Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario Moderno Inglés-Galego

00PORTADA_dicionario-moderno-ingles-galego

Estes días podemos ver nas cristaleiras das librarías do país unha novidade de gran transcendencia: o Dicionario Moderno Inglés-Galego, de Xavier Gómez Guinovart, Alberte Álvarez Lugris e Eva Díaz Rodríguez, publicado por 2.0 Editora, co apoio da Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia.

Non é o primeiro dicionario bilingüe inglés-galego con que contamos, pois velaí está, por exemplo, o Dicionario elemental de 3.000 entradas de Benigno Fernández Salgado. E ademais dispoñemos dende hai anos dunha ferramenta en liña, o CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo), elaborado polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) que dirixe o profesor Gómez Guinovart na Universidade de Vigo, ferramenta que, sen ser un dicionario, si nos serve como tal, pois permite realizar de balde buscas paralelamente nun corpus de traducións entre varios idiomas e o galego, con máis de 23 millóns de palabras.

O Dicionario Moderno Inglés-Galego é, porén, o primeiro que se publica en formato papel, que axunta 20.000 entradas e que -esta é a súa característica máis salientable- non parte doutros dicionarios para presentar a versión galega. En efecto, o Dicionario Moderno Inglés-Galego baséase no antedito CLUVI, polo que se apoia nas traducións profesionais inglés-galego deste Corpus, cuns 10 millóns de palabras, que inclúe textos da Unesco, localizacións de software, textos literarios e traducións de películas.

Deste xeito, as 20 mil entradas incorporan vocabulario cotián, de actualidade, do mundo dos negocios e os termos especializados de uso máis frecuente, polo que reflicte unha lingua viva e actual, tanto no rexistro estándar, como no coloquial, como no científico-técnico.
 

good2Ao partir das traducións para establecer os significados e acepcións, en función da súa frecuencia de uso, as entradas resólvense en 30.000 correspondencias para o galego, incorporando o seu contexto de uso, o que proporciona unha ampla información semántica do uso da forma inglesa. Finalmente, fornece para ilustrar cada unha desas acepcións no seu contexto de uso, exemplos reais, completos, identificables, auténticos, empregados por tradutores e tradutoras profesionais.

As entradas inclúen cando cómpre unidades fraseolóxicas, americanismos, observacións de interese gramatical e normativo ou apuntamentos tradutolóxicos. Recórrese a estratexias visuais para diferenciar e marcar claramente todos estes contidos.

 

O valor do dicionario en papel

Afirman os seus autores e autoras que a razón de que non chegara a publicarse antes un dicionario galego-inglés destas características é que se trata dunha iniciativa moi cara. En efecto, cómpre pensar na cantidade de persoas que traballaron para, en primeiro lugar, botar a andar o CLUVI, e logo, no inxente traballo lexicográfico que cumpriu para poder publicalo, por non falar das pexas económicas, imposibles de superar sen o apoio económico institucional.

Demasiado custo para unha obra en papel, nos tempos que corren? Se cadra, mais non podemos esquecer o valor simbólico que ten para a nosa lingua que miles de persoas contemplen un dicionario inglés-galego ben voluminoso nos escaparates das librarías, ademais de constatarmos o feito incontestable da fenda dixital, que non atingue tanto á posibilidade de acceder a unha ferramenta coma o CLUVI como de que o gran público a coñeza e comprenda o seu funcionamento.

Probablemente só cunha publicación así poderá colleitar maior recoñecemento unha ferramenta coma o CLUVI, piar do Dicionario, que indubidablemente posúe outras vantaxes: a posibilidade de seguir aumentando e actualizando, ou a de realizar as buscas tamén en forma inversa, do galego para o inglés.

??? Author ???

Luns, 02 de xullo de 2012