Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez


callonEstá a piques de chegar ás librarías a cuarta edición de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, un libro de autoaxuda de Carlos Callón, o presidente d'A Mesa, publicado por Xerais, para mellorarmos a nosa calidade lingüística oral e escrita. Abofé que non é o primeiro nin ha ser o último, senón que forma parte dunha pequena lista de obriñas con este obxectivo, moitas delas pensadas para complementar os cursos de lingua galega.

Unha das características máis diferenciadoras desta obra con respecto ás precedentes é o ton, desenfadado, inzado de anécdotas e reflexións, mesmo persoais, que axudan a aprender entretendo e trasladando a idea de que ninguén nace aprendido. Explica, por exemplo, como el propio descubriu que *costilleta non existe en castelán, senón que é unha mala tradución da forma galega costeleta, ou a partir dun título como “Casou, adormeceu e morreu”, que podería ser o dunha historia romántica con final ben tráxico, explica as diferenzas entre un lote de verbos que en español son pronominais e en galego, non. Porén, non debemos pensar que o ton lixeiro lle resta rigor ou  valor didáctico: todo o contrario.

Trátase dun bo feixe de consellos prácticos e solucións a dúbidas que poden asaltar tanto a quen emprega o galego habitualmente como a quen dá o paso de convertelo na súa lingua habitual. Infinitivo conxugado, colocación de pronomes átonos, fonemas vocálicos, alternancias vocálicas na conxugación dos verbos, grupos cultos, tempos compostos, etc. son parte da escolma de dúbidas que Callón resolve con solvencia e graza. Compleméntaos cunha serie de consellos verbo das escollas que en ocasións podemos realizar entre varias formas, unha lista de expresións, modismos e refráns frecuentes, e outra lista de palabras que non se adoitan empregar por mor da súa substitución polo correspondente castelanismo.

Non se limita Callón a dar apuntamentos estritamente lingüísticos. É consciente dos dous látegos con que a substitución lingüística azouta o galego: por unha banda, as múltiples influencias léxicas, fonolóxicas e gramaticais que o castelán exerce sobre o galego, que lle fan perder identidade e xenio, e por outra banda, o propio abandono da lingua a prol do castelán. Por iso, os primeiros capítulos están destinados a diluír os prexuízos existentes sobre o noso coñecemento do galego partindo da base de que "todos e todas sabemos máis galego do que pensamos”, prexuízos sobre a norma do galego ou sobre como se resolven os neoloxismos.

Para rematar polo principio (do libro), o presidente d'A Mesa fornécenos un decálogo bastante retranqueiro arredor da aprendizaxe e mellora do galego. Nós destacamos o seguinte mandamento: “Practicarás e aprenderás coa suor da túa fronte”.

Xoves, 03 de abril de 2014