Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico


Durante os anos 90 e principios do novo século vivimos en Galicia coa conciencia de que as actitudes lingüísticas cara ao fomento e uso do galego eran moi boas, pois tales eran os resultados que nos trasladaban os importantes estudos sociolingüísticos, de tipo cuantitativo, realizados pola Real Academia Galega a través do seu Seminario de Sociolingüística.

Porén, en 2003 viron a luz dous importantes estudos que puxeron o mundo sociolingüístico patas arriba: Falar galego. No veo por qué, de Ana Iglesias Álvarez, e O galego segundo a mocidade, do Seminario de Sociolingüística da RAG. Utilizando técnicas de corte cualitativo, como entrevistas e grupos de discusión, puxeron en evidencia que as actitudes non eran tan boas como reflectían as enquisas, e que seguían vixentes numerosos prexuízos lingüísticos que se crían superados. Valentina Formoso dá un paso máis na localización de actitudes negativas e centra o seu estudo no alumnado de ensino secundario galegofalante, procedente de zonas rurais, xustamente un segmento que ela, profesora en Rianxo, coñece ben.

Adóitase pensar que a poboación rural, maioritariamente galegofalante, non debe focalizar a atención das estratexias normalizadoras precisamente por seren xa galegófonas, e que hai que centrarse nos espazos urbanos e castelanfalantes, os segmentos sociais máis dinámicos. Centrase en recuperar falantes, e non tanto en mantelos. Mais resulta  incuestionable a importancia de manter en plenitude a lingua nestes contextos: se quen xa a fala  asume prexuízos, poden abandonar o galego ou restrinxilo a un ámbito familiar e informal.

O estudo de Valentina, que dá a coñecer os resultados de tres grupos de discusión, descobre que o castelo que se cría seguro para o noso idioma ten fendas de vulto. A mocidade galega do rural presenta actitudes negativas e prexuízos lingüísticos que se crían superados, como falta de identificación co estándar, rexeitamento do noso acento, relación indiscutible entre galego-rural-nivel social baixo, dificultade de considerar o noso idioma como útil ou vencellar o estándar ou simplemente a utilización da lingua galega  como marca de ideoloxía nacionalista. Nada novidoso para aquelas persoas que simplemente prestan atención ao que pasa no mundo rural, pero si duro de constatar: "O golpe máis grande foi descubrir que os alumnos tiñan os mesmos prexuízos que cando eu ía ao instituto", di a autora. O argumentario é idéntico: que non saben falar galego ou que non lles serve para nada.

Mais Velentina Formoso ofrece, ademais das conclusións do estudo, unha reflexión conducente a formular alternativas destinadas a frear o que semella imparable tendencia desgaleguizadora. Propón novas estratexias de planificación lingüística para actuar no ensino, mais tamén para mudar as representacións negativas e reforzar as positivas.

Para ela a clave do futuro da lingua reside en recuperar a estima polo idioma e atender de xeito urxente ao imaxinario social sobre a lingua galega, en especial ao que posúen os galegofalantes. En canto ao ensino, reflexiona sobre o método utilizado no ensino do galego, que debe mudar para que o alumnado valore e estime a súa fala, e sobre o traballo dos equipos de normalización, que debe incidir na eliminación de prexuízos.
valentina
Formoso Gosende, V. (2013). Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico. Vigo: Edicións Xerais de Galicia

Martes, 21 de maio de 2013