Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

A lingua na educación infantil

O último número da Revista Galega de Educación, a publicación de Nova Escola Galega, está enfocado á lingua na educación infantil e á súa importancia para a conservación do galego. Os datos achegados por diferentes estudos, en especial os do Instituto Galego de Estatística en 2013, intensificaron a alarma pola moi negativa situación da lingua galega e a rápida substitución polo castelán, sobre todo nos ámbitos urbanos e nas etapas da infancia e mocidade. A Revista Galega de Educación quixo abordar este grave problema analizando a situación sociolingüística e, sobre todo, difundindo boas prácticas e orientacións.

Xaquín Loredo, do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, investiga no seu artigo “Estabilidade e cambio de lingua de transmisión familiar nos usos lingüísticos da poboación infantil galega”, se os nenos reteñen ou cambian a lingua recibida na familia na transición da infancia á adolescencia. A conclusión é que tenden a manter o idioma que lle transmitiu a familia se este é o castelán, e que tenden a cambiar cando se trata do galego, isto é, en familias (re)galeguizadas ou mantedoras do galego. O lugar de residencia resulta unha variable clave, aínda que lle afecta máis ao galego que ao castelán. E os nenos inicialmente galegofalantes de contextos urbanos non teñen mecanismos de protección fronte á escasa presenza e pouco prestixio da súa lingua nestes ámbitos  en que se desenvolven. Cómpre salientar que a presenza do galego na escola é maior que no resto dos contextos, e máis presente na escrita que nas interaccións orais cos compañeiros.

Marcos Maceira, presidente d'A Mesa, presenta a situación da lingua galega en 2015 no ensino infantil das sete cidades a partir da enquisa realizada por esta organización. Catro de cada dez escolas infantís utiliza exclusivamente o castelán ou o castelán e o inglés nas aulas cos nenos. Só o 5,20% usa maioritariamente o galego; o 18,96% declara que utiliza galego e castelán por igual e o 36,43% maioritariamente o castelán. Cómpre lembrar que o Decreto do Plurilingüismo establece no artigo 5, sobre a educación infantil, que “o profesorado procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo.”

Fronte a este  preocupante panorama, a Revista Galega de Educación esfórzase por presentar alternativas e experiencias positivas cara á nosa lingua.

O profesor da Universidade de Alacante Brauli Montoya presenta unha proposta de revernacularización para linguas en perigo de extinción por mor de perda da transmisión interxeracional e abandono. A base desta proposta é a capacidade da escola para reintroducir a lingua na familia, tal e como está a suceder en Irlanda co irlandés nunha situación lingüística ben peor que que ten o galego no noso país.

O apartado de experiencias positivas ábrese con Alí, un proxecto para axuntar e difundir recursos en galego para o seu uso didáctico na educación infantil levado adiante pola empresa Fabaloba.

Tamén A Mesa presenta o seu proxecto de creación de materiais didácticos para a educación infantil: vinte títulos que tratan o léxico relacionado con contidos desta etapa (o corpo, as cores, os animais...) con debuxos de grandes ilustradores galegos. Os vocabularios complétanse con cancións, unha ferramenta excelente para aprender as palabras de xeito divertido), que teñen vídeos nas canles de youtube e vimeo da Mesa, así como con láminas e actividades.

Avoaescola Ferrolterra é unha escola infantil en réxime de cooperativa nacida para garantir a aprendizaxe e o uso da lingua galega na primeira infancia (ata os tres anos) as familias que así o desexan. Cómpre salientar que durante un ano aprenderon dezanove crianzas e só dúas procedían de familias galegofalantes.

Belén Escariz, responsable do Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP de Quintela (Moaña), reflicte no seu artigo a importancia de contar cun proxecto lingüístico ben adaptado á realidade sociolingüística do centro e con obxectivos e liñas de actuación claras, e cun EDL estable e motivado, capaz de levalo a cabo, utilizando estratexias emocionais.

A estratexia utilizada no CEIP A Lama baséase na creación e difusión de contidos audiovisuais en galego polos nenos e nenas do centro. A súa experiencia relátana Rafael Sánchez-Agustino e Cristina Campos.

Chámame, fálame é unha campaña para a transmisión interxeracional da lingua posta en marcha polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago, buscando promover o uso dos antropónimos galegos, achegarlles ás familias argumentos que apoien a transmisión interxeracional da lingua e asociar a difusión do galego aos procesos de socialización e aprendizaxe lingüística nas familias.

O proxecto Apego, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística, procura a socialización en galego dos pequenos e pequenas ata os seis anos nos ámbitos da familia, escolas infantís, actividades extraescolares e de conciliación, e tempo de lecer. Utiliza tanto estratexias argumentativas e de fornecemento de recursos, como emocionais. Estase desenvolvendo en 23 concellos galegos.

??? Author ???

Mércores, 14 de decembro de 2016