Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Vocabulario panlatino de sistema de transportes intelixentes

A finais de 2015 vía a luz un novo traballo terminolóxico multilingüe que inclúe o galego: o Vocabulario panlatino de sistema de transporte intelixentes, editado pola Dirección Xeral de Servizos Lingüísticos do Office de la langue française do goberno do Québec (OQLF).

A obra consta de 267 conceptos relacionados cos sistemas de transportes intelixentes ordenados pola versión francesa, coas súas equivalencias en catalán, español, galego, italiano, portugués e inglés. O Vocabulario panlatino de sistema de transporte intelixentes pódese descargar en formato PDF a través do sitio web da OQLF e tamén do sitio web de REALITER. Tamén se pode consultar entradas concretas en Le Grand dictionnaire terminolgique da OQLF e no bUSCatermos da Universidade de Santiago de Compostela.

Os sistemas de transporte intelixentes son os conxuntos de solucións tecnolóxicas das telecomunicacións e a informática deseñadas para melloraren a operatividade e seguridade do transporte. Ata agora desenvolveuse orientado principalmente ao transporte terrestre, tanto para estradas urbanas e rurais, como para ferrocarrís, por mor dos problemas causados pola conxestión do tráfico, que reduce a eficiencia das infraestruturas de transporte e incrementa o tempo de viaxe, o consumo de combustible e a contaminación ambiental. Corresponden a este ámbito termos e expresións como interface intermodal, servizo de selección de rutas baseado nun provedor de servizos de información, vixilancia por sonda ambiental, carril reversible, xestión da frota de vehículos, autoestrada intelixente...

En 2011 o Office québecois de la langue française propuxo a realización do vocabulario panlatino sobre os STI a REALITER, a rede panlatina de terminoloxía que agrupa a persoas, institucións e organismos de paísese de linguas neolatinas -entre elas, o galego- que traballan activamente en terminoloxía co fin de favorecer un desenvolvemento armónico das linguas neolatinas, tendo en conta a súa orixe común. A escolma terminolóxica foi realizada polo OQLF en colaboración co Ministerio de Transportes quebequés, á cal lle engadiron as equivalencias en inglés e español, e posteriormente, baixo a coordinación da OQLF, os participantes no proxecto panlatino realizaron a investigación terminolóxica necesaria para fornecer os termos en catalán, galego, italiano e portugués.

Os 267 conceptos preséntanse, en primeira instancia, ordenados alfabeticamente pola súa orde en francés, idioma que tamén lle serve de referencia na entrada para os contidos gramaticais. Tamén a  definición se ofrece en francés. Posteriormente, precedido do código de cada lingua respectiva, figuran os termos equivalentes propostos nas outras linguas. O termo inglés é o derradeiro de cada entrada. Ás veces preséntanse sinónimos e marcaxes dialectais, especialmente para o portugués, que adoita presentar versións diferentes en portugués e en brasileiro. Da versión galega son responsables Manuel González e Margarita Neira, do TERMIGAL, e Begoña González, do IES Manuel Murguía de Arteixo.

O léxico complétase cun índice xeral multilingüe, tamén consultable partindo do galego mediante un sistema de reenvíos baseados na numeración das entradas.

Sábado, 27 de febreiro de 2016