Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Termos esenciais de arquitectura de computadores


O profesor do Departamento de Electrónica e Computación da USC Elisardo Antelo Suárez, xunto co técnico de Terminoloxía do SNL Xusto Rodríguez Río, son os autores de Termos esenciais de arquitectura de computadores, traballo presentado o pasado día 14 de marzo no CITIUS da Universidade, que naceu da proposta da Comisión de Normalización Lingüística da ETSE de elaborar e distribuír glosarios galego-español-inglés para os distintos ámbitos de coñecemento implicados na docencia e na investigación desenvolvida neste centro.

Termos esenciais de arquitectura de computadores estrutúrase, como todos os glosarios da colección “Termos esenciais”, en dous grandes bloques. O primeiro, cerna do traballo, son propiamente os «termos esenciais», ordenados alfabeticamente pola súa denominación en galego, coas súas equivalencias en castelán e inglés. Trátase de 676 termos relacionados coa descrición funcional dos requirimentos e  implementacións de deseño para varias partes dun computador e que se poden englobar en  procesadores, sistemas de interconexión, núcleos de procesamento, unidades funcionais, control, memoria caché, sistema de memoria principal, sistema de almacenaxe secundaria, sistema de computación gráfica ou sistemas de computación.

O segundo bloque de Termos esenciais de arquitectura de computadores constitúeno os índices alfabéticos, que desta volta consta, ademais do de español, do de inglés, dada a prevalencia deste idioma no ámbito. As dúas partes remítense entre si mediante numeración. Deste xeito, é doado acceder a toda a información deste glosario con independencia da lingua desde a que se inicie a consulta: se busca información sobre un concepto cuxo nome galego coñece, debe buscalo dentro do corpus de entradas dos Termos esenciais. Pola contra, se o dato de que parte a súa procura é un nome noutra lingua, debe dirixirse ao índice remisivo correspondente e ver a qué entrada se remite; a continuación, abondará con que a busque no corpus de entradas para que atope os datos que precisa.

Daquela, non só podemos buscar as correspondencias castelá e inglesa de termos como arredondamento, copia de seguridade, encamiñamento, memoria de paxinamento rápido, planificador en urdimes, rañura de cinta, unidade de descodificación de instrucións.., ou ben buscar polos respectivos termos en castelán ou inglés.

O glosario preséntase só en formato dixital, dado o altísimo grao de innovación tecnolóxica deste sector, que ha requirir actualizacións e ampliacións periódicas, tanto para incorporar e nomear as novas tecnoloxías e  dispositivos que irán aparecendo, como para suprimir algúns que poidan ir perdendo a súa vixencia.

A edición en formato .pdf permite unha visualización e manexo semellante á dun libro tradicional; a presentación nun ficheiro cos datos no estándar TBX (TermBase eXchange) facilita o intercambio e a reutilización desta información noutros produtos terminolóxicos, xunto co feito de se difundir o baixo a licenza Recoñecemento-NonComercial 3.0 de Creative Commons.

A totalidade dos termos está incorporada á base de datos da nosa universidade, bUSCatermos, na que se pode consultar en aberto toda a terminoloxía elaborada polo Servizo de Normalización Lingüística e moita outra allea.

Unha nova achega que arrequenta, dende un punto de vista máis específico, especializado e actual, os traballos terminográficos no eido da informática.
 

??? Author ???

Venres, 29 de marzo de 2013