Pasa a folla

Sacar a lingua é de mala educación

Venres, 22 de decembro de 2017

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Sacar a lingua é de mala educación

Ofrécenche unha viaxe a París e unha viaxe a Nova York. Que farías?

Ei! Non che están ofrecendo unha ou outra viaxe. Estanche ofrecendo AS DÚAS. Por que vas perder unha das viaxes se podes quedar con todo? Por que vas escoller se non tes por que escoller?

Tal é a reflexión de Manuel Núñez Singala ao principio do seu libro Sacar a lingua é de mala educación. E fai un símil co caso das linguas: por que vas escoller entre dúas ou máis linguas se podes aprendelas todas? Por que vas escoller a metade, se podes telas todas? Por que vas renunciar a aprender unha das linguas, se podes aprender dúas sen apenas esforzo? Son dúas viaxes de aprendizaxe, non unha só!

Singala achega argumentos lóxicos, ben fornecidos de exemplos, anécdotas e datos procedentes das máis diversas áreas científicas (desde a neuroloxía á lingüística, pasando pola física, a antropoloxía...), para avalar a súa tese: que en cuestión de linguas, o mellor é sumar: escoller non escoller. E faino en pouco máis de 70 páxinas, de xeito didáctico e ameno, sen inzar o texto de notas, e cunha linguaxe precisa e clara, que guía a lectura doadamente.

Xa van alá oito anos do seu En galego, por que non?, e se nesa ocasión se esmeraba en elaborar un repertorio de argumentos destinados fundamentalmente aos adolescentes, para tentar contrarrestar esa sensación “ambiental” de que o galego é antigo, minoritario, bruto, rural ou propio de radicais, nesta nova obra os destinatarios principais son as nais e pais, a quen fai un chamado a non lles furtar a lingua galega aos seus fillos e fillas. Lembremos que o contexto real sofre unha perda da transmisión interxeracional do galego, que está poñendo en serio perigo a supervivencia do noso idioma.

E por que sacar a lingua é de mala educación? Singala fai moito fincapé nos argumentos que axuntan o bilingüismo ou multilingüismo das persoas coa mellora da súa capacidade intelectual, tal e como está sobexamente demostrado dende os anos 60:  Falar máis dun idioma é un adestramento que fortalece a musculatura intelectual e que produce melloras cognitivas.  Falar dúas ou máis linguas non vai facer de nós nin dos nosos fillos uns xenios. Pero sen dúbida contribuirá a que teñamos, nós e eles, unha mente máis aberta.

Finalmente, o libro explica as varias estratexias que existen para fomentar a aprendizaxe simultánea de linguas en territorios onde se fala máis dun idioma, situación non exclusiva da nosa terra, senón moito máis habitual do que adoitamos pensar. E recomenda unha delas, a máis axeitada para as características do caso galego.

Sacar a lingua é de mala educación é, xa que logo, unha obra imprescindible para todos os pais e nais galegos, presentes e futuros, que, sequera, teñan dúbidas sobre a educación lingüística das súas crianzas.

??? Author ???

Venres, 22 de decembro de 2017