Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario xurídico galego

O pasado mes de decembro presentábase o Dicionario Xurídico Galego, unha obra en que participaron máis de 130 profesionais do ámbito da xustiza –incluídos numerosos docentes universitarios–, baixo a dirección dos maxistrados Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro, así como un equipo de lingüistas coordinado polo profesor e académico Manuel González.

dixurga
As aproximadamente 2000 entradas que constitúen o traballo reflicten os conceptos esenciais do dereito, que se clasifican nas áreas de dereito administrativo, dereito civil común e de Galicia, dereito do traballo e da seguridade social, financeiro e tributario, internacional, mercantil, notarial e rexistral, penal, procesual e teoría do dereito e dereito constitucional. As voces escollidas son tanto xenéricas (Dereito), como específicas: ata 52 conceptos máis específicos desa voz se recollen no Dicionario, como dereito a participar nos asuntos públicos, dereito á honra, dereito de acrecer, dereito de autor, dereitos históricos, etc. Aos termos séguenlles cadansúa definición e unha breve exposición do estado do concepto na lexislación, texto que pode chegar a ocupar unha páxina enteira. As entradas rematan con remisións a termos relacionados, de ser o caso, sinónimos e antónimos, o equivalente en castelán e mais o nome da persoa redactora.

Así, aínda que no Limiar do Dicionario rexeitan que fose «a nosa areala acadar unha obra enciclopédica», si que dalgún xeito se achega a esta modalidade. E malia fixar e axudar a difundir terminoloxía básica do dereito e incluír os equivalentes en castelán, tampouco non é, nin pretendía ser, un vocabulario. Botamos en falta, porén, unha listaxe de termos en castelán que axude a buscar o galego correspondente, dada a escasa penetración do léxico xurídico de noso no mundo do dereito.

O Dicionario Xurídico Galego ha constituír, logo, unha ferramenta útil para avanzar na difusión do galego e tamén na calidade lingüística no ámbito xurídico. Vailles ser de utilidade aos profesionais da xustiza que queiran exercer a súa actividade en galego. Mais pensamos que sobre todo lle pode resultar útil a calquera persoa interesada en coñecer o significado dos conceptos esenciais do dereito, e nomeadamente aos estudantes desta disciplina.

Este Dicionario é a versión en papel dunha previa edición dixital que se foi conformando ao longo de catro anos de traballo. Un dos seus coordinadores, o maxistrado Luciano Varela, avogou na presentación pola actualización permanente a través das edicións dixitais. Concordamos plenamente con el, xa que a lexislación española tende a estar nun proceso de revisión permanente, cando menos nalgunhas áreas, que desvaloriza rapidamente este tipo de traballos en soporte tradicional. Pensemos, simplemente, nas mudanzas que dende a presentación do Dicionario se produciron no ámbito do dereito laboral: a estas alturas, cómpre xa revisar a entrada ultraactividade do convenio colectivo, por poñermos un caso.

A publicación do Dicionario xurídico galego foi promovida pola Revista Xurídica Galega e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e coeditada pola Xunta de Galicia e Xerais. Agardamos que ese apoio se siga producindo na actualización da versión dixital, como agardamos que algún día os profesionais do dereito poidan contar cunha versión da lexislación consolidada e en galego, e mais con ferramentas informáticas localizadas para poderen traballar con normalidade na lingua propia de Galicia.

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Martes, 06 de marzo de 2012