Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Cartografía dos apelidos de Galicia

Coñecer o significado dos nomes e a orixe dos apelidos constitúe un elemento de interese para a propia persoa e tamén para o conxunto da sociedade. Os apelidos galegos, que en total incorporan 48.000 formas distintas, poden derivar de nomes de persoas (Bermúdez, Lourenzo), de nomes de lugar (Seixido, Outeiro, Veiga, Quintela, Pereira...) ou de nomes comúns empregados como sobrenomes, alusivos a características físicas, á condición social ou oficio: Roxo, Ferreiro, Cabaleiro, Igrexas, Pereira, Pita, Feixóo... Son, polo tanto, parte do patrimonio cultural da nosa sociedade, parte do que nos fai distintos do resto do mundo.

Porén, na onomástica persoal ou antroponimia están aínda ben afincados os efectos dunha oficialidade que non recoñecía dereitos á lingua galega, e así se explican as deturpacións Lorenzo, Seijido, Otero, Rojo, Iglesias, Feijóo e tantas outras, tan ben instaladas nos nosos apelidos. Do conxunto de apelidos galegos, un 16% sufriron os efectos da castelanización logo dos cinco séculos de imposición cultural; mais a realidade é que a deturpación da onomástica propia de Galicia parece moito máis extrema, xa que afecta aos apelidos máis comúns».

A Lei 40/1999, do 5 de novembro, sobre nome e apelidos e orde destes, permite restaurar o apelido deturpado e galeguizalo, abrindo unha porta legal para a recuperación do noso patrimonio colectivo. Hoxe en día conviven formas orixinais, deturpadas e recuperadas no noso patrimonio antroponímico. Mais como dereito individual, esta posibilidade descansa na vontade do individuo e para exercelo cómpre unha forte concienciación e moita información sobre a orixe e a forma dos apelidos galegos. Deste xeito se explica que un apelido como Seijido, claramente deturpado, ofreza 343 concorrencias fronte a Seixido, con só unha.

Precisamente o Instituto da Lingua Galega da USC impulsa a «Cartografía dos apelidos de Galicia», un proxecto coordinado polos investigadores Ana Isabel Boullón e Xulio Sousa, co que poderemos coñecer a distribución espacial detallada dos apelidos nos 315 concellos galegos. Ao introducir un apelido na caixa de busca, a ferramenta infórmanos do total de ocorrencias, frecuencia en porcentaxe, posición na lista total e número de concellos en que aparece, así como un mapa de distribución para todo o país e datos relativos a estes concellos.

caamaño

O proxecto Cartografía dos apelidos de Galicia baséase no censo de poboación do Instituto Nacional de Estatística, que actualmente ten publicados os datos de 2001, á espera de facer públicos o próximo ano os de 2011. O proxecto permítenos coñecer a relación dos apelidos máis frecuentes, así como aqueles que están a piques de desaparecer. Así, do total de 5.481.678 apelidos que teñen os habitantes galegos, o apelido Rodríguez, con 241.324 é o que conta con máis rexistros; seguido de Fernández, González, López, García, Pérez, Martínez e Vázquez, cada un dos cales superan os cen mil rexistros. Na cara oposta sitúanse os apelidos que contan con menos de cincuenta concorrencias, como é o caso de Ruada, Maañón, Raiz...

Este proxecto non só ten interese para saciar a habitual curiosidade das persoas sobre os seus apelidos, senón que tamén é unha ferramenta útil para facilitar os trámites de galeguización dos apelidos daqueles individuos interesados en recuperar esta importante parte do seu herdo familiar. Neste senso, tamén a Real Academia Galega ha publicar en breve un diccionario bilingüe, ao xeito do seu Dicionario galego dos nomes, co que a RAG fixe as formas oficiais dos apelidos galegos. Un adianto do que pode ser é a «Proposta de estandarización dos apelidos galegos», publicado por unha das coordinadoras  da Cartografía, Ana Isabel Boullón, no Boletín nº 370 da Real Academia Galega, unha listaxe de 1270 formas que no censo do INE de 2001 contan con máis de 500 ocorrencias, o que en conxunto representa o 80% da poboación, deixando fóra os que non son de orixe galega.

Sen dúbida, ferramentas importantes ao servizo dos dereitos individuais de restauración do patrimonio familiar, mais tamén da recuperación do patrimonio cultural galego.

MIGUEL RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Martes, 03 de maio de 2011