Pasa a folla

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Mércores, 08 de novembro de 2017

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés)

Na última semana de outubro celebrouse a décima edición da Semana Internacional do Acceso Aberto, cuxo lema “Open in order to…”, é unha invitación a falar dos beneficios que se poden obter facilitando o acceso aberto á producción científica.

A Universidade de Santiago de Compostela sumouse a esta celebración para promover entre o seu persoal –especialmente o docente e investigador- as vantaxes da información e o coñecemento sen cancelas, sempre dispoñible e compartible.  Ademais do primeiro Minervaton, unha sesión masiva de arquivado de contidos en aberto publicados polo PDI e restante persoal da universidade compostelá no repositorio Minerva, a USC contou coa publicación do Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés), do Servizo de Normalización Lingüística da USC a través da súa área de Terminoloxía, da que é responsable Xusto Rodríguez Río.

Trátase dunha recompilación de 55 termos relacionados co acceso aberto, ordenados pola súa versión en galego –proposta pola Área de Terminoloxía do SNL da USC- ao que se axuntan os seus equivalentes en inglés, as respectivas definicións e outras informacións gramaticais e léxicas.  están parcialmente recollidas do Open research glossary.

Como non podía ser doutro xeito, a obriña está publicada cunha licenza Creative Commons e é accesible dende o repositorio dixital da USC, o Minerva. Ademais, tamén se pode consultar dende o bUSCatermos, a base de datos terminolóxica multilingüe da USC. Proba con acceso aberto dourado.













??? Author ???

Mércores, 08 de novembro de 2017