Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016

A Real Academia Galega alertou o pasado día 21 de febreiro, Día internacional da lingua materna, sobre a situación de vulnerabilidade da lingua galega, debida directamente á falta de transmisión interxeracional e, xa que logo, á mingua no uso do galego por parte da xente máis nova especialmente nos ámbitos urbanos e periurbanos. A alerta baseouse na información ofrecida por Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992–2016, unha nova publicación do Seminario de Sociolingüística da RAG.

A publicación presenta unha visión panorámica da situación social da lingua galega nas últimas décadas para identificar as tendencias da súa evolución.

O Seminario de Sociolingüística describe a sociedade galega como unha sociedade bilingüe cunha "vitalidade incuestionable" da nosa lingua, con máis de 1,3 millóns de galegofalantes habituais. Ademais, tamén destaca a mellora das competencias: desde os anos noventa a porcentaxe de persoas con capacidade para poder escribir en galego aumentou máis de 30 puntos, mentres a porcentaxe de persoas que se senten capaces de falalo se mantén en nove de cada dez. A lingua oral segue aprendéndose na familia (2003: 83%; 2013: 82%) mais os contextos de aprendizaxe van diversificándose e cada vez cobran máis importancia a escola (43%), as amizades (30%) ou o traballo (14%).

Porén, contrastando con estas dúas características positivas, ao analizar os datos obtidos polo Seminario e polo Instituto Galego de Estatística ao longo destes 24 anos, a tendencia é negativa para o galego.


Por un lado, porque desde os anos 90 o uso do galego vén diminuíndo, tanto porque aumenta fortemente o número de usos bilingües como porque aumenta a monolingüización en castelán. O descenso nos usos orais do galego segue unha tendencia constante e progresiva.

Por outro lado, porque aínda que o uso do galego segue sendo maioritario entre as persoas de máis de 65 anos, entre os menores desa idade a lingua inicial maioritaria empeza a ser o castelán (38% fronte ao 34% do galego e o 28% de ambas), que é tamén o idioma que máis empregan habitualmente as xeracións máis novas, especialmente en contextos urbanos e periurbanos, que son tamén os que aumentan de poboación.

A Academia Galega alerta de que “as xeracións máis novas están xa protagonizando un proceso acelerado de monolingüización en castelán, a un ritmo que non prevían os resultados de estudos demolingüísticos previos". Este proceso débese á creba da transmisión interxeracional do galego. Malia que desde principios dos 90 a transmisión mellorou, cunha certa estabilización na primeira década do novo século, cada vez hai menos galegos e galegas que herdan a lingua e, por tanto, a non transmisión ten unha incidencia crecente.

Con este diagnóstico, a RAG advirte do que pode acontecer a curto e medio prazo coa lingua se non se produce un cambio drástico, e apela ao conxunto da sociedade e en especial aos seus líderes políticos, económicos e sociais a garantiren o futuro da nosa lingua. “Algo está fallando cando o noso ordenamento legal desde os inicios da Autonomía prevé avanzar cara a unha situación de normalidade do galego e de igualdade co castelán e, pola contra, unha parte crecente dos e das galegas sente unha presión cada vez máis forte para abandonar o galego e adoptar o castelán.”

Salienta como factores positivos á hora de planificar intervencións para reverter estas tendencias negativas para o galego que, por unha banda, a non transmisión da nosa lingua non se debe tanto a decisións conscientes das familias, senón que máis ben procede de "aspectos relacionados coa súa escasa presenza na socialización secundaria", nomeadamente no ámbito escolar e de maneira especial en determinados contextos semiurbanos. Por outra banda, o estudo destaca que case un 60% das persoas que falan unicamente en castelán declaran poder falar en galego sen dificultade, o que abre un nicho para a intervención moi interesante para intervir: o dos falantes potenciais.

Para falar un idioma cómpre competencia para falar esa lingua, motivación e oportunidade. Ademais das persoas que xa usan o galego habitualmente, ben de xeito único ben combinado co castelán, o perfil dos “falantes potenciais” está aumentando moi rapidamente nas dúas últimas décadas. A masa de poboación que aínda pode utilizar o galego pode aumentarse doadamente se se ofrecen máis oportunidades para facelo e se estimula a motivación. Velaí os eixos dunha actuación intelixente, eficaz e sostida no tempo que pode conseguir refrear e incluso reverter o retroceso da nosa lingua.

O traballo, da autoría de Henrique Monteagudo, Xaquín Loredo e Martín Vázquez, inscríbese nunha liña de investigación emprendida pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega en colaboración co Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega que deu como froitos anteriores A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2013), e O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008.  Ambos baséanse nos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992 e do ‘Módulo de coñecemento e uso do galego’ de periodicidade quinquenal incluído na Enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE).

??? Author ???

Venres, 02 de marzo de 2018