Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Novos vocabularios de dereito administrativo, redes sociais e biocarburantes

A falta do último trimestre, neste ano temos tres novos repertorios terminolóxicos en que o galego está presente para tres ámbitos ben variados: o dereito administrativo, as redes sociais e os biocarburantes.

Termos esenciais de dereito administrativo

Termos esenciais de dereito administrativo é o quinto volume da colección “Termos esenciais”, da USC, dedicada especificamente ao ámbito do Dereito. Recompila 1081 conceptos propios do dereito administrativo xeral como licenza, poxa, requirimento, danos e perdas, etc. que presenta na súa versión en galego cos equivalentes en castelán.

Pódese consultar na súa edición en papel, que se distribuirá entre o profesorado e o alumnado da Facultade de Dereito en formato .pdf, o que permite manexalo en ordenadores e dispositivos de lectura electrónica. Ademais, a obra difúndese baixo a licenza Recoñecemento-NonComercial 3.0 de Creative Commons. Cómpre lembrar que bUSCatermos, a base de datos terminolóxica multilingüe e aberta da nosa universidade, incorpora toda a terminoloxía que abrangue este repertorio, polo que tamén o podes consultar aí.

O novo vocabulario foi elaborado polos docentes especialistas en dereito administrativo Teresa Carballeira Rivera, Andrea Garrido Juncal, Fernando Adolfo de Abel Vilela e Luís Miguez Macho, baixo a coordinación da profesora Alba Nogueira López e do técnico do SNL Xusto A. Rodríguez Río.

O glosario forma parte do plan de normalización da Facultade de Dereito Témoslle lei para aumentar e mellorar o uso da lingua galega no centro, dentro da liña de accións para resolver as dúbidas terminolóxicas que poidan dificultar o uso do galego por parte de docentes e estudantes, a cal xa deu pé á publicación dos anteriores Termos esenciais de dereito constitucional, penal, internacional e civil. Xa se está traballando no de mercantil.

Léxico panlatino dos biocarburantes

A actualidade dos biocarburantes por mor da diminución das fontes de produción de enerxía fósil, da volatilidade do prezo do petróleo e da pegada ecolóxica deixada polas fontes de enerxía tradicional, levou á Rede panlatina de terminoloxía (Realiter) a propoñerse elaborar o Léxico panlatino dos biocarburantes.

As máis de 300 entradas de que consta foron escolmadas e establecidas en francés e inglés a partir do exame minucioso de documentos técnicos e monografías pola Oficina da Tradución do Ministerio de Traballos Públicos e Servizos do Goberno de Canadá. O equipo de colaboradores forneceu os termos equivalentes axeitados nas súas respectivas linguas, concretamente, en catalán, español, galego, italiano, portugués e romanés.

O Léxico panlatino dos biocarburantes pódese consultar de balde por Internet a partir de calquera dos idiomas incorporados, por exemplo, a partir do galego, de cuxa versión son autores membros do Grupo de Investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega da Universidade de Vigo. Tamén se pode descargar unha versión html.

Vocabulario panlatino das redes sociais

O Vocabulario panlatino das redes sociais contén 114 termos relacionados coas diferentes redes sociais, especialmente Facebook e Twitter como chiar, fío de discusión, meme, seareiro, etc. Cada termo presenta as denominacións equivalentes en seis linguas románicas (catalán, castelán, francés, galego, italiano e portugués, e tamén en inglés. Ademais fornécese as definicións en catalán e, nalgúns casos, tamén en castelán.

Elaborouse tamén no marco da Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter), que ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento das linguas románicas. A proposta e coordinación do proxecto correspondeulle ao TERMCAT, o organismo catalán encargado da terminoloxía. Coma sempre nos vocabularios de Realiter, pódese consultar os termos por todos os idiomas incluídos, tanto na versión de texto como na de buscas. Ademais, tamén se pode descargar.

Da versión galega son responsables Manuel Núñez Singala e Xusto A. Rodríguez Río, do SNL da USC, e mais Sandra Romarís Hortas, do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve.

Xoves, 18 de setembro de 2014