Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán

Unha das eivas da política lingüística galega durante os dezasete anos de vixencia da Lei de normalización lingüística de 1983 é a falta de avaliación. A LNL establece que ao remate do ensino obrigatorio o alumnado debe coñecer o galego e o castelán por igual, e ata agora nunca se dera a coñecer ningún estudo de carácter científico que permitira saber en que medida se está conseguindo ese obxectivo que establece a LNL e, de non ser así, poñer en marcha medidas que permitan corrixir os desequilibrios.

Para comezar a superar esta carencia, no inicio do curso 2008-2009 a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia encargoulle ao Instituto de Ciencias da Educación da USC un traballo de investigación que permita avaliar de xeito comparado a competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas castelán e galego, e coñecer a súa relación con variables sociolingüísticas, socioeconómicas e pedagóxias.

Como resultado desa investigación hai un par de meses viu a luz Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas galego e castelán, unha publicación do ICE da USC e da Xunta de Galicia, da autoría dun equipo de investigadores/as coordinado polo profesor Silva Valdivia.

Os investigadores deseñaron unha serie de probas e cuestionarios (que se poden consultar no propio volume) que aplicaron a unha mostra de 1153 estudantes (sobre algo máis de 21.000 alumnos de 4º da ESO, o que dá un índice de confianza do 95%) entre marzo e xuño de 2009. As conclusións máis xerais que extraen os autores son as seguintes:

  • A competencia é superior en castelán, tanto na expresión oral como na escrita.
  • As diferenzas son maiores na escritura ca na oralidade, e as subcompetencias en que se manifestan máis son as relacionadas co código (gramática e léxico).
  • As diferenzas en expresión oral e escrita que poden atribuírse a variables sociodemográficas e sociolingüísticas concéntranse especialmente nos estudantes que residen en núcleos urbanos, que son monolingües en castelán que pertencen a familias de nivel socioprofesional medio-alto.
  • Os datos xerais das probas de gramática e léxico non ofrecen diferenzas relevantes entre os dous idiomas, mais a súa distribución por variables  sociodemográficas e sociolingüísticas presentan dous perfís bastante diferenciados: por unha banda, os residentes en contornas rurais e máis galegófonos acadan mellores resultados en galego, mentres que os máis urbanos e máis castelanófonos, en castelán.

O equipo subliña que de ningún xeito se pode entender o estudo como un resultado definitivo sobre o estado da cuestión, senón máis ben, como un informe cero que debe ser complementado con novos afondamentos en asuntos que non foron tratados nesta investigación, en enfoques ou en poboacións obxecto de estudo.

Sen dúbida un primeiro achegamento de interese, ao que deberían seguir máis en busca dun meirande afondamento, tal e como coidan os seus autores.

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Xoves, 02 de decembro de 2010