Creative Commons Ademais, cada un dos 1110 termos xa están incorporados no bUSCatermos, a base de datos terminolóxica plurilingüe en aberto da nosa universidade.

Este novo repertorio terminolóxico presentouse o pasado xoves, 18 de outubro, na Facultade de Dereito. Nela participaron Alicia Villalba e Xusto Rodríguez; o vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijoo; o secretario xeral de  Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; e o decano da facultade, Gumersindo Guinarte.

??? Author ???

Martes, 06 de novembro de 2018