Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Termos esenciais de dereito civil

Termos esenciais de dereito civil é o cuarto volume da colección “Termos esenciais” dedicada especificamente ao ámbito do Dereito. Recompila 1270 conceptos propios do dereito civil, é dicir, do conxunto de normas que regulan as relacións xurídicas entre particulares: estado civil das persoas, matrimonio, herdanzas, patrimonio, contratos privados...

A diferenza dos anteriores volumes de termos esenciais, este ten a peculiaridade de incluír conceptos técnicos especificamente galegos. En efecto, mentres no dereito constitucional, penal e internacional se parte dunha conceptualización xurídica determinada pola lexislación estatal ou internacional, si existe un dereito civil galego, que sobreviviu malia que o Código civil español de 1888 impuña un mesmo dereito privado para toda España e que foi o piar para que en 1995 se ditara a primeira Lei de dereito civil de Galicia, que recoñece o costume como primeira fonte do dereito. Por iso, na árbore de campos que abrangue Termos esenciais de dereito civil, á par do dereito da persoa, dos dereitos reais, de sucesións, de familia, de obrigas, contratos e consumo, figura o dereito civil galego, campo ao cal corresponden termos como agra, augas de torna a torna, lugar acasarado, resío, testamento mancomunado...

Termos esenciais de dereito civil estrutúrase, como todos os glosarios da colección “Termos esenciais”, en dous grandes bloques. O primeiro, cerna do traballo, son propiamente os «termos esenciais», ordenados alfabeticamente pola súa denominación en galego, aos que se lles engade a correspondente información gramatical, a súa adscrición á árbore de campos do dereito civil e a as equivalencias en castelán.

O segundo bloque de Termos esenciais de dereito civil constitúeo o índice de denominacións españolas para eses 1270 conceptos, ordenadas alfabeticamente e que se numeran para remitir á denominación galega. Deste xeito, é doado acceder a toda a información deste glosario con independencia da lingua desde a que se inicie a consulta: se busca información sobre un concepto cuxo nome galego coñece, debe buscalo dentro do corpus de entradas dos Termos esenciais. Pola contra, se o dato de que parte a súa procura é un nome en castelán, debe dirixirse ao índice remisivo correspondente.

Termos esenciais de dereito civil pódese consultar na súa edición en papel, que se distribuirá entre o profesorado e o alumnado da Facultade e en formato .pdf, que permite manexalo en ordenadores e dispositivos de lectura electrónica. Ademais, a obra difúndese baixo a licenza Recoñecemento-NonComercial 3.0 de Creative Commons. Cómpre lembrar que bUSCatermos, a base de datos terminolóxica multilingüe en aberto da nosa universidade, incorpora toda a terminoloxía que abrangue este repertorio.

O novo repertorio terminolóxico presentouse o pasado 23 de abril nun acto desenvolvido na Facultade de Dereito, con presenza da secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o decano da facultade, Luis Míguez; o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, e a coordinadora da obra, Antonia Nieto Alonso, quen representou as nove profesoras e profesor de dereito civil que participaron na súa autoría: Marta Carballo Fidalgo, Ana Díaz Martínez, Isabel Espín Alba, Margarita Herrero Oviedo, Marta Madriñán Vázquez, Marta Otero Crespo, Ángel Luis Rebolledo Varela e a propia Antonia Nieto Alonso.

O glosario forma parte do plan de normalización da Facultade de Dereito Témoslle lei para aumentar e mellorar o uso da lingua galega no centro, dentro da liña de accións para resolver as dúbidas terminolóxicas que poidan dificultar o uso do galego por parte de docentes e estudantes, a cal xa deu pé á publicación dos termos esenciais de dereito constitucional, penal e internacional. Xa se está traballando no de administrativo e iniciando a planificación do de mercantil.

dereito civil
 

Martes, 30 de abril de 2013