Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Manual básico de documentación administrativa e xurídica

Co Manual básico de documentación administrativa e xurídica, que se presentou ao público o pasado mes de abril, preténdese impulsar a modernización da lingua administrativa e xurídica galega, aumentar os recursos para a mellora da calidade formal e lingüística da comunicación administrativa e xurídica, e favorecer a formación en galego do funcionariado da Administración autonómica e de xustiza.

O proceso de actualización e modernización da xestión das administracións públicas ten unha vertente específica na adopción da denominada “linguaxe cidadá”, unha vontade de estilo propio guiado por criterios aceptados internacionalmente: a redacción simple, clara e ordenada destinada a acurtar distancias coa cidadanía e a promover na comunicación os valores de igualdade que a nosa sociedade posúe por dereito e reclama nos poderes públicos.

Non é a primeira achega da Xunta a este empeño democratizador; de feito, en 2004 publicara o Manual básico de documentos administrativos, que agora se actualiza e se inclúe neste, constituíndo unha das súas partes. Tamén outras institucións galegas andaron este camiño, como a propia USC, que xa en 1997 se destacou co seu Mellorando os servizos, agora dispoñible, actualizado, en versión web.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa EGAP, editou 3.000 exemplares deste novo Manual, aínda que tamén está dispoñible libremente en PDF. O Manual básico de documentación administrativa e xurídica é froito dun traballo conxunto de lingüistas e xuristas, e estrutúrase en catro grandes apartados de contidos:

1 Guía rápida para a redacción administrativa e xurídica, concibida como unha lista de consellos para mellorar a redacción dos textos. Contra os erros máis frecuentes (linguaxe distante e discriminatoria, contidos desordenados, expresión confusa, redacción complicada, descoido e dependencia do modelo castelán, uso arbitrario dos recursos tipográficos) propón outras tantas pautas de mellora: democratización da linguaxe, organización da información, claridade e precisión expositiva, estruturación sintáctica, emprego correcto dos signos de puntuación e racionalización dos recursos tipográficos.

2 Modelos comentados de documentos administrativos. Axunta 24 modelos, organizados segundo un criterio de finalidade, que é o máis común e recoñecible por todo tipo de usuarios:

  • Documentos de transmisión
  • Documentos de xuízo
  • Documentos de decisión
  • Documentos de constancia
  • Documentos da cidadanía

3 Modelos comentados de documentos xurídicos. Contén 16 documentos optimizados e organizados segundo a seguinte clasificación:

  • Documentos de comunicación
  • Documentos de constancia
  • Documentos de decisión
  • Documentos de formación de criterio
  • Documentos de impulso procesual

Todos os modelos, independentemente das variacións que lles son propias, distribúen a información en tres partes (cabeceira, corpo e peche) con cadanseus contidos específicos. Deste xeito pódese recoñecer, alén das peculiaridades de cada documento, un esquema interno común que só varía como resultado das adaptacións mínimas ás características propias. Tratan a estruturación de cada documento e ofrece un catálogo de todos os posibles ítems, mesmo coas variacións que poden sufrir (de orde, de compoñentes...). Ademais, de forma complementaria engádense unha breve definición do documento, a súa caracterización tipolóxica e consideracións legais.

4 Bibliografía seleccionada de obras impresas e dixitais de interese para ampliar a nómina de recursos. Inclúe correctores automáticos, dicionarios e vocabularios electrónicos, tradutores ou repertorios de toponimia.
 

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Luns, 31 de maio de 2010