Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Termos esenciais de administración electrónica

A administración electrónica supón unha oportunidade para mellorar a eficiencia e a calidade dos servizos das administracións públicas, sempre que non se limiten a trasladar mimeticamente os procedementos administrativos actuais ás tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), e se introduzan os cambios organizativos necesarios para orientarse cara aos usuarios e usuarias. Polo tanto, a administración electrónica é un concepto amplo, que nos obriga a reformular a maneira habitual de traballar, a simplificar os procedementos e, en definitiva, a cambiar a mentalidade da administración.

En plena fase de desenvolvemento da administración electrónica na USC, o Servizo de Normalización Lingüística editou en novembro pasado Termos esenciais de administración electrónica, que inclúe definicións e clasificacións de 164 conceptos cos seus nomes en galego, catalán, español, inglés e francés, co fin de asentar desde este primeiro momento unha terminoloxía galega de referencia que se implemente neste proceso de cambio.

Este glosario parte da Terminologia oberta de la Administració electrònica do TERMCAT (centro de terminoloxía da lingua catalá). A partir da definición e clasificación de 164 conceptos cos seus nomes en catalán, español, inglés e francés) a Área de Terminoloxía do SNL, a través do seu técnico, Xusto Rodríguez Río, engadiu os equivalentes en galego e reelaborou as definicións para esta lingua.

Fixa deste xeito termos como pasarela de pagamento, sinatura electrónica, formato de sinatura,fenda dixital, (des)cifraxe ou valixa electrónica, e aclara coas súas definicións e equivalencias conceptos distintos, como aseguramento de datos e protección de datos.

Dada a complexidade da materia, os conceptos remítense a áreas tan diversas como a calidade e a planificación estratéxica, as infraestruturas tecnolóxicas, o procedemento administrativo, a seguridade ou a tramitación electrónica.

Coma sempre nesta colección, o vocabulario divídese en dúas partes. A primeira son propiamente os «termos esenciais», ordenados alfabeticamente pola súa denominación en galego, aos que se lles engade a correspondente información gramatical, a súa adscrición á árbore de campos, a definición e a as equivalencias en castelán, catalán, francés e inglés. A segunda son as listaxes de denominacións nestes idiomas para eses 164 conceptos, numeradas para remitir á denominación galega. Deste xeito, é doado acceder a toda a información deste glosario con independencia da lingua de partida.

Pódese consultar en formato .pdf, a través do andel de terminoloxía do SNL, o que permite manexalo en ordenadores e dispositivos de lectura electrónica e tamén a través de bUSCatermos, a base de datos terminolóxica multilingüe e aberta da nosa universidade, que incorpora toda a terminoloxía producida no SNL da USC, entre outras achegas.

Termos esenciais de administración electrónica constitúe a duodécima obra da colección “Termos esenciais”, e o número 32 da totalidade dos repertorios terminoloxicos do SNL


 

Luns, 02 de febreiro de 2015