Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario de Arte

O pasado ano viu a luz, da man da editorial Xerais, o Dicionario de Arte dos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, co obxectivo de fornecer en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos chaves da arte e da súa historia.

dicionario_arteEsta obra vén arrequentar o panorama terminolóxico galego no eido da arte, que xa en 1995 acolleu o primeiro Diccionario galego de termos artísticos; posteriormente a Facultade de Tradución da Universidade de Vigo alentou a aparición de diversos estudos plurilingües sobre eidos concretos (arte contemporánea, conceptos pictóricos...) consultables a través de Internet, e en 2007 os profesores Ana Navas e Manel Vicente, profesores do IES Politécnico de Vigo, viron publicado no web da Consellaría de Educación o seu DARTe / Dicionario de Termos Artísticos, pois foi premio a recursos educativos para a sociedade da información 2007.

O Dicionario de Arte está concibido como unha ferramenta de consulta para o alumnado de ensino non universitario e proponse ser un alicerce para traballos posteriores: elaboración de manuais, textos, crítica, etc. Presenta e define máis de 3000 termos, aqueles máis recorrentes nos libros e manuais de arte, cunha concepción reticular, pois as definicións están inzadas de referencias cruzadas que se sinalan con asterisco e de remisións a termos complementarios, que se sinalan con frecha. Deste xeito, non só é un compendio de termos e definicións senón que tamén artella un discurso coherente. Por exemplo:


                               ORICALCO *Aliaxe de metais a base de *cobre e cinc, empregada polos romanos para as *moedas de máis valor. // → Latón. Ormulu.

Inclúe termos referidos a conceptos artísticos fundamentais (arte, imaxe, composición, símbolo, representación ou estética); a períodos, etapas, movementos, estilos, características, manifestacións etc. (arte precolombina, barroco, castrexa, vangardas); a diversas formulacións das representacións visuais (arquitectura, pintura, escultura, fotografía, cinema, televisión, cerámica, gravado, instalación, etc.); a xéneros, temas e motivos propios das obras de arte (icona, nu, Virxe, atributos, etc.); ás formais, referidas á natureza e configuración dos diferentes elementos que as compoñen, partícipes do produto visual ou da obra de arte, sexan recursos, técnicas, materiais, ferramentas (soportes, arco, equilibrio, cor, luz, textura, etc.). Xunta aqueles termos máis comúns en manuais de arte, tamén aparecen termos do acervo popular: milladoiro, cachote, xuntoiro... Ademais o Dicionario de Arte inclúe case un cento de láminas e varios centos de imaxes. 

Trátase dunha ferramenta de consulta sinxela e de grande calidade, que sobarda o ámbito para o que se pensou inicialmente (o alumnado de ensino non universitario). O profano interesado nas artes pode lelo a xeito de ensaio, pois explica dun xeito claro e ameno movementos e termos artísticos desde a antigüidade ata os nosos días, e con atención á realidade artística galega, pois nos exemplos, sempre que é posible, aparecen artistas ou obras de arte galegas. Por suposto, tamén se pode consultar en caso de dúbida sobre as formas galegas de conceptos artísticos. Trátase sen dúbida dunha ferramenta de consulta de calidade e para todos.
 

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Luns, 28 de febreiro de 2011