Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Vocabulario de Criminoloxía (galego-español-inglés)


A USC, a través do seu Instituto de Criminoloxía (ICUS), o terceiro que se creou en España, tras os de Barcelona e Madrid, leva máis de trinta anos impartindo docencia en criminoloxía, a través de sucesivos plans de estudo de títulos propios, e de materias optativas, primeiro na licenciatura e agora no grao en Dereito. Mais aínda se ve obrigado a aspirar a impartir no futuro o Grao en Criminoloxía, título oficial xa implantado en varias universidades españolas. Precisamente, pensando nese futuro, ao director do Instituto de Criminoloxía, Fernando Vázquez-Portomeñe e ao  ao persoal docente do ICUS pareceulles conveniente traballar para ter a súa terminoloxía normalizada para daquela e poder afrontar a impartición da docencia do grao tamén en galego. Por suposto tamén lles será útil a todos os profesionais que actualmente traballan no eido da criminoloxía e queren utilizar o noso idioma.

Os traballos de planificación comezaron en 2012 e foi a finais de 2015 cando viu a luz o Vocabulario de Criminoloxía, sétimo volume da colección “Vocabularios Temáticos” da USC. Foi coordinado polos profesores da Facultade de Dereito e do Instituto de Criminoloxía Gumersino Guinarte e Fernando Vázquez-Portomeñe e por Xusto Rodríguez Río, do SNL, pero na súa realización colaboraron trece docentes máis dos eidos da psiquiatría, médicina legal, dereito, política, psicoloxía ou socioloxía, disciplinas que conflúen no estudo e desenvolvemento da ciencia criminolóxica.

Alma do canón, antehélice, asañamento, pegada, marcas de luvas ou iatroxenia son algúns dos 1.880 termos básicos da criminoloxía en galego que recolle o vocabulario, xunto coas súas equivalencias en español e inglés.

O vocabulario segue a estrutura que xa é habitual nos vocabularios e glosarios do SNL:

  • Un primeiro bloque recolle as 1.880 entradas con toda a súa información (categoría gramatical, área temática, sinónimos e variantes, equivalencias en español e inglés e notas), numeradas e ordenadas pola súa denominación galega.
  • Unha serie de índices ordenan alfabeticamente por linguas os equivalentes de cada un dos conceptos e remiten á entrada en que se empregan.

O Vocabulario de Criminoloxía pode consultarse libremente a través da base de datos bUSCatermos. Tamén está editado en papel, coa colaboración da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), e pódese adquirir exemplares ou consultar en formato .pdf.

Este traballo súmase á colección de vocabularios e glosarios especializados que a Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC vén elaborando desde o ano 1993.


 

??? Author ???

Martes, 08 de marzo de 2016