Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Termos esenciais de dereito internacional

Os profesores da USC Javier Maseda (Área de Dereito Internacional Privado) e Carlos Teijo (Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais) son os autores da publicación Termos esenciais de dereito internacional, que se presenta tanto en formato dixital como en papel, e que tamén está incorporada á base de datos terminolóxica da nosa universidade, consultable en aberto, bUSCatermos. O volume recolle a terminoloxía básica deste ámbito, continuando a colección de glosarios especializados promovida no marco dun plan para aumentar e mellorar o uso da lingua galega na Facultade, Témoslle lei, dentro do cal xa publicaron Termos esenciais de dereito constitucional e Termos esenciais de dereito penal, e proximamente o farán os de Civil e Administrativo. Dentro deste Plan, o obxectivo da colección é divulgar entre o alumnado e o profesorado, entre os cales se fixo un reparto, a terminoloxía esencial das distintas materias impartidas no centro, para potenciar o emprego da lingua galega, tanto na docencia e investigación como na transferencia e divulgación do coñecemento.

dereitointernacional

A obra estrutúrase internamente en dous glosarios independentes, pois malia a súa orixe académica común e as súas profundas conexións, o dereito internacional público e o dereito internacional privado son hoxe dúas disciplinas autónomas ben delimitadas entre si. Pero tendo en conta a vocación esencial da colección e a súa intención de agrupar o dereito en grandes áreas, optouse por presentar a terminoloxía do dereito internacional nun único volume.

A colección de termos esenciais de dereito está fundamentalmente pensada para facilitar a incorporación ao galego do estudantado e profesorado da Facultade; xa que logo, o castelán e o galego constitúen os dous idiomas necesarios nos glosarios; mais este Termos básicos de dereito internacional incorpora xunto cos pares galego-español as formas inglesas dos termos escollidos, o cal aumenta o seu alcance e utilidade como ferramenta para a consulta de textos xurídicos internacionais.

Termos esenciais de dereito internacional responde á estrutura de calquera outro glosario da colección, que se divide en dous grandes bloques: os «termos esenciais», que son 761, ordenados alfabeticamente pola súa denominación en galego, e os índices alfabéticos, que desta volta son dous: español e inglés. As dúas partes remítense entre si mediante numeración. Deste xeito, é doado acceder a toda a información deste glosario con independencia da lingua desde a que se inicie a consulta. No caso de Termos esenciais de dereito internacional, as entradas e os índices en español e inglés numéranse de forma continua, correspondan ao ámbito de internacional público ou ao de privado, para facilitar a consulta e o manexo do traballo. Daquela, non só podemos buscar as correspondencias castelá e inglesa de termos como adopción internacional, enriquecemento inxusto, norma de conflito, subtracción internacional de menores, arranxo pacífico de controversias, boa veciñanza, crime contra a humanidade, pesqueira, principio de non-intervención.., ou ben buscar polos respectivos termos en castelán ou inglés.




 

??? Author ???

Venres, 21 de decembro de 2012