Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Novo dicionario (electrónico) da Real Academia Galega

O galego acaba de estrear unha nova edición do dicionario da Real Academia Galega e faino con importantes novidades:

  • É o primeiro dicionario normativo da lingua galega adaptado á reforma normativa de 2003.
  • Dobra o número de entradas, ao pasar das 25 mil da edición de 1997 ás 50 mil actuais.
  • Mellora aspectos técnicos como as definicións, as acepcións, a fraseoloxía e información sobre a pronuncia.
  • Trátase dun dicionario electrónico, consultable en liña a través do web da RAG de xeito gratuíto, respondendo ao propósito de «levar ao pé de cada casa todo o patrimonio da institución», en palabras do presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, o que permite innovacións e melloras continuas, e que representa un paso adiante no proceso de modernización da institución.

"É un tesouro. O máis valioso dun pobo son as súas palabras", dixo Ferrín na súa presentación. Sendo un dicionario de lingua, recolle aquela parte do léxico galego que é común á maior parte dos falantes e que utilizamos nas interrelacións habituais, e ademais inclúe a terminoloxía científica que se manexa nun nivel medio de estudos. Asemade, é un dicionario normativo, que serve de orientación para a escrita, para a fala (se unha palabra se pronuncia con e aberto ou pechado, con s, con x ou con ks, etc.) e para o uso (significado, características morfosintácticas -xénero, réxime verbal, conxugación...-, nivel de lingua -rexistro formal, familiar, vulgar...). As acepcións das palabras buscadas arrequéntanse con sinónimos e antónimos e ilústranse con exemplos de uso. Ademais, inclúe as locucións e frases feitas máis importantes cos seus significados e con exemplos. É verdadeiramente notable o esforzo realizado en mellorar estes aspectos.

Cómpre salientar, ademais, que se trata dun dicionario que pretende ser respectuoso cos dereitos das persoas, dos grupos sociais e dos pobos, pois ten en conta o principio de igualdade e rexeita as discriminacións por razóns de xénero, raza ou relixión, “aínda que non podemos esquecer que os usos lingüísticos son un reflexo da sociedade en que vivimos, na que por desgraza non sempre priman estes valores”.

Electrónico, en liña, integrable no Firefox e xa consultable desde o móbil

E como buscamos? Na páxina principal da RAG ou dende calquera outra páxina do seu web, sempre hai unha caixa, se cadra non suficientemente resaltada, para introducir directamente as palabras. Unha vez dentro da páxina de resultados, pódese seguir buscando a través dunha caixa superior. Curiosamente, o dicionario non figura na lista de recursos lingüísticos que a RAG pon a disposición de todo o público.

A información preséntase de maneira clara. A palabra buscada destácase ben, en letra grande e negra; logo aparece a información gramatical e, a seguir, numerados, os diferentes significados e acepcións, cos exemplos, observacións, etc. Finalmente, no espazo inferior, disponse unha serie das dez palabras que preceden e suceden ao termo buscado, do xeito do que ocorrería nun dicionario en papel.

Cando o que buscamos corresponde a dúas ou máis entradas diferentes, como no caso de bote, estas numéranse. Aparece como primeiro resultado da busca a que leva número 1 (o que se sinala cun superíndice na entrada, o que nos indica que hai máis entradas con esa mesma forma) e as restantes forman parte desa antedita serie de dez palabras.

Sen dúbida, é o carácter de dicionario electrónico e en liña o que lle engade novos valores ao traballo. Alén dos habituais, destacamos:

  • Axiliza a consulta, ao contar cun sistema preditivo de busca; ao escribirmos unha palabra na caixa de procura o sistema proporanos diversas opcións, chegando a adiantarse ás nosas intencións ou mesmo axudando á escritura correcta do termo buscado, como ocorre se escribimos ion en troques de ión.
  • Permite fornecer a pronuncia con son de moitas palabras que poden ofrecer dúbidas  (timbre das vogais medias, o x, estranxeirismos...), simplemente premendo na icona dun altofalante que se coloca ao pé da entrada, pois integra o Dicionario de pronuncia da lingua galega.
  • Facilita a interacción co público. Por unha banda, na marxe dereita preséntanse os termos máis buscados polo público e a definición dunha "palabra á toa", ademais dun formulario que permite enviar calquera suxestión para favorecer unha mellora constante do dicionario. Por outra, permite compartir os seus contidos a través de Twitter, co que podemos contribuír a socializar o coñecemento sobre o léxico galego nas redes sociais.
  • Por último, permite o incremento, a renovación e a actualización constantes, así como a súa posta a disposición a través doutros medios e canles.

Neste senso, e aínda que a RAG adiantou que axiña ha estar dispoñible unha edición do dicionario para dispositivos móbiles, o feito é que xa é posible a consulta dende dispositivos móbiles Android e iOS grazas ao traballo de GalApps. Ademais, o proxecto Trasno publicou un complemento para o navegador Firefox que permite integrar o dicionario da Real Academia Galega na listaxe de buscadores do navegador Firefox, polo que os/as usuarios/as de Firefox poderán facer calquera busca no dicionario da RAG directamente desde a caixa superior dereita do navegador, onde se atopa a listaxe de buscadores.

Para mellorar

É indubidable que a edición electrónica achega importantes vantaxes, entre elas a mellora e actualización continuas e a participación das persoas usuarias. Dende O Cartafol imos propoñer algunhas:

  • En galego hai certas palabras que se pronuncian de maneira distinta mais correcta, segundo o lugar, en relación co vocalismo medio, como dente, novo, ollo ou tola. Se cadra é conveniente aclarar nalgures (pois na guía de uso que se acompaña en pdf non se advirte; está redactada para unha edición en papel) que, neses casos, ao pé da entrada hai dous altofalantes que reproducen a palabra coas dúas posibles e correctas pronuncias.  Ademais, cómpre corrixir a información fonética dalgunhas palabras como pega, novela..., en que aparecen dúas iconas e a pronuncia é idéntica.
  • O sistema de remisións internas podería tamén ligarse, de xeito que non sexa necesario escribilos na caixa de busca: sinónimos, antónimos, termos para confrontar ou as formas normativas para a que remite o dicionario no caso das formas incorrectas en galego, marcadas cun asterisco, como é o caso de *suxerencia.
  • As posibilidades de busca poderían acrecentarse, de xeito que permitise buscar con caracteres comodín (para coñecer todas as palabras coa mesma raíz), por áreas temáticas ou dentro das definicións.
  • O envío de suxestións a través do formulario debería verse respondido sequera cunha mensaxe automática, para que á persoa contribuínte lle quede constancia da achega.
  • Se, efectivamente, o dicionario se actualiza, mellora ou corrixe, sería bo que houbese algún xeito de identificar os cambios practicados, de xeito que se puidese comprobar a coherencia das consultas anteriores.

Con todo, non esquezamos que o máis importante está xa feito: aumentar e mellorar a edición anterior e poñela a disposición de toda a cidadanía a través de Internet, de xeito que poida consultarse de balde. Parabéns á Academia Galega por andar este camiño!
 

 

MARÍA ISABEL VAQUERO QUINTELA

Luns, 23 de abril de 2012