Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Breve dicionario galego de termos teatrais

Se nos preguntasen en que especialidades existe un maior número de dicionarios e vocabularios técnicos en galego, é ben probable que moitos de nós respondésemos que en ámbitos das humanidades e das ciencias sociais, como a arte, a historia, a literatura ou os espectáculos. No entanto, os datos amósannos unha realidade ben diferente.

Por iso, o primeiro que cómpre destacar ao falar do Breve dicionario galego de termos teatrais (Toxosoutos, 2010) é que vén cubrir un espazo do que ata o de agora non se ocuparan os dicionarios especializados galegos. Aínda que existen publicacións que tratan temas próximos, todas se achegan ao fenómeno teatral desde outros enfoques. Así, o Dicionário do teatro galego céntrase en ofrecer información sobre obras, autores, actores e institucións; o "Vocabulario elemental galego do teatro", integrado no Vocabulario da música e espectáculos non recolle definicións, e outros traballos, como o Dicionario de termos literarios, ocúpanse da vertente literaria do texto teatral.

Pola contra, este é un dicionario monolingüe que, nas súas 651 entradas, recolle conceptos básicos relacionados co proceso teatral (xéneros, recursos, movementos, personaxes...) e coas infraestruturas necesarias para a súa representación (partes do teatro, do escenario...).

As entradas describen os conceptos cun enfoque por veces enciclopédico (vid. por exemplo entremés, gag ou máscara) e acompáñanse de información etimolóxica. No entanto, bótase a faltar a presenza de equivalentes noutras linguas, o que lles facilitaría o acceso á información a aquelas persoas menos familiarizadas coa nomenclatura teatral galega, que poderían apoiarse nun índice de denominacións noutro idioma para atopar a entrada galega correspondente.

Con todo, trátase dun traballo moi meritorio, que achega ao noso contexto conceptos clave do teatro mundial, como kabuki, extravaganza, happening, performance..., e que ademais nos ofrece unha proposta para nomealos na nosa lingua.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Luns, 30 de maio de 2011