Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario de pronuncia da lingua galega

O Dicionario de pronuncia da lingua galega estreou a finais do outubro pasado unha nova versión coa que podemos consultar como se pronuncia no modelo estándar do galego unhas 68000 formas, tanto na súa translación fonética como en gravación.

Este dicionario, publicado inicialmente en papel no ano 2010, en edición da Real Academia Galega, fornece transcricións fonéticas para un total de 47.000 palabras. Un ano despois, en 2011, presentábase a versión electrónica, que incluía 60000 termos gravados coa colaboración coa Radio Galega. A partir dese momento a súa utilidade -saber como pronunciar unha palabra en galego estándar- e os seus destinatarios aumentaron considerablemente, pois ás transcricións fonéticas de que constaba a edición en papel sumáronselle os audios que calquera persoa sen formación lingüística pode percibir.

A nova versión ampliada e mellorada de 2013 recolle todas as voces do dicionario da RAG, incluídas as últimas incorporacións, así como os 1000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1500 apelidos galegos e a toponimia galega: os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros, nunha aplicación informática que permite realizar as buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons.

O dicionario engade desta volta voz feminina, a da coñecida xornalista Belén Regueira, que se suma á de Noemí Basanta ou á do actor e dobrador Luis Iglesia Besteiro. Tamén colaboraron para as gravacións en linguas estranxeiras: Matthew Wellins (inglés), Merlinda Dalipi e Rosa Marta Gómez Pato (alemán), Benedict Buono (italiano), Anne Desnos (francés), ou os profesores do Centro de Linguas Modernas da USC Katerina Vlasakova (ruso) e Minako Takahashi (xaponés).

O Dicionario de pronuncia da lingua galega constitúe unha ferramenta moi importante para a normalización do galego en relación á aprendizaxe, aos medios de comunicación orais e noutros ámbitos de difusión da lingua. Está pensado para persoas que estean a aprender o noso idioma, tanto galegos como foráneos, e para todos aqueles profesionais que necesiten facer uso dunha pronuncia estándar -ensinantes, xornalistas, dobradores, actores-, os cales teñen a alta responsabilidade de facerlle chegar á sociedade galega unha pronuncia digna e aceptable da súa lingua. E por suposto, para resolver pequenas dúbidas para calquera galegofalante. Por iso mesmo tamén a posibilidade de escoitar a pronuncia dunha palabra está incorporada tamén no dicionario da Academia.

Na situación do galego, resulta imprescindible a existencia dun estándar para que a lingua poida asumir determinadas funcións en plenitude. A proposta que presenta este Dicionario non debe entenderse como a proscrición dos outros rexistros orais ou das variedades propias do galego, senón como unha capa a maiores, que xunto coas demais forma o galego oral.

O Dicionario de pronuncia da lingua galega foi elaborado por un equipo dirixido polo profesor Xosé Luís Regueira, do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A realización desta aplicación contou co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, así como coa colaboración da Radio Galega.

Venres, 29 de novembro de 2013