Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización

A Real Academia Galega acaba de editar Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, obra que recolle nunha listaxe normalizada 1.500 apelidos que abranguen en conxunto preto do 90 % da poboación galega. O libro pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía, mais de maneira especial para o persoal dos rexistros civís, responsables dos trámites de regularización lingüística dos apelidos. Con este obxectivo, a edición impresa complétase coa edición dixital, que se pode descargar, e na intranet do persoal da administración de xustiza en Galicia.

Tras a reforma de 1999, a Lei do rexistro civil permite mediante un sinxelo trámite, mudar a forma dos apelidos para regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita non se adecúe á gramática e á fonética da lingua correspondente. Este trámite, que xa se facilitara moito en relación aos nomes dende que en 1992 se publicara o Dicionario dos nomes galegos, ditaminado favorablemente pola Academia, requiría ata agora de informes técnicos no caso dos apelidos para presentar nos rexistros.

Por iso Os apelidos en galego, que achega unha relación de formas estandarizadas facilitará este trámite será máis fácil, xa que non será preciso entregar no rexistro unha certificación da Academia no caso dos apelidos incluídos nesta listaxe. A RAG continuará, en calquera caso, expedindo este tipo de documentación, de xeito gratuíto, para aquelas persoas que así o demanden.

A obra, logo do limiar do presidente da Academia e da presentación da coordinadora, Ana Isabel Boullón Agrelo, explicita os criterios seguidos para a estandarización dos apelidos (adaptación grafemática ás normas, segmentación de palabras, respecto á variedade dialectal e restitución de formas castelanizadas) e a seguir amosa a listaxe normalizada dos 1500 apelidos máis frecuentes, que se completa, finalmente, coa correspondencia entre esas formas recomendadas e as variantes non estándar ou as directamente deturpadas, para facilitar a resolución de dúbidas.

A obra foi presentada o pasado día 15 de febreiro polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o secretario, Henrique Monteagudo; o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, cuxos departamentos apoian a edición e distribución. A coordinadora do equipo que realizou o traballo, dentro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega Ana Isabel Boullón, que é académica correspondente tamén interveu a través dun vídeo por se atopar de estadía de investigación en Reino Unido.

O libro é un avance do dicionario de apelidos galegos no que está a traballar o Seminario de Onomástica, unha obra que, ademais de incrementar a listaxe, conterá información de tipo etimolóxico ou histórico.

Cinco séculos de deturpación do patrimonio

Os apelidos constitúen un elo que nos vincula directamente coa nosa estirpe, isto é, coa familia da nai e a do pai, pero, ao mesmo tempo, forman parte dun patrimonio inmaterial que nos está falando da nosa historia como pobo, porque os apelidos non xorden da nada, senón que están tomados dun conxunto léxico que se remonta, polo menos, á Idade Media. Por iso os apelidos son un patrimonio individual, mais tamén parte do patrimonio colectivo.
A necesidade de identificar as persoas botou man de tres tipos de relación: a familiar, da que proceden os apelidos de orixe patronímica, que constrúe o apelido sobre a base do nome do pai (Estévez, Méndez, Diz, Rois...); as socioeconómicas, cando o apelido identifica a profesión (Ferreiro, Peleteiro...) ou as características físicas e psíquicas dos individuos (Calviño, Castaño, Louzao, Ledo...); e as relacións co medio (terreos, vexetación, edificacións: Outeiro, Barxa, Covas, Seixido, Cuíña, Leiras, Figueira, Toxo, Silva, Pazo, Castro, Fonte...).

Como se sabe, dende principios do século XVI o galego foi desprazado na escrita, entre outras razóns, porque os escribáns se viron na obriga de aprender os formularios en castelán, pola estipulación das Cortes de Toledo de 1480, e dende aí pasaron a redactar toda a documentación nesa lingua. Unha das consecuencias foi que, de xeito máis ou menos consciente, os nomes propios, tanto topónimos como antropónimos (nomes e apelidos) comezaron a ser modificados, asimilándose ao castelán. O proceso de deturpación e substitución lingüística prolongouse durante cinco séculos de xeito constante, aínda que se agravou especialmente no franquismo. Malia manterse esta presión cinco séculos, calcúlase que o total de formas castelanizadas é de apenas o 16 %, mais trátase dalgúns dos apelidos máis frecuentes, polo que o seu impacto social é maior.

Como esta parte da onomástica persoal non pode ser regulada polo dereito público, pois pertence ao dereito privado, teñen que ser os propios particulares os que procedan á restitución dos seus apelidos ou á recuperación dos seus nomes propios.

Ademais da forma correcta de 1.500 apelidos, seleccionados maioritariamente cun criterio de frecuencia, Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización inclúe un glosario de formas e grafías anómalas coas súas correspondentes formas estándares para facilitar a resolución de dúbidas.

apelidos

??? Author ???

Mércores, 08 de marzo de 2017