Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Bivir. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

Hogano está estendidísima a lectura en formato dixital grazas á multitude de dispositivos electrónicos con que contamos na nosa vida diaria. E lemos en pantalla non só documentos técnicos ou profesionais, senón tamén obras literarias. Malia seren moitas as persoas detractoras das pantallas, que prefiren o cálido tacto e olor do libro tradicional en papel, razóns de moitos tipos (económicas, ecolóxicas, de espazo, mesmo de alerxias) van upando paseniñamente a lectura con luz incorporada.

Entre as diversas solucións tecnolóxicas para poder empaparnos nunha boa lectura, a máis básica é, sen dúbida, botar man de simples documentos en formato pdf. Adoitan corresponder, ademais, á forma máis barata e práctica de poñer ao dispor de todo o mundo as creacións propias, as traducións, as achegas...

Tal é o medio polo que optou a Asociación de Tradutores Galegos para dar a coñecer unha parte do seu traballo: as traducións de obras literarias ao galego.

En efecto, en Bivir (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego) pódese atopar e descargar máis de 200 obras de todas as épocas (dende a Grecia Antiga ata a actualidade) e dunha morea de linguas, dende o castelán ou o portugués –por citar as máis próximas- ata o grego, o ruso, o xaponés ou o árabe. E quen verteu todas estas obras á nosa lingua? Pois pequenos e grandes nomes da tradución galega, como Valentín Arias, Moisés Barcia, María Reimóndez, Xabier Senín; coñecidas profesores e profesoras de Filoloxía como Antón Figueroa, Camiño Noia, Teresa Amado, Raúl Pato; escritores como Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras, Martín Veiga, Xavier Queipo... ou os nosos arrimados galego-iraniano Amir Reza Najjari García, as rusas Alexandra Koss e Ekaterina Guerbek, a nipona Mona Imai, a danesa Pia Slouth...

E non te preocupes: se te decides a ler na versión galega de Bivir textos de Mahmud Darwish, Odysséas Elýtis, Begum Rokeya, o Fausto de Goethe, contos de Katerine Mansfield, Morte de funcionario de Chékhov, o Decamerón de Bocaccio, Os contos de Jacques Tournebroche de Anatole France, O patriotismo de Mishima ou calquera das outras 200 obras existentes en Bivir, debes saber que  son propiedade das persoas que as traduciron, que están amparadas polo correspondente rexistro de propiedade intelectual e que poden empregarse libremente para uso particular ou docente.

??? Author ???

Luns, 14 de maio de 2018