Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia

O Consello da Cultura Galega acaba de publicar Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia, un informe baseado nun estudo realizado en 2015 e 2016 a mozos e mozas de 15 a 25 anos, que busca afondar nas conclusións de estudos precedentes para coñecer as causas de que, malia ter unha boa imaxe da lingua, a súa disposición a falar galego sexa cada vez menor, e descubrir como mudar esta situación.

En efecto, tal e como se desprendía dos mapas sociolingüísticos realizados pola Real Academia Galega a principios dos 90 e mais en 2004, e sobre todo, tralo estudo do Seminario de Sociolingüística de 2003, O galego segundo a mocidade, a xuventude galega caracterízase por manter en xeral unhas actitudes positivas cara á lingua e un nivel discreto e decrecente do seu uso do galego.

As conclusións deste estudo non difiren dos anteriores, senón que descobren máis polo miúdo as causas e os síntomas da doenza. En todo caso, a principal diferenza de Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia con respecto aos estudos precedentes é que inclúe un apartado final de Propostas que parten das propias conclusións do estudo. Precisamente entre as competencias do Consello da Cultura Galega figura “Elevar aos poderes públicos da Comunidade Autónoma informes e propostas a prol da defensa e promoción dos valores culturais galegos”.

Inícianse as propostas coa recomendación de remitirse ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, pois seguen tendo plena validez. Xa como propostas que xorden do propio estudo, as persoas autoras receitan:

Deseñar un proxecto de fomento da lingua galega para toda a sociedade baseado nun plurilingüismo inclusivo que parta do galego, de xeito que se articule un marco que asegure a súa utilidade e viabilidade. E facelo desde unha perspectiva transversal, atendendo aos diferentes perfís sociolingüísticos que existen na sociedade en xeral (e entre a mocidade en particular).

Procurar o consenso político sobre a lingua galega e librala de loitas partidistas e artellar un discurso institucional que presente a lingua galega como elemento potenciador da cohesión social.

Dado que no estudo se detecta que o comportamento lingüístico é en gran medida consecuencia da lingua herdada no eido familiar e utilizada nos primeiros anos de vida, para deter/reverter o proceso de desgaleguización inicial cómpre, por unha banda, fomentar a transmisión do galego nas familias -a mocidade opta polo castelán como lingua de transmisión familiar, mesmo que sexan galegofalantes- e activar unha oferta de educación infantil en galego que garanta o ensino nesta lingua nos primeiros anos de escolarización. Deste xeito aseguraríase a sobrevivencia nos perfís máis galegofalantes.

Por outra banda, cómpren accións para ampliar o uso do galego nos contextos castelanófonos porque só un uso preferente do galego pode garantir unha competencia bilingüe. Os expertos recomendan impulsar un apoio decidido aos medios de comunicación en galego e promover a galeguización transversal en todos os ámbitos en que a mocidade estea activamente implicada, especialmente o dixital e o lecer.

Por último, dado que a mocidade castelanfalante declara estar máis disposta usar máis o galego pola súa afectividade cara á lingua (e secundariamente, pola vontade de usalo en determinadas situacións e en menor medida por acomodación aos galegofalantes), o estudo recomenda emprender accións que aproveiten esa predisposición afectiva positiva cara ao galego

A mocidade e o galego

O estudo elaborouse a partir da realización en 2015 e 2016 dun cuestionario a 800 mozos e mozas de 15 a 25 anos e de tres grupos de discusión presenciais, diferenciados entre si polo tipo de hábitat (Frades, Viveiro, Vigo). Obtivéronse deste xeito datos cuantitativos, que se matizan cos cualitativos, que ofrecen abondosa información de como se comportan e do que pensa a mocidade galega a respecto da lingua.

O comportamento lingüístico da mocidade é en boa medida consecuencia da lingua herdada no eido familiar, e tamén se relaciona co hábitat -canto máis rural, máis galego; canto máis urbano, máis castelán. Nin a escola nin aínda menos as relacións horizontais  (compañeiros de escola ou actividades extraescolares, deportivas, mocear, etc.) conseguen contrarrestalo. É máis: aínda que consideran que o sistema educativo ten que encargarse da supervivencia do idioma, detéctase unha actitude xeral negativa: non ve ben que se esixa o uso do galego na escola, nin que esta lingua sexa acaída para aprender contidos técnico-científicos.

A mocidade ve un difícil futuro para o galego. Aínda que recoñecen que a lingua está nunha situación delicada e que cómpren esforzos para revitalizala, vese un escaso compromiso con ese futuro no referente a usar o galego. Cando se lles pregunta pola lingua de transmisión á súa descendencia, a maioría opta polo castelán, mesmo os/as monolingües en galego, pese a ter clara a necesidade de falarlles galego aos descendentes, non descartan a transmisión familiar do castelán.
 
En canto ás actitudes, existen tanto as belixerantes que sosteñen unha visión moi negativa da lingua -actitude minoritaria, case residual, pero que non ten parangón en relación ao castelán- como o discurso normalizador ou militante.

A mocidade manifesta sentirse galega en primeiro lugar, e canto maior nivel de estudos se teña, máis notoria é a identificación con ser galego/a e menos con ser español/a e ser europeo/a. Mais só a mocidade cun discurso de militancia lingüística a favor do galego percibe o galego como sinal de identidade. Agás ese grupo, interprétase o castelán como lingua común e que achega unha identidade colectiva por riba da galega, e non senten percepción de conflito entre as dúas linguas.

Ademais, parte da mocidade reivindica a liberdade á hora de empregar o castelán -por exemplo, na escola-, pero non ao revés: o galego non debe supoñer obrigas e só o castelán ten ese privilexio. Tamén é este idioma o que se ve útil, mentres que o galego percíbese como lingua do mundo rural e/ou de xente de idade avanzada. Tanto os/as que viven nese hábitat coma no urbano teñen esa imaxe asociada.

Existe un problema ao respecto da autoestima lingüística da mocidade do rural e das vilas, xa que unha gran parte considera que a lingua que empregan non é de calidade, mesmo entre quen ten un discurso normalizador.  Algúns mozos e mozas manifestan non ter un dominio satisfactorio da lingua galega, ben porque consideran que o que falan non é correcto, ben porque non o falan e denotan falta de soltura e/ou comodidade. En todo caso, a auto-confianza lingüística está determinada pola lingua habitual e pola existencia de estudos superiores. Nos usos escritos, o castelán é a lingua predominante, mesmo entre os mozos e mozas que se declaran falantes exclusivos ou prioritarios de galego.

A lingua habitual é a variable determinante para explicar os usos lingüísticos en ámbitos diferentes ao familiar: compañeiros, escola, profesorado, actividades de lecer, mercado laboral. De entrada, son escasos os cambios de lingua, sexa por ámbito sexa por acomodación a outros falantes, a diferenza de épocas recentes, nomeadamente entre galegofalantes.  Trátase dunha posición consciente de que, agás excepcións, en Galicia non é preciso mudar de lingua en función do contexto.

Mais cando se vai ao concreto nas interaccións sociais, a mocidade auto-represéntase cun comportamento lingüístico acomodadizo, en función da lingua do interlocutor. As mozas e mozos castelánfalantes declaran estaren máis dispostos a usar máis o galego en primeiro lugar polo afecto cara á lingua, seguida da vontade de usalo nas situacións especificadas no cuestionario (coas amizades, coa familia, etc.) e, en menor medida, da exposi­ción ao galego e da acomodación ante interaccións iniciadas nesta lingua.

Aínda que perduran os prexuízos lingüísticos, un problema fundamental que cómpre superar, existe en xeral unha posición favorable ao galego e mesmo entre os/as castelanfalantes hai unha boa ‘solidariedade co galego’ e un aprecio favorable respecto ao seu ‘status’.

??? Author ???

Domingo, 30 de abril de 2017