Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Guía Breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica

 

Que os nomes que se lles dan aos distintos conceptos dunha disciplina científica non sexan ambiguos e que se recoñezan universalmente, é un elemento clave para asegurar a comunicación técnica eficiente nese campo do saber.

Por iso, naquelas ciencias que contan con sistemas de denominacións moi regulares (como a química ou a taxonomía biolóxica) é frecuente que se creen pautas de nomenclatura que guían ás persoas que deben bautizar un novo concepto, ou adaptar ese nome á súa propia lingua.

No ámbito da química, a Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) consensúa, acorda e divulga pautas deste tipo, nas que indica as características que debe ter a nomenclatura química, e a mellor forma de usala. Estas guías con recomendacións (ata o de agora elaboráronse para os conceptos da química inorgánica, da orgánica e da de polímeros) publícanse en inglés, e despois son traducidas a outras linguas por diversas sociedades científicas.

O galego é unha das linguas en que poden lerse as recomendacións da IUPAC. Grazas ao traballo de Ana M. González Noya e Manuel R. Bermejo, do Departamento de Química Inorgánica da USC, podemos consultar a "Guía breve para a Nomenclatura de Química Inorgánica", versión oficial en galego da "Brief guide to the nomenclature of inorganic chemistry" da IUPAC.

Este documento proporciona orientacións para construír de forma sistemática:

  • nomes estequiométricos (aqueles que só achegan información sobre a composición do ión, a molécula ou o composto, pero non sobre a súa estrutura)

  • nomenclaturas de adición (as que permiten describir as estruturas das entidades de coordinación, ou complexos; e aínda doutras entidades moleculares, como os compostos organometálicos)

  • estereodescritores (prefixos que permiten especificar a configuración -absoluta ou relativa- ou a conformación)

De todos os modos, as nomenclaturas sistemáticas que aquí se axudan a construír non son as únicas aceptadas pola IUPAC. Aclárano os propios autores cando afirman que "Os oxoácidos inorgánicos e os anións que se forman ao eliminar os seus hidróns (H+) ácidos, teñen nomes tradicionais que son moi coñecidos e poden encontrarse en moitos libros de texto: ácido sulfúrico, sulfato; ácido nítrico [...]. Estes nomes retéñense na nomenclatura da IUPAC por dúas razóns, en primeiro lugar, porque son os nomes usados invariablemente na práctica e, en segundo termo, porque xogan un papel especial na nomenclatura orgánica cando se necesitan nomes para os seus derivados orgánicos."

Todo iso implica que eses compostos contan con dous nomes: o tradicional, que é o máis coñecido, e o sistemático, que se constrúe sistematicamente segundo as regras que nesta "Guía breve" se establecen.

Evidentemente, non é un traballo de divulgación, nin se dirixe a un público amplo, pero para os especialistas en química inorgánica e para os docentes desta disciplina pode ser unha ferramenta utilísima á hora de construír nomes galegos sistemáticos, coherentes e correctos. Parabéns por todo iso aos seus dous tradutores.

XUSTO RODRÍGUEZ RÍO

Xoves, 26 de xaneiro de 2017