Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario galego de pedagoxía

O ámbito das ciencias da educación é un dos que contan cunha produción máis abondosa de dicionarios e vocabularios que inclúen o galego entre as súas linguas de traballo. Desde finais da década dos 80 podemos axuntar case unha decena de obras, sen incluír no cómputo os desdobramentos de títulos, como o do Diccionario de psicoloxía e educación que se converteu en Diccionario de pedagoxía na súa versión web.
 

dicpedagoxia

A esta relación de obras cabe engadir desde finais de 2010 o Dicionario galego de pedagoxía. Trátase dunha obra elaborada colectivamente por un equipo de 176 profesionais que -co apoio de sete coordinadores de áreas temáticas- traballaron da definición e descrición de 546 entradas centradas conceptualmente no ámbito da pedagoxía.
 
O simple confrontamento do número de entradas co de páxinas do Dicionario (632) abonda para deducir o alto nivel de detalle con que se describe cada unha delas. De feito, no "Limiar" explícase polo miúdo que o traballo conta con dous tipos de entradas:
 
- as "conceptuais", con descricións breves (600 a 1800 caracteres) que buscan "sintetizar a principal ou principais acepcións dun termo ou vocábulo".
 
- as "enciclopédicas", que ofrecen un "tratamento temático relativamente amplo de termos ou expresións [...] destacables" (5500 a 7000 caracteres). Para estas ofrécense tamén os equivalentes en castelán, inglés, francés, alemán e portugués, indicacións dos autores relevantes que traballaron con eses termos, exemplos significativos do seu uso, e unha pequena bibliografía.
 
Outro aspecto destacable, e que os responsables do proxecto reivindican explicitamente, é o feito de estarmos diante dun dicionario "de autores". Isto implica que a personalidade e a visión que sobre o mundo da pedagoxía ten cada un dos redactores maniféstase nas entradas que elaboran, o que explica que todas elas vaian asinadas, e que o produto final sexa moito máis ca unha simple translación ao galego de información aséptica que xa podía consultarse noutra lingua.
 
Este núcleo do Dicionario, artellado arredor dese corpus de máis de medio cento de entradas, complétase cunha amplísima listaxe de siglas e acrónimos e cunha bibliografía que acumula máis de 1000 referencias correspondentes ás citas textuais e ás fontes máis relevantes para cada unha das entradas, segundo o criterio dos distintos redactores.
 
Polas características que acabamos de presentar, especialmente polo seu limitado número de entradas, pódese concluír que este traballo non vai supoñer un aumento considerable da terminoloxía dispoñible en galego para o ámbito da pedagoxía, nin vai facilitar a busca das denominacións que un mesmo concepto pode recibir en distintas linguas. Porén, isto non debe lerse como un reproche, senón como o resultado da opción escollida polos autores, que en ningún momento o anotan entre os seus obxectivos prioritarios. Aínda así, é unha mágoa que non se ofrezan os nomes de todas as entradas nas distintas linguas, e que estes non se compilasen nun ou varios índices alfabéticos que permitisen acceder a un ítem determinado, aínda descoñecendo a súa denominación en galego.
 
O realmente novidoso, e o que supón un avance claro con respecto aos dicionarios e vocabularios ata o de agora dispoñibles, é o enfoque practicamente enciclopédico con que se aborda a redacción das entradas, que recupera a filosofía dos 131 termos básicos de educación social (1996). Para cada unha delas ofrécese un amplo volume de información, case como a que cabería agardar dun manual especializado.
 
Por iso, concordamos coa idea -manifestada por un dos seus directores nesta entrevista- de que o Dicionario é unha obra "para profesionais", quer en exercicio, quer en período de formación. Así, futuros mestres, pedagogos, educadores sociais, ou quen queira encamiñar a súa carreira profesional polos vieiros da formación de persoas, teñen aquí unha fonte na que mergullarse para aprender máis sobre os conceptos fundamentais desas disciplinas.

XUSTO A. RODRÍGUEZ RÍO

Xoves, 24 de marzo de 2011