Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Normas UNE en galego

As normas UNE son documentos de xestión da calidade, de aplicación voluntaria que recollen unha serie de especificacións técnicas, elaboradas por consenso e aprobadas por un organismo recoñecido, que indican como debe ser un produto ou como debe funcionar un servizo para que sexa seguro e responda ao que o consumidor espera del.

No contexto español o organismo encargado do desenvolvemento e a difusión das normas técnicas é AENOR, que conta cun catálogo de case 29 000 documentos normativos. Uns poucos deles (10 nestes momentos) dispoñen de versión oficial en galego, editada pola propia AENOR (vid. a listaxe máis abaixo).

A maior parte de todo ese corpus documental está accesible para os membros da USC grazas á subscrición realizada polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia). Pero como as traducións galegas non se incluían nesa subscrición, desde hai unhas poucas semanas as persoas interesadas poden dispoñer dunha copia solicitándoa na biblioteca do seu centro.

Esta é só unha solución provisional encamiñada a facilitar a difusión das traducións galegas existentes, ata que Bugalicia realice unha nova subscrición do corpus de normas UNE, que inclúa as versións en galego que poidan existir.

A listaxe de normas UNE que contan con versión oficial galega é a seguinte:

    UNE-EN ISO 9000:2005. Sistemas de xestión da calidade. Fundamentos e vocabulario
    
    UNE-EN ISO 14001:2004. Sistemas de xestión ambiental. Requisitos con orientación para o seu uso
    
    UNE 166001:2006. Xestión da I+D+i: requisitos dun proxecto de I+D+i
    
    UNE 166002:2006. Xestión da I+D+i: requisitos do Sistema de Xestión da I+D+i
    
    UNE 175001-1:2004. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 1: requisitos xerais
    
    UNE 175001-2:2004. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 2: requisitos para peixarías
    
    UNE 175001-3:2005. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 3: requisitos para ópticas
    
    UNE 175001-4:2005. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 4: requisitos para carnizarías e chacinarías
    
    UNE 175001-5:2005. Calidade de servizo para pequeno comercio. Parte 5: requisitos para florerías
    
    UNE-ISO/IEC 27001:2007. Tecnoloxía da información. Técnicas de seguridade. Sistemas de Xestión da Seguridade da Información (SXSI). Requisitos. (ISO/IEC 27001:2005)
 

XUSTO RODRÍGUEZ RÍO

Venres, 15 de febreiro de 2013