Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

A evolución sociolingüística 1992-2008. O idioma galego na sociedade

O Consello da Cultura Galega, en cumprimento das funcións para as que foi creado, segue achegando documentos de análise da realidade de Galicia, e acaba de publicar unha nova achega sobre o estado de saúde do noso idioma, A evolución sociolingüística 1992-2008, a través do seu Observatorio da Cultura Galega.  Baseándose nos datos das enquisas de condicións de vida das familias do Instituto Galego de Estatística de 2003 e 2008 e comparándoos cos do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992, da Real Academia Galega, os autores, Henrique Monteagudo, Puri Carballo e Håkan Casares, presentan un estudo sobre a ºvitalidade do galego, dándolle continuidade ao traballo anterior, A evolución sociolingüística (1992-2003).

Lingua habitual

Na actualidade aínda máis da metade da poboación fala galego. Os grupos de monolingües en galego e de bilingües que falan máis en galego minguaron (7 e case 3 puntos), mentres que os bilingües que falan máis en castelán e os monolingües en castelán aumentaron 1 e 9 puntos). Son, logo, os usuarios do galego as persoas que máis se abren ao uso da outra lingua.

lhabitual
Existe un maior grao de castelanización canto menor é a idade dos individuos, especialmente entre as persoas nadas entre 1968 e 1978. Pola contra, constátase unha desacelaración no proceso de perda de falantes de galego nos menores de 25 anos, que reducen o monolingüismo en castelán pola vía do aumento do bilingüismo.

Percíbese, ademais, que se manteñen as diferenzas entre sexos: sempre é maior a porcentaxe de mulleres nos grupos de persoas monolingües en castelán ou bilingües que falan máis castelán que nos grupos que falan só ou máis galego.

Por outra banda, salienta que o proceso castelanizador se freou un tanto nas cidades, onde semella que, temporalmente, está a chegar ao seu límite, mentres que se acelera en concellos medianos e pequenos, onde aínda conservaba un feudo importante de galegofalantes. Por riba, cómpre ter en conta que nestes 16 anos estes concellos perderon poboación a prol dos grandes. En definitiva, o castelán é xa a lingua habitual maioritaria da Galicia máis dinámica: a provincia máis densamente poboada, Pontevedra, xa fala maioritariamente castelán.

Tamén se estudaron os usos lingüísticos segundo os diversos ámbitos. A escola semella desempeñar un papel determinante non só na adquisición de competencias lingüísticas senón tamén na desacelaración da perda de falantes. Cada vez son menos os galegos que falan galego na familia (proxenitores, irmáns/ás, parella, fillos/as), aínda que tipo de hábitat e nivel de estudos inflúen moito nestes usos.

Lingua inicial

linicialA lingua inicial, entendida como a lingua ou linguas en que os proxenitores lle falaban á persoa nos seus primeiros anos de vida, segue sendo só o galego de xeito maioritario: o 55,8% da poboación. Nestes 16 anos, tanto o grupo que aprendeu a falar só en galego como o que fixo só en castelán diminuíron en 9 e 2 puntos; pola contra, o que escoitou falar inicialmente as dúas medrou seis puntos.

Os datos reflicten unha perda da transmisión interxeracional do galego próxima ao 25% dos falantes de cada xeración, ou, visto doutro xeito, unha transmisión do 75%, lonxe aínda do 30% que a UNESCO propón como índice a partir do cal unha lingua está en grave perigo.

Aínda que os datos amosan novamente unha tendencia preocupante, tamén cómpre constatar cando menos unha certa contención ou estabilización na transmisión do galego nos tramos de idade máis baixa con respecto a 1992.

Competencias lingüísticas

Hoxe en día son poucas as persoas que non entenden, non saben falar ou ler en galego. Aínda que os datos reflicten unha pequena baixada en todas as destrezas con respecto a 2003, a suba entre 1992 e 2008 é espectacular, malia o aumento de persoas nacidas fóra de Galicia. 

As persoas que se senten incapaces de ler en galego pasaron de ser o 55% en 1992 ao 17% en 2008; a capacidade de escribir en galego bastante ou moi ben subiu do 29% a case o 60%. A idade é un parámetro importante: a competencia lectora e escritora mellora conforme baixa a idade do falante. Entender e falar son as destrezas máis estables, próximas ao 90 e ao 100%, respectivamente.

Conclusión

Probablemente, a conclusión máis importante que se pode realizar á luz deste estudo é que nestes 16 anos o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán segue avanzando de xeito sostido e continuo, por mor da perda de transmisión interxeracional (de pais e nais a fillos/as) e tamén pola perda intraxeracional.

Desgraciadamente, todos os estudos que se realizan sobre o estado de saúde do galego apuntan na mesma dirección, do cal se deduce que, en xeral, as políticas lingüísticas que maioritariamente se levan aplicando nestes 16 anos non funcionan ben. O dato máis positivo é a mellora inequívoca das competencias lingüísticas autopercibidas, o que subliña o relevante papel da escola, que, porén, non pode ficar como único campo de acción cara á lingua. Asociar o galego á innovación, ao cambio, ao dinamismo persoal e social, en definitiva, iniciar en serio unha política lingüística ligada ao mundo do traballo e do desenvolvemento económico semella fulcral para garantir unha vida plena para o noso idioma.

Mércores, 06 de xuño de 2012