Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego na Universidade de Vigo

O galego coñécese e úsase máis na Universidade de Vigo que hai 20 anos, especialmente entre o profesorado. O seu uso en tarefas académicas por parte do alumnado aumenta cando o docente tamén o uso. As actitudes cara ao galego son boas pero matízanse ao concretar as situacións. Con todo, a metade da comunidade universitaria viguesa pensa que o uso do galego debe aumentar na Universidade e na docencia. Estas son algunhas das conclusións xerais que se poden deducir á vista dos resultados do Estudo sociolingüístico sobre o uso do galego que o Servizo de Normalización Lingüística da universidade viguesa acaba de presentar.

O estudo amosa non só as tendencias actuais en canto a lingua inicial, coñecementos, usos e actitudes en cadanseu colectivo, senón que tamén establece unha interesante comparación con respecto ao estudo sociolingüístico realizado na mesma institución en 1996.

Lingua inicial

O castelán é a lingua en que a maioría do PDI e do PAS aprenderon a falar (52,4% e 48,8%), ler e escribir (contra o 78-77% en ambos os casos). A maioría do alumnado, porén, declara que aprendeu a falar, ler e escribir nas dúas linguas (50,6%, 58,4% e 58,1% respectivamente), aínda que logo un 32,6% di que aprendeu en castelán e un 14,7% en galego.

Se comparamos cos datos de hai vinte anos, percíbese unha clara tendencia  ao bilingüismo inicial e mesmo a unha pequena recuperación para o galego. Daquela, o castelán era a lingua en que aprendeu a falar o 70% do PDI e o 64% do PAS, polo que a redución é duns 20 puntos, a favor do bilingüismo e do galego. O alumnado que aprendeu a falar nas dúas linguas aumentou (do 28,1% ao 50,6%) e reduciuse un 27,2% a porcentaxe dos/as que aprenderon só en castelán. A diferenza é aínda máis notable na lectura e na escritura.

Cómpre lembrar que a totalidade do alumnado se formou nun sistema educativo do que o galego é parte en maior ou menor medida dende o primeiro chanzo. Por iso reflicten un cambio máis importante que o do profesorado e do PAS.

Coñecemento do galego

Non existen na práctica problemas de competencia en galego, especialmente en canto ás competencias pasivas -entender e ler–, xa que as persoas que din ter moita dificultade non chegan ao 4% nin ao 5% respectivamente en ningún dos tres colectivos.

As dificultades aumentan nas competencias activas, falar e escribir, desde un 6,9% do alumnado con “moita dificultade” á hora de escribir ata un 9,7% do PDI con “moita dificultade” á hora de falar. Non esquezamos, porén, que en todos os colectivos hai persoas procedentes de fóra de Galicia.  

En todo caso as porcentaxes de persoas que declaran ter moita dificultade son manifestamente menores que en 1996: daquela o 50% do alumnado, o 35,8% do PDI e o 18,9% do PAS dicían ter moita dificultade para escribir en galego e o 19,9% do PDI, o 13,1% do PAS e o 7,8% do alumnado, para falalo.

A falta de fluidez na lingua oral supón o maior atranco en todos os colectivos (25% do PDI, 20,5% do PAS, 22,1% do alumnado). En canto á lingua escrita, as dúbidas ortográficas (23,4% do PDI, 16,1% do PAS e 15,4% do alumnado) e o descoñecemento do léxico específico (15,8% do PDI e 12,6% do estudantado).

Uso do galego

Algo máis da metade do PDI (o 54,2%) usa de xeito habitual a lingua galega (sempre ou regularmente) é só o 8,9% di non usala nunca. Obsérvanse diferenzas significativas entre homes e mulleres (o 60% dos homes e un 47% das mulleres mani¬festa usar regularmente o galego), así como en relación á idade, ao lugar de nacemento, á categoría docente e mesmo á área de coñecemento: dende o 41% en Humanidades ata o 5,9% en Ciencias da Saúde.

Os diversos tipos de situacións comunicativas inflúen. O uso do galego vai diminuíndo lixeiramente ao dar clases (o 23% di usar só o galego e o 16% úsao maioritariamente), redactar exames ou elaborar traballos e apuntamentos, e baixa ata 8,6% en ambos os casos (só ou maioritariamente) nos traballos de investigación. Nesta actividade fundamental para o profesorado universitario, a opción maioritaria (42,4%) é “outra lingua”, seguramente o inglés.

En relación a 1996 aumentou case en 30 puntos o profesorado que se expresa en galego sempre ou regularmente e tamén se incrementa na impartición de docencia: desde 1996 o profesorado que utiliza só castelán nas clases diminuíu do 62,5% ao 22,3%. Tamén diminuíu a prol da lingua galega noutras tarefas docentes, agás na investigación: neste caso foi a prol do inglés.

Aínda que entre o PAS a lingua predominante de uso habitual é o castelán (39,7% só castelán fronte a 27% só galego), o galego é predominante no seu traballo: úsaa sempre ou regularmente o 52,7%. Nos vinte anos transcorridos dende o anterior estudo percíbese tamén un aumento do bilingüismo, tanto na lingua habitual como na lingua de traballo, que eran do 51,7% e do 32,9%, respectivamente.

En determinadas tarefas laborais (responder ao teléfono, atención ao público) o uso do galego chegou practicamente a duplicarse dende 1996. Tamén aumentou considerablemente o uso en escritos internos: do 63,3% ao 84,1%.

O 37,3% do persoal de administración e servizos utiliza a versión galega dos seus dispositivos electrónicos, menos do 30% emprega o galego nas redes sociais e o 83,7% coñece o tradutor automático da Universi¬dade que algunha vez utilizou.

Tamén entre o alumnado é o castelán a lingua predominante. A porcentaxe do alumnado que usa sempre ou regularmente o galego é do 31,3% e o 22,2% di que non usa nunca o galego. A situación mellorou respecto a 1996, cando o uso habitual era do 26,3% e o 25,4% declaraba non utilizalo nunca.

Tamén ao alumnado lle inflúen as diversas situacións comunicativas e as diversas áreas de coñecemento, e obsérvanse cambios positivos nos últimos vinte anos: o uso único ou maioritario do galego cos compañeiros/as de clase subiu do 11,6% ao 19,9%; nas relacións administrativas coa Universidade pasou do 25,7% ao 33,8%; na redacción de apuntamentos de 5,3% a 20,3% e na redacción de traballos de curso do 5,7% ao 19,2%. O castelán segue a ser hoxe claramente predominante no alumnado na súa actividade dentro da Universidade de Vigo.



Do informe despréndese tamén unha constante na sociolingüística universitaria do noso país: a grande importancia da práctica lingüística do profesorado. Cando o/a docente utiliza o galego de xeito habitual, o alumnado faino ata un 75% sempre ou maioritariamente; se pola contra utiliza o castelán (pero anima a usar o galego o alumnado), a porcentaxe baixa ao 47%.



Ademais, só o 22,4% do alumnado utiliza a versión galega dos seus dispositivos electrónicos, o 25,5% emprega o galego nas redes sociais e o 30,3% coñece o tradutor automático da Universidade, un 50% menos que o profesorado ou o PAS.

Actitudes lingüísticas

A metade da comunidade viguesa coida insuficiente o uso da nosa lingua na Universidade de Vigo, mais esa proporción redúcese ao concretar a situación comunicativa e achegala ás persoas inquiridas. As actitudes son boas, mais aínda existen prexuízos.

Só un 6% do profesorado considera excesivo o uso do galego na Universidade e que é insuficiente un 50,7% PDI. Porén esta cifra diminúe lixeiramente ao se referir ao departamento (44,7%). Unha ampla maioría (83%) considérase capacitada para impartir as clases en galego, mais é o 46% a porcentaxe que se declara disposto a facelo, mentres que un 20% se declara contrario e un 34% non se manifesta. En todo caso, un 64,8% dos docentes coidan que a Universidade debe impulsar accións a prol do uso do galego na docencia.

O 66,7% do PDI ve o galego como axeitado para a investigación científica, mais o 21,7% está en desacordo con esta afirmación. E o 41% pensa que non se debe falar galego con persoas de fóra ou descoñecidas.

Son os estudantes o colectivo menos esixente co uso do galego na Universidade (o 47,4%), aínda que a esixencia aumenta ao se referir ao centro (48,3%) e á docencia (51,8%). Curiosamente, semella darlles case igual que lles impartan as clases en castelán (47,4%) ou que o fagan en galego (41,3%). Ademais, tres de cada catro estudantes consideran necesarias as actividades para fo¬mentar o uso da lingua galega na Universidade de Vigo. Por outra banda, o 73,2% considera o noso idioma como axeitado para a investigación científica, aínda que amosan preconceptos lingüísticos, o máis marcado dos cales é que non debemos falar galego con persoas de orixe foránea ou descoñecidas (26,8% bastante de acordo e 11,9% total acordo).

Tamén a metade do PAS (54,8%) considera insuficiente o grao de uso da lingua galega na Universidade e só un 2% o considera excesivo. Porén, ao concretar o uso no propio servizo, a porcentaxe que ve insuficiente a presenza do galego baixa ao 39,7%. O 79% do PAS considera necesarias as actividades para fomentar o uso da lingua galega na Universidade de Vigo. Este colectivo é o máis desprexuizado con respecto ao noso idioma: o desacordo con usar o galego con persoas foráneas ou descoñecidas é do 32,1%, e é o preconcepto máis estendido.

NOTA: As imaxes están tiradas do propio Estudio sociolingüístico.

??? Author ???

Mércores, 27 de xuño de 2018