Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

 

Vocabulario forestal

O sector forestal e madeireiro e as actividades económicas con el relacionadas teñen unha importante presenza na economía galega. Cifras como os máis de 2 millóns de hectáreas de superficie forestal existentes, o feito de supoñer o 3,5 por cento do PIB do país ou os máis de 26.000 postos de traballo directos que xera permiten facernos unha idea da súa magnitude, pero non ofrecen unha imaxe completa. Tanto ou máis relevante é a vertente social do monte: un elemento esencial na organización e o desenvolvemento da sociedade tradicional galega que segue producindo importantes beneficios extraeconómicos para os galegos de hoxe.

 

Para aproveitar esta fonte de riqueza e de benestar as institucións galegas ofrecen formación profesional e universitaria orientada ás diversas actividades vinculadas ao monte, existen organismos, asociacións e empresas que investigan e realizan estudos, plans e proxectos teóricos ou aplicados para este sector... e entre todas elas xeran un volume importante de documentación especializada en galego. Pero, sorprendentemente, case non había dicionarios ou vocabularios que se ocuparan desta área.

 

Por iso, a finais da década pasada, a Escola Politécnica Superior (EPS) da USC propúxolle a este Servizo de Normalización Lingüística (SNL) elaborar un traballo que axudase a cubrir esa carencia e que facilitase a produción de documentos sobre temas forestais en lingua galega. O resultado é o Vocabulario forestal que se presentou hai poucos días.

 

Trátase dun traballo que clasifica e lles pon nome en galego, español e inglés a 2447 conceptos relacionados co mundo forestal, desde os vinculados ao contorno físico (tipos de solo, climas, cartografía...) ata os que teñen que ver coa actividade económica (compravenda, transporte, certificación...), pero centrándose nas especies de interese forestal e nas actividades de cultivo, explotación e transformación que con elas se realizan, e nos profesionais, ferramentas e maquinaria implicados neses labores.

 

Ao abranguer un sector de actividade tan diverso, moi presente na sociedade tradicional galega, pero tamén moi mecanizado e industrializado en boa parte dos seus procesos produtivos, o Vocabulario deunos a oportunidade de rehabilitar formas en desuso (amosega, desmesta, fragueiro, rareo, serra de volta, vesadoiro...), pero tamén nos obrigou a recomendar a integración de estranxeirismos moi implantados na linguaxe profesional (bulldózer, phaeozem, pinza butt-n-top, pulaski, rípper...).

 

Todo ese volume de información preséntase seguindo a estrutura que xa é habitual nos vocabularios e glosarios do SNL:

  1. un primeiro bloque recolle as 2447 entradas con toda a súa información, numeradas e ordenadas pola súa denominación galega
  2. unha serie de índices ordenan alfabeticamente por linguas os equivalentes de cada un dos conceptos e remiten á entrada en que se empregan.

 

O Vocabulario pode consultarse en formato .pdf ou a través da base de datos bUSCatermos, pero tamén se editou en papel coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo. Grazas a ela, o SNL pode facer un reparto masivo de exemplares entre os seus destinatarios naturais: o estudantado da EPS (se es alumno/na deste centro, pregunta na Conserxaría), e a Deputación pode distribuír tamén volumes entre os profesionais e axentes económicos da provincia (axentes forestais, empresas de transformación, empresas de servizos, comunidades de montes...

 

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 28 de setembro de 2012