Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Novas normas UNE en galego

aenorQue son as normas UNE?

As normas UNE son un conxunto de normas técnicas que indican como debe ser un produto ou como debe funcionar un servizo para que sexa seguro e responda ao que o consumidor espera del. Xa que logo, están relacionadas coa mellora da calidade dos produtos e servizos das empresas, coa normalización e certificación.

Elabóranas por consenso os comités técnicos de normalización (CTN), que adoitan estar formados por unha entidad nacional de acreditación, fabricantes, consumidores e usuarios, administración, laboratorios e centros de investigación.

De entrada, é voluntario o cumprimento destas normas; mais as administracións competentes pódenas facer obrigatorias mediante leis, decretos, regulamentos ou esixindo o seu cumprimento nos pregos de prescricións técnicas dos proxectos. Por outra banda, é innegable o interese de empresas e institucións por contaren cunha certificación de calidade baseada no cumprimento desats normas.

No contexto español o organismo encargado do desenvolvemento e a difusión das normas técnicas, así como da certificación do seu cumprimento, é AENOR (Asociación Española de Normalización y Certificación), que conta cun catálogo de case 29 000 documentos normativos. No Boletín Oficial do Estado (BOE) infórmase mensualmente de todas as novidades en canto ás normas UNE-ISO. Porén, os textos das normas cómpre mercalos en AENOR.

Normas UNE en galego

A mediados da década pasada Aenor, en colaboración coa Xunta de Galicia, publicou dez versións oficiais en galego dalgunhas normas UNE-ISO, mais esa colaboracion detívose en 2009. O pasado ano 2015 Aenor asinou un convenio de colaboración coa USC para volver publicar normas UNE no noso idioma. Os primeiros resultados, froito da tradución realizada polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC, son tres normas, das de maior proxección de todas as comercializadas por Aenor -supoñen case o 20% do seu volume de vendas-, que xa están dispoñibles no catálogo de Aenor: 9001:2015 Sistemas de xestión da calidade. Requisitos; 9004:2009 Xestión para o éxito sostido dunha organización. Enfoque de xestión da calidade; e 14001:2015 Sistemas de xestión ambiental. Requisitos con orientación para o seu uso,  que xa están dispoñibles na súa versión en galego no catálogo Aenor.

Aenor, ademais, para fomentar a utilización destes documentos en galego, ofrece vantaxes e descontos. Por outra banda, estas normas pódense descargar de balde desde calquera equipo conectado á rede da USC.

Daquela, o repertorio de normas UNE en galego está formada por:

  • UNE-EN ISO 9000:2005. Sistemas de xestión da calidade. Fundamentos e vocabulario
  • UNE-EN ISO 14001:2004. Sistemas de xestión ambiental. Requisitos con orientación para o seu uso
  • UNE 166001:2006. Xestión da I+D+i: requisitos dun proxecto de I+D+i 
  • UNE 166002:2006. Xestión da I+D+i: requisitos do Sistema de Xestión da I+D+i
  • UNE 175001-1:2004. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 1: requisitos xerais
  • UNE 175001-2:2004. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 2: requisitos para peixarías 
  • UNE 175001-3:2005. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 3: requisitos para ópticas 
  • UNE 175001-4:2005. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 4: requisitos para carnizarías e chacinarías 
  • UNE 175001-5:2005. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 5: requisitos para florerías
  • UNE-ISO/IEC 27001:2007. Tecnoloxía da información. Técnicas de seguridade. Sistemas de Xestión da Seguridade da Información (SXSI). Requisitos. (ISO/IEC 27001:2005)
  • UNE 9004:2009 Xestión para o éxito sostido dunha organización. Enfoque de xestión da calidade
  • UNE 9001:2015 Sistemas de xestión da calidade. Requisitos
  • UNE 14001:2015 Sistemas de xestión ambiental. Requisitos con orientación para o seu uso

??? Author ???

Martes, 31 de maio de 2016