Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

O Ximnasio dos Verbos

Quen non tivo algunha vez dúbidas cos verbos ao aprender un idioma? En todos os idiomas e en galego, tamén! É durmes ou dormes? Subes ou sobes? Mintes ou mentes? Como é o pretérito perfecto de caber? E o presente de subxuntivo de pracer? Para axudarche a solucionar estas dúbidas naceu O Ximnasio dos Verbos.

O Ximnasio dos Verbos é unha aplicación para móbil creada por dous profesores da Universidade de Heildelberg (Alemaña), Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González, como un proxecto docente dentro das aulas de lingua e cultura galegas no Galicien Zentrum da Universität Heidelberg, que leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e de Tradutoloxía.

O 'Ximnasio dos verbos' funciona sen necesidade de estar conectados, agás as definicións dos verbos e certas ligazóns. Isto require ligar cunha rede wifi ou de datos celulares. Está dispoñible para a súa descarga en Google Play se tes un dispositivo Android, e se non o tes, podes visitar estoutro enderezo.

A ferramenta, unha app multilingüe que se adapte as características lingüísticas do alumnado de galego nos diferentes lectorados, pode utilizarse en catro fases (procurar, trucos, adestramento e xogos), cada unha delas cun obxectivo diferente, a xeito de camiño formativo dende a teoría até a práctica, de xeito que co exame final poderemos comprobar ata que punto estamos “en forma” en materia de coñecemento verbos galegos e dominio da eficacia vocálica.

  • Procurar: Podes consultar todos estes verbos revirados e escoitar todas esas formas verbais
  • Trucos para non esquecer estas formas
  • Exercicios para adestrar os teus abdominais verbais
  • Xogos para poñer a proba todo o que aprendiches e converterte nun/ha “auténtica Jedi dos verbos en galego”

Ademais a aplicación ten dúas características senlleiras: o toque retranqueiro e humorístico, que xa se albisca no propio nome da app, e que convidan a replicar e mellorar, pois se ofrece baixo unha licenza  Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Segundo os seus autores, para o alumnado estranxeiro pode ser unha forma de gamificar a súa aprendizaxe en aspectos que poden resultar algo pesados, como os gramaticais, e para o alumnado  galego, pode ser un magnífico exemplo de multilingüismo práctico. Ademais, a posibilidade de compartiren as súas descubertas durante este proceso e  a colaboración na súa mellora permite crear unha especie de comunidade afectiva co galego, tanto aquí en Galicia como todos os lectorados, organizacións culturais e cursos de galego para estranxeiro.

Esta app é a primeira dunha serie de ferramentas colaborativas multilingües que incorporen as achegas do propio alumnado e, polo tanto, que se adapten as súas necesidades lingüísticas, sexan de Galicia ou de calquera outra parte do mundo.

??? Author ???

Venres, 02 de xuño de 2017