Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario de pronuncia da lingua galega

O Instituto da Lingua Galega da USC, conxuntamente coa Real Academia Galega, acaban de publicar o Dicionario de pronuncia da lingua galega, da autoría do catedrático de Filoloxía Galega Xosé Luís Regueira, investigador do dito instituto, coa colaboración dun equipo de investigadores e investigadoras do mesmo centro.

O Dicionario de pronuncia da lingua galega fornece transcricións fonéticas para un total de 47.000 palabras, e devén unha proposta de pronuncia para o nivel estándar da lingua. Trátase, logo, dunha  ferramenta moi importante para a normalización do galego en relación á aprendizaxe, aos medios de comunicación orais e noutros ámbitos de difusión da lingua. Este novo dicionario, consecuentemente, está pensado para persoas que estean a aprender o noso idioma, tanto galegos como foráneos, e para todos aqueles profesionais que necesiten facer uso dunha pronuncia estándar -ensinantes, xornalistas, dobradores, actores-, os cales teñen a alta responsabilidade de facerlle chegar á sociedade galega unha pronuncia digna e aceptable da súa lingua.

O propósito deste Dicionario, porén, non é establecer unha normativa fonética ao modo da normativa ortográfica, xa que a lingua falada sempre presenta unha maior variación, mesmo nos niveis e rexistros máis elevados e formalizados. O obxectivo confesado é propoñer un modelo de pronuncia que poida ser aceptado en contextos en que se requira o emprego da lingua estándar. “A finalidade última, naturalmente, é a de influír nos modelos públicos de galego de maneira que a súa fonética sexa máis próxima á do galego histórico (o herdado polos galegofalantes, fronte a outros modelos con certa difusión pública desenvolvidos por contacto co español)”.

Un nivel estándar para a comunicación oral culta nunha sociedade coma a nosa pode chegar a ser vista como unha lingua de clase, máis apta, pura ou perfecta cás demais variedades da lingua oral, ao que se une o feito de que este rexistro estándar poida ser o esixido para acceder a determinados recursos sociais, creando unha desigualdade. Porén adóitase considerar o nivel estándar como unha peza central da arquitectura da planificación lingüística, imprescindible por razóns comunicativas, sociais e mesmo políticas nunha sociedade complexa coma a nosa.

Na situación do galego, resulta imprescindible a existencia dun estándar para que a lingua poida asumir determinadas funcións en plenitude. A proposta que presenta este Dicionario non debe entenderse como a proscrición dos outros rexistros orais ou das variedades propias do galego, senón como unha capa a maiores, que xunto coas demais forma o galego oral.

Os estándares orais das linguas adoitan basearse nas variedades de certas elites sociais que se foron impoñendo como modelos grazas ao ensino, os medios de comunicación, etc. No caso do galego, nunca existiu unha elite galegofalante prestixiosa con forte presenza social, e tampouco os medios de comunicación falados se poden adoptar como modelos, xa que a maioría dos seus profesionais e dos seus modelos comunicativos están instalados no español. Xa que logo, este Dicionario toma como grupo de referencia os galegofalantes de formación universitaria e relacionados co mundo da cultura. Xunta estes, os modelos fónicos máis conservadores, os do galego popular das xeracións máis vellas, que ademais é o modelo fónico galego máis próximo ao do portugués, aínda que este criterio aplícase con coidado, dada a tensión entre os criterios lingüístico-ideolóxicos (purismo, tradicionalismo, achegamento ao portugués) e os criterios sociais (prexuízos sociais sobre certas pronuncias). Á fin e ao cabo, a proposta de estándar oral debe ser aceptada socialmente.

Para elaboralo Regueira e o seu equipo de colaboradores/as investigaron o comportamento da lingua culta tocante a unha serie de cuestións (vogais átonas en cultismos, alternancia entre ditongos e hiatos, metonimia nominal, estranxeirismos...) e estableceron criterios para o seu tratamento, tanto no léxico patrimonial como nos cultismos e neoloxismos. Utilizouse toda a información fonética dispoñible (ficheiro lexicográfico do ILG e base de datos do Atlas Lingüístico Galego -que axuntan información sobre o galego tradicional coas súas variedades dialectais-, e bibliografía específica sobre fonética e sobre dialectoloxía galega, publicada ou inédita), así como unha rede de informantes procedentes de diferentes puntos de Galicia co galego como L1, estudos universitarios e formación en fonética galega.

A proposta de pronuncia está baseada nas mesmas directrices do estándar escrito:

1.continuidade coa lingua falada pola comunidade
2.actitude purista fronte á influencia do castelán
3.atención á extensión xeográfica e demográfica das formas consideradas
4.preferencia polas formas conservadoras fronte ás innovadoras
5.harmonía coas demais linguas romances e co portugués en particular, de maneira especial, na adaptación de termos novos

En definitiva, unha obra que vén cubrir unha importante lagoa nos recursos técnicos sobre a lingua galega, e que foi financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia.

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Martes, 02 de novembro de 2010