Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Á espera de que o Instituto Galego de Estatística (IGE) remate de debullar os datos a respecto do coñecemento e uso das linguas que emanan do Censo de poboación e vivendas 2011 (só se poden consultar ata agora en relación aos municipios e non en relación con outras variantes moi importantes como a idade das persoas enquisadas), os datos xa publicados confirman, por unha banda, que a comprensión do galego en Galiza é case universal (98,6%) e que máis do 90% da poboación se sente capacitada para falalo; e por outra banda, confirman un aumento dos usos  bilingües en Galicia.

En efecto, segundo os datos do Censo do IGE en 2001 era o 30% da poboación a que declaraba usar o galego ás veces, mentres que é o  45% en 2011. A suposta bondade deste dato hai que matizala. Segundo os estudos anteriores sobre as condicións de vida das familias galegas do IGE ou os mapas sociolingüísticos galego de 1992 e de 2004, do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, non se incorporan a este bilingüismo en igual medida os castelán e os galegofalantes, senón o 1%  dos primeiros e o 13% dos segundos.

IGE 2011

Todos estes estudos confirman a tendencia ao aumento do bilingüismo a custa, fundamentalmente, do monolingüismo en galego. Os mapas sociolingüísticos galegos distinguen dúas opcións para o que no Censo de 2011 abranguen como “falar galego ás veces”: “máis castelán” e “máis galego”, e no MSG de 2004 revélase unha suba importante de 9,3 puntos da categoría “máis castelán” e unha caída do 7,6 na de “máis galego” con respecto ao MSG de 1992. Xa que logo, o bilingüismo revela en realidade, a mesma dirección cara a unha maior castelanización.

Ademais, a desgaleguización non leva o mesmo ritmo en toda a sociedade. Como volve evidenciar o IGE 2011, está moito máis avanzada nas cidades e as súas contornas: Pontevedra, Vigo e, moi especialmente, en Ferrol e A Coruña, mentres que Santiago, Ourense e Lugo resisten mellor. Só en 8 dos 315 concellos do país aumentou o uso cotián do galego: Cerdido, Tordoia, Val do Dubra, Toques, Portomarín, San Xoán de Río, Sarreaus, e Ponte Caldelas.

Os anteditos estudos alertan insistentemente de que está máis acelerado por idade nos grupos máis novos mentres que a poboación maior de 65 anos é a que sostén, fundamentalmente, os datos máis favorables ao galego; xa que logo, a medida que esta vaia desaparecendo, o uso do galego como lingua única habitual tamén esmorecerá. Ademais, tamén advirten estoutros estudos de que o uso do galego se distribúe desigualmente por clases sociais (alta/baixa). Existe, logo, unha verdadeira fenda lingüística territorial e social.

Con todo, hai base para a esperanza. O galego segue contando cunha forte raizame. Un pacto social e político, unha política lingüística seria, ben dotada economicamente, que responda ao Plan Xeral de Normalización aprobado, que se execute con rigor, que asocie o galego á innovación, ao cambio, ao dinamismo persoal e social, semellan fulcrais para garantir unha vida plena para o noso idioma e para os seus falantes. E estas mesmas receitas deben aplicarse nas universidades galegas.

Xoves, 30 de outubro de 2014