Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

"Ollos de aula" e "A letra miúda", revistas da CGENDL

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) segue adiante no seu afouto traballo a prol da normalización da lingua galega no ámbito educativo a través do traballo dos equipos dos centros. Dende hai un ano está realizando un importante labor de achegamento ás familias de rapazas e rapaces, así como de contribución á formación dos docentes preocupados pola extensión e mellora do uso do galego, mediante a elaboración e publicación de dúas revistas.

Ollos de aula
ollos

Ollos de aula é a revista para as familias do alumnado que, con carácter mensual, edita a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, e que co seu número 9, correspondente a outubro de 2013, acaba de facer o seu primeiro ano de vida.

O obxectivo de Ollos de aula é achegarlles ás familias “información variada ao redor da educación” e unha invitación a “reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais”. En resumo, a revista busca ser  unha “canle de comunicación entre o centro e as familias e poder, así, acompañarvos na difícil tarefa de educar aos vosos fillos/as.”

As oito páxinas da revista estrutúranse en diversas seccións . Nelas, especialistas afondan, de xeito didáctico e breve, aínda que rigoroso, en cuestións de interese para as familias como a diversidade funcional, as actividades extraescolares, as vacacións, os móbiles, fillos adolescentes, a lectura, os suspensos, pautas para comezar ben o curso...; explican conceptos propios da educación como Lei de educación, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, flexibilización, programas de cualificación profesional; ou achegan suxestións (lectura, música, pelílculas, viaxes…) para poder compartir tempo e actividades cos fillos/as.

Por suposto, tratándose da Coordinadora de equipos de normalización non esquecen adicar sempre un espazo á reflexión sobre a nosa lingua: os prexuízos lingüísticos, as Letras Galegas, o plurilingüismo, a aprendizaxe de idiomas... En Ollos de aula “somos partidarios/as da diversidade cultural e lingüística, porque estamos a favor do dereito democrático do alumnado a recibir aulas en galego, sen pexas nin prexuízos, para que o día de mañá as nosas fillas e fillos poidan exercer a escolla dun idioma tan útil como calquera outro, porque na escola non lles ensinamos a ignoralo.”

A maquetación dos oito números que xa viron a luz é sinxela e agradable; está preparada para que os equipos de normalización de cada centro de ensino poidan, de ser o caso, descargalos, imprimilos e enviárllelos en papel ás familias, grazas a que a CGENDL difunde os número a través de Internet en diversos soportes (pdf, slideshare, scribd) que permiten achegalos ao seu público tanto en formato dixital como en papel.

A letra miúda

Ademais, a CGENDL edita outra revista, A letra miúda, un boletín dixital co obxectivo de afondar na autoformación dos profesionais do ensino que traballan de maneira activa en prol do uso do galego nas aulas. A letra miúda achega información e datos imprescindibles en materia sociolingüística para que os docentes poidan deseñar con rigor modelos de intervención nas aulas que afonden na normalización do galego, adoptando as decisións metodolóxicas, pedagóxicas e didácticas máis acaídas ás situacións particulares de cada centro.

A revista, de carácter trimestral, xa vai polo número 4, e recolle artigos inéditos e xa publicados na Rede de especialistas galegos e doutras latitudes sobre cuestións de sociolingüística, situacións de minorización de linguas, planificación lingüística escolar, dinamización lingüística, lexislación, ensino de idiomas, competencias lingüísticas, etc. Así mesmo, A letra miúda publica recensións sobre artigos e libros dixitais e en papel, así como ligazóns comentadas sobre sitios web de interese.

 

Xoves, 10 de outubro de 2013