Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

GCiencia, ciencia galega

O pasado 25 de novembro nacía GCiencia, que se presenta como “a web da ciencia galega”, xa que a súa intención é informar e divulgar a investigación que se fai en Galicia, achegar á sociedade a I+D+i e concienciar sobre a súa importancia para o desenvolvemento do país. Asemade e consecuentemente, pretenden reivindicar a calidade da comunidade investigadora galega, traballe en Galicia, no resto do Estado ou en calquera lugar do mundo, aínda que presta especial atención ás universidades e centros de investigación de Galicia.

GCiencia non é unha “revista científica”, é unha revista de divulgación, feita por xornalistas que contan a actividade investigadora e innovadora que se produce en Galicia. E fano mediante reportaxes, artigos e entrevistas, así como vídeos e tribunas de opinión. Os contidos non só son accesibles dende o web senón que GCiencia os populariza tamén a través doutras canles como as redes sociais (con especial incidencia os perfís de Facebook e Twitter), Youtube, etc. Ademais, é posible subscribirse.

Nestes case tres meses de vida, GCiencia publicou  máis de cen reportaxes, novas e achegas de opinión tratando temas diversos: a aposta galega polos coches intelixentes, as malformacións en mosquitos pola contaminación nos ríos galegos, a relación entre varamentos de mamíferos mariños e a sucesión de borrascas dos últimos meses, a catalogación das diferentes variedades de uva galegas, etc. Tamén fai unha aposta por dar a coñecer a historia da ciencia en Galicia, como a enciclopedia mecánica deseñada por unha ferrolá, que anticipa o libro electrónico, as descubertas pioneiras da oceanografía... Non só contidos estritamente científicos, senón tamén temas relacionados coa ciencia que responden ao interese social de explicar os beneficios  para a sociedade da I+D+i, o financiamento da investigación e a innovación, ou as fugas de talentos a outros países.

A publicación é trilingüe: as linguas básicas de publicación son o galego (maioritariamente) e o castelán, e algúns contidos estarán traducidos ao inglés. Eduardo Rolland, un dos directores, salienta que "Cando nos reunimos con científicos, insistíannos en que era fundamental que a páxina estivese en inglés. Non tanto polos científicos do ramo, que xa saben o que se move no seu campo, pero si por outro tipo de audiencia, sobre todo empresas de todo o mundo, que moitas veces descoñecen que en Galicia se están a investigar cousas que son importantes para eles, coma no caso da acuicultura", destaca. Non é desdeñable esta política lingüística no ámbito científico, tan falto de contidos na nosa lingua que normalicen a súa presenza. Por outra banda, a divulgación científica a través de Internet debe atender en maior medida á segmentación de públicos e aos diversos intereses que guían a investigadores e investigadoras.

O web estrutúrase en catro grandes áreas: Ciencia, Industria, Mar, Universidade, e ademais de Historias GC, que recollen perfís biográficos de científicos galegos do pasado, e a escolma de artigos en inglés. Para achegar a ciencia a todos os públicos, os contidos preséntanse de xeito ameno, próximo e mesmo divertido, mais non banal.

GCiencia quere ser un escaparate da investigación de Galicia cara ao mundo, se cadra comezando polo propio país, que en boa medida descoñece a súa actividade científica e de innovación. Que mellor que facelo, en boa medida, na propia lingua.

Xoves, 20 de febreiro de 2014