Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Informe de educación infantil 2015

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o pasado mes de novembro os resultados do seu terceiro Informe sobre a situación do galego nas aulas de educación infantil de 3 a 6 anos das sete cidades galegas no curso 2015-2016. Trátase dunha enquisa pasada ás 269 escolas infantís públicas e privadas das áreas urbanas, sen afán de oficialidade, carácter que lle corresponde á Xunta con obxectivos de  avaliación da situación.

A principal conclusión deste estudo é que o uso do galego na educación infantil, na cal se asentan os piares lingüísticos das persoas respecto ás linguas nativas ou maternas, é case anecdótica. Un 40% destes centros declara abertamente non utilizaren nunca o galego; o 36% usa o castelán maioritariamente e o galego de xeito testemuñal, nalgún momento dentro da distribución horaria docente; o 19% manifesta empregar equitativamente os dous idiomas e só o 5% declara que o galego é o idioma que se usa maioritariamente nos seus centros.

Segundo este informe, Ferrol, Pontevedra e Vigo son as áreas urbanas coas escolas infantís máis desgaleguizadas. Ferrol non so carece de escolas onde o galego sexa maioritario, senón que o 82% delas empregan maioritaria ou exclusivamente o castelán. na súa maioría. Pontevedra é unha das cidades maiores índices de exclusión do galego (un 75%), mais os centros onde o galego é maioritario é do 16,9% e onde se atende os pequenos/as nas dúas linguas é do 4,2%. En Vigo o nível de exclusión do galego está por riba da media galega, só no 1,2% das escolas é maioritario e repártese por igual co castelán no 22,9% das escolas. Do outro lado, Santiago de Compostela é unha das cidades con maior oferta de galego: o 13,9% das escolas úsano de xeito maioritario e o 8,3% de xeito equitativo.

O mesmo estudo realizado pol'A Mesa no curso 2008-2009 reflectía que a presenza maioritaria do galego no ensino infantil nas áreas urbanas era do 35%; no do curso 2010-2011, esa porcentaxe abaixa ata o 10% e no actual 2015-2016, ao 5%.

Se sumamos a desgaleguización urbana produto da falta de transmisión interxeracional e a falta de presenza nas aulas de ensino infantil, é moi probable que boa parte do alumnado, cando chegue á primaria, descoñeza mesmo que exista a lingua galega, o que a converte en estranxeira máis ca en lingua propia do país, tal e como recolle o noso Estatuto de Autonomía. Tal estranxeirización resulta  máis evidente cando hai máis centros de ensino con materiais didácticos en inglés que en galego.

amesa

??? Author ???

Venres, 18 de decembro de 2015