Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Este ano que andamos é o Ano Internacional dos Solos e o Día da Ciencia en Galego, o 4 de novembro, está dedicado tematicamente ao solo e ao xeólogo Parga Pondal. Non quedaba outra que dedicar esta sección ao Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo.

O Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo é unha iniciativa da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS), que conta coa participación da Sociedad Latinoamericana de la Ciencia del Suelo, así como coa colaboración do Termcat, do Institut d’Estudis Catalans (IEC), da Real Academia Galega (RAG) e da Real Academia Española (RAE). Trátase dun dicionario terminolóxico en liña, con acceso aberto, con entradas separadas en catalán, español (con americanismos), galego e portugués (con americanismos), e con equivalencias en inglés e francés en todos os casos.

Accédese a través dunha páxina web. O contido fundamental, o propio dicionario, está dispoñible no cuarto superior da páxina, a través de catro caixas. Así pódese facer buscas por entradas se se quere buscar un termo concreto, pero tamén se pode buscar na definición, por sinónimos e por termos relacionados (aínda que non todas as entradas teñen). Igualmente se pode procurar por idiomas, de xeito que as entradas resultantes se ordenan pola lingua elixida. O campo  Idioma é un  menú  despregable no que  aparece  o «español»  por  defecto mais onde se pode seleccionar  calquera das outras linguas.

Tamén se pode facer buscas por área temática, aínda que arestora só está dispoñible, con seiscentas entradas, a correspondente ás propiedades físico-químicas, químicas e comportamento do solo. Finalmente, tamén se poden acotar as buscas en función de que sexa unha palabra, un fragmento de palabra ou unha partícula a buscar, e cun despregable ábrese as posibilidades de que ese fragmento sexa polo que comece, remate ou sexa parte do termo buscado.

Ao facer unha busca o resultado será unha ou varias fichas que nos ofrecerán en primeiro lugar, o termo e a súa información gramatical, seguido da área ou áreas temáticas a que pertence, a definición, notas e equivalencias nos outros idiomas do dicionario. A interface divídese nunha zona dereita, de fichas, e outra esquerda, de entradas para facilitar a localización en caso de listas amplas de termos.

O web inclúe ademais, información sobre a autoría, as áreas temáticas que abarca, abreviaturas e bibliografía.

Autoría e antecedentes

O Dicionario está a ser elaborado por ámbitos de especialidade da Ciencia do Solo. A versión en galego está coordinada polo profesor da USC Eduardo García-Rodeja e o profesor e membro da Real Academia Galega Francisco Díaz-Fierros supervisa o traballo lexicográfico.

O Dicionario ten como antecedente o Vocabulari multilingüe de la ciència del sòl (edición en liña de 2010) e a obra publicada pola Universitat Politècnica de Catalunya no ano 1989, o Lèxic de la ciència del sòl, que permitiron identificar os termos utilizados en Ciencia do Solo, polo que o Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo amplía o número de entradas, de áreas de especialidade e inclúe as definicións.
 

??? Author ???

Mércores, 28 de outubro de 2015