Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión)

Na primavera de 1917 vía a luz Über die spezielle und die allgemeine Relativitätstheorie (Gemeinverständlich), de Albert Einstein, o único texto que escribiu con afán divulgador, tratando de achegar a teoría da relatividade ao gran público.

Na primavera de 2017, hai agora un ano, vía a luz Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión), a tradución ao galego do clásico de Einstein, realizada por Patricia Buján Otero baixo a supervisión científica do catedrático da USC Jorge Mira, da man do Consello da Cultura Galega. O galego convértese así na décimo primeira lingua a que se traduce a obra máis coñecida do autor sobre a relatividade (cando menos, cos datos de 2015 sobre as súas traducións).

Por que este empeño do Consello da Cultura Galega por traducir e publicar a teoría da relatividade de Einstein ao galego?

Alén de conmemorar o centenario da publicación desta obra, un dos propósitos da Consello da Cultura Galega, e máis concretamente da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG), é incrementar a presenza da lingua propia como idioma de divulgación científica, seguindo o ronsel do que hai un século fixeron a Xeración Nós ou as Irmandades da Fala.

A Teoría da relatividade de Einstein tiña que ser obxectivo imprescindible, ao tratarse dunha obra emblemática da ciencia e do persoeiro científico máis coñecido e popular do século XX.

Probablemente sexa Albert Einstein un dos científicos máis coñecidos e populares de todos os tempos, e a súa persoa dá nome a rúas, colexios, universidades, hospitais, centros de investigación... Asóciase indisolublemente ao termo relatividade, moitas veces como reflexo dunha mala comprensión da súa teoría (quen non oíu nunca “como dicía Albert Einstein, todo é relativo”?). E a súa imaxe, unha icona popular á mesma altura cá de, por exemplo, Ernesto Che Guevara, segue sendo obxecto de pósters, caricaturas, contos... Tamén é coñecido pola súa actitude e conduta no ámbito ético e político.

Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión) leva máis de 400 edicións e foi traducida a máis de dez idiomas. Non é doado que unha obra de carácter científico, por moito afán divulgador que a inspire, chegue a semellantes cifras, o que xa dá idea de que se trata dunha publicación de referencia.

Na obra, Einstein achega a persoas profanas os seus descubrimentos de vinte anos antes: que o espazo e o tempo non son magnitudes absolutas, senón que o seu valor depende do estado de movemento de quen os mide, e que isto se pode aplicar ao campo electromagnético, pero tamén aos campos gravitatorios, para modelar a estrutura a grande escala do universo.

A teoría da relatividade é un documento científico clave que propiciou o cambio de paradigma da Física e das ciencias; é un dos piares da física moderna xunto coa mecánica cuántica. E se a imaxe de Einstein é icónica, a súa fórmula de equivalencia masa-enerxía (E = mc2), é a fórmula máis famosa do mundo e tamén está incorporada á cultura popular.

Ademais, resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia e para os movementos intelectuais e artísticos que removeron os alicerces da sociedade a comezos e mediados do século XX. A obra de Einstein, en realidade, transcendeu á rúa e á cultura en xeral. Mesmo en Galicia, onde se produciron interesantes debates sobre as súas achegas e o gran poeta Manuel Antonio lle dedicou unha poesía á relatividade.

A tradución de Patricia Buján é unha versión directa ao galego a partir da primeira alemá de 1917, tomando como fonte de referencia a copia dixital publicada en liña polo Instituto para a historia da ciencia Max Planck, que se achega en facsímile na publicación galega. A maiores incorpora un estudo introdutorio de Jorge Mira sobre a importancia de Einstein e a súa teoría, e outro de Francisco Díaz-Fierros, sobre a recepción da obra do científico en Galicia. Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral (de fácil comprensión) está publicada en papel e tamén se pode consultar e descargar en formato .pdf.

O galego conta, pois, cun novo tesouro que engadir ao seu enxoval de lingua de cultura, demostrando unha vez máis que nela se pode expresar “as ideas máis abstractas e os conceptos máis requintados”.

??? Author ???

Xoves, 29 de marzo de 2018